miércoles, 25 de agosto de 2010

E xa lle tardaba...

... en marchar. Retrasouno porque quería ir ver ás vacas, pero ó día seguinte marchou rumbo á casa dos avós Tartaruga, sen mirar atrás, sen pestanexar, máis feliz ca unha perdiz, e en autobús!!!

no autobús

Aínda que a experiencia lle valeu para saber que pode durmir igual de ben nun autobús ca en calquera outro sitio :)

Hoxe fai unha semana que está aló, e por aquí, botámola de menos

we all miss you

Cando foi que se nos fixo tan grande esta pequena?

Miss you

E mentres agardo con esa mistura de tristura e ledicia que temos as nais. Orgullosa. :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir