martes, 24 de agosto de 2010

Coas vacas

A semana pasada fomos de festa, a familia que fai o pan máis rico do mundo nos convidou á súa casa o día da festa. Comemos, pasamos o rato e a Z. non deixou de pedir unha e outra vez ir ver ós coelliños de 15 días, do tamaño e idade xusta para que ela puidera collelos e non se revolvesen nin a rabuñaran. A verdade é que eran preciosos tan pequeniños.
Foron a estrela do día da festa para a Z, porque tamén viu ás pitas, pero os coelliños...
Por suposto o primeiro que fixemos ó chegar foi ir ver as xatas e as vacas, e ela teimou ata que conseguiu que todos foramos ver (e entorpecer) cando muxían.

Mentres estabamos na casa agardando que fose a hora ela non se despegaba do libro que levara sobre a granxa, un de pegatinas que mercaramos esa semana, mirando e remirando as vacas que traía debuxadas e non paraba de preguntar onde estaba Carmen, por se marchaba muxir e se esquecía dela.
Cando por fin iamos saír cara a corte preguntou onde estaba o caldeiro, como o que tiña a señora que muxía no seu libro :D
Foi tenro e gracioso porque Carmen e Paco teñen unha explotación de gando leiteiro, así que o "caldeiro" é un pouco grande máis e as vacas non se muxen igual que o facía a pastora do seu libro no medio dos pastos.
A L. gozouno tanto como a súa irmá, pero con máis calma, a Z daba botes todo o tempo da emoción.

mirando todo

mirando todo

Muxindo / ordeñando / milking

O certo é que a pesar do "noooon, eu non lles toco, que teñen moitos mocos!" pasouno xenial, e despois da primeira tanda xa tiña controlado o mecanismo e ía avisando ós da casa: "agora o xabrón rosa", "prende a goma negra aí, que te esqueciches", "agora o xabrón azul", "esa xa rematou, que se lle acendeu a luz vermella",...

controlando

preguntando

unha das campionas

A Z. ata lles botou xabrón a unha vaca, unha vez, "que se non me mancho"

xabrón azul

Moitas grazas, familia!! Grazas ós grandes pola invitación e ós pequenos por coidar da Z toda a tarde e aguantar pacientemente onda ela cos coellos :)

coas vacas

coas vacas

5 comentarios:

  1. Aaaaaaaah!!! Qué maravilla de paseo!!! de chica vivía en el campo y había una lechería. No te puedo explicar los recuerdos que me trajo tu post...

    Qué hermosas se ven tus niñas, es una muy linda oportunidad para ellas poder conocer un lugar así!! Las fotos están geniales.


    Cariños.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Maco, qué bien que te trajese recuerdos si son bonitos :)

    ResponderEliminar
  3. The little one looks cute.
    But...Oh well, poor cows! I guess the kids are having fun and don´t realize the stress for the animals. Looks like a fabric for me.

    Nel

    ResponderEliminar
  4. Yes, Nel, I feel the same about those cows, and since i was mother I feel the pain of their lives (only 5 years front the twenty they could live) and their birthings and... so much things,... thats one of the reasons I choose not working at this, but is the livelihood of a normal and lovely family, I sure you. Sometimes things are not easy to manage.

    Thanks for coming and comment

    ResponderEliminar
  5. ¡Qué lindas fotos!, me encanta la carita de tu peque, señalando hacia las vacas, ¡es comestible!.

    Besos,
    Sol.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir