jueves, 19 de agosto de 2010

Chaqueta rosa e chocolate

Os meus proxectos máis pequenos se alongan moito no tempo (o que me lembra que teño un par de calcetíns sen rematar dende o inverno e unha bufanda aburridísima dende hai dous anos!!) por iso sempre son pequenos.
Esta vez levoume un mes rematar a chaquetiña para a L. pero polo menos dalle tempo a poñela agora que comeza a soprar o vento e se achega setembro.

Pensaba facela grande abondo para que a usase na primavera, pero ó final foi xustiña porque non me quedaba apenas fío marrón. O que queda o gardo por se me dá por amañar un fallo grande.

rose e chocolate2

A pesares do fallo gustoume moito saber que son quen de improvisar unha chaquetiña, iso é que xa case sei calcetar ;), faime sentir ben.
O fallo está na parte de adiante, quixen aforrar fío marrón e pensei que se cadra non era necesario facerlle un borde especial co mesmo elástico que nos puños... ERRO!!! A chaqueta, obviamente, e como era de agardar, abre porque o borde se enrolla sobre si mesmo, e dá a sensación de que lle queda pequeno. Creo que co que quedou podería facer un amaño e coller puntos agora para facer ese borde, ou facer un i-cord, perdón, un cor-dón ;) no borde, ou mesmo un remate a ganchillo a punto baixo... pero o caso é que agora a pode poñer e está rematadiña me dá galvana que volva ser unha peza non rematada... ademáis, non lle queda tan mal, non?

rosa e chocolate

rosa e chocolate3
(a que está no fondo é a Z. coa súa pinwheel, este ano con moito uso e con trazas de poder usala un ou dous anos máis, encántame esa chaqueta)

Ademáis xa saberedes o que pasa cando tes ganas de tecer, e agora a min me volveron as ganas, que antes de rematar un proxecto xa estás vendo 50 que che gustaría facer a continuación. Eu decidira que esta vez ía ser algo para min, e algo ó que lle dera moito uso, unha chaqueta, ata sabía xa o modelo que quería, peeeeero non tiña a la na casa así que pasou o inevitable


feather and fan 1

A falta de chaqueta, bo é un chal, non? Pois aí ando cun Feather and fan coa Noro que trouxen o ano pasado de Barcelona.

De momento, a mala impresión inicial que tivera o ano pasado co tacto estase diluíndo coas cores preciosas e coa rusticidade que me está encantando, de súpeto pasa de ser un fío finísimo a ter un grosor considerable e lle dá un aspecto ó tecido que me encanta, e ademáis o fío ten pinta de ser indestructible... se cadra por iso é así de duro... de calquera xeito seica mellora co bloqueo, xa veremos cando o remate... sexa cando sexa.

feather and fan 2

feather and fan 3


... sexa cando sexa.

3 comentarios:

  1. Canta envexa me das! que resultados tan lindos consigues :) A chaqueta é preciosa e ese chal comeza a ter unha pinta xenial; apura apura, que comeza a cheirar a outono polas noites! Un bikiño e parabens por todas esas cousas bonitas

    ResponderEliminar
  2. Ola!
    Hoxe houbo un intercambio de opiniós sbre a educación en casa no programa da Ser "A vivir que son 2 días".Resultou interesante .
    Gosto da voso espazo.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. mariaD o chal quedoume en casa dos avós a semana pasada, así que está en pausa obrigada! :( Pero xa logo voltará :)

    lola, grazas! Non o escoitei, tratarei de buscalo, a ver se o atopo. Graciñas!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir