domingo, 29 de agosto de 2010

Volveu

Cando se enterou de que a súa amiga A. quería vir a vela e non se podían ver porque ela non estaba decidiu que viña para casa, así é que se viron dúas veces na semana, porque onte foi a festa de cumpreanos do seu irmán P.
E alá fomos a celebralo na praia.

E foi un día grande. O día antes a Z. dixo por primeira vez que ía "xogar a matar" e a min caeume a alma ós pés, vale, non ten importancia, vale, eu tamén xoguei a matar de pequena, vale, non quere dicir nada, pero non me gusta. En que clase de sociedade vivimos que os xogos, o que en realidade son prácticas e aprendizaxes, consisten en matar? É ben certo iso de que os fillos non son teus fillos, son os fillos da vida... e canto custa ás veces, verdade? Sobre todo despois do acontecido esta semana, de familias coñecidas e destrozadas por matar sen ser xa un xogo.
Onte, vin o que quería vivir, cando chegamos e aínda non había máis nenos puidemos observar os seus xogos un rato, vimos como transportaban frouma entre todos cargando un camión volquete de agasallo, e como despois entre os catro levaban un tronco que "necesitaban" para a súa construción.
Non quero que se me borre esa imaxe da cabeza, e non me importaría que a vida fose así día tras día, velos xogar na natureza e en equipo, todos xuntos, as máis grandes e os máis pequenos, a L. incluída, pousando a man sobre o tronco, sen axudar pero sentíndose parte de algo...

Cando penso en vivir no monte sempre as vexo subindo ás árbores, perseguindo animáis ata atopar os acubillos e coñecelos a todos, construíndo cabanas con paus e pedras,... faltábanme os amigos, que encaixan tan ben na ecuación,...

O caso é que foi un bo día, pasámolo en grande, os grandes e as pequenas.

fiesta!

birthday party at the beach

que ves?

Interesting...

rizos ó sol

28082010-IMG_1632

28082010-IMG_1630

fin

Así que moitas grazas ós papás, moitas grazas ós pequenos e ós convidados por un día xenial, por facerme esquecer e facerme ver que a sociedade tamén ten a parte que me gusta.

Agora a agardar ata o vindeiro ano!! ;)

7 comentarios:

  1. moitas veces e como se me estivesedes lendo a mente, por iso me gusta tanto visitarvos.
    Bicos de mel e apertas de buxo

    ResponderEliminar
  2. Estivestes na praia en Puentedeume? que pena non coincidir os dous fins de semana pasados fomos nos.
    bicos

    ResponderEliminar
  3. Oh, gracias pola entrada, nós tamén o pasamos moi ben. Ó lela, decía o Anxo que non hai que esperar a dentro de un ano para repetir, pero despois decatámonos de que o cumple do P ten algo especial, é como un broche final e festivo ó verán.

    Así que mira, aínda que o ano que ven apareza en escena o parque de bolas, seguiremos celebrando tamén o cumplepraia cos amigos <3

    ResponderEliminar
  4. grazas Anavilat :) Hai tempo que teño en mente unha entrada, dende o inverno, sobre algunha destas cousas, pero vai pasando o tempo e sigo sen facela, a ver se un día destes.

    Anónimo número un, tería estado ben, si, e quen vindes sendo vós? ;)

    Anónimo número dous, identificado esta vez :) tes razón, é tal cual así, a festa de despedida do verán, e a min gústame moito, podería chegar a ser unha tradición, das boas :). grazas familia :*

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. Pero que descoido non firmei. Son Mary bico (anónimo número 1).
    bicos

    ResponderEliminar
  7. Ahhhh! :) Podedes escoller a opción dos comentarios que pon nome/url e poñer o voso nome sen máis, así non saídes anónimas ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir