jueves, 29 de julio de 2010

Sorteado!!

Onte decidímonos a facer o sorteo, eu xa escribira os nomes e os imprimira e a Z, en canto soubo o que había que facer se ofreceu voluntaria para todo: recortou e dobrou primeiro os papeliños

sorteo papeliños

e remexeu e sacou o papeliño gañador despois (sen mirar, eh, mamá?)

sorteo inocente

sorteo gañador

Noraboa Álvaro!!! Agardo que vos guste o regaliño na casa, estades dispostos a agardar ata que xa vos esquecerades del? Vai tardar un pouco en chegar... así fai máis ilusión ;P

A Z. non quedou moi conforme co resultado e seguiu sacando papeliños ata que lle saíra un que fora o seu amigo...

requetesorteo

cando por fin atopou o papel de Sabela se emocionou porque esa si era amiga súa e lle preparou un agasallo:

agasallo

O primeiro foi o gatiño de raias, Silvio e despois a gatiña Pinga co seu laciño rosa e a cadeliña Choiva, por se quería mandarllos a outros amigos :)

Podedes identificar os animais porque teñen cadanseu nome, védesllelo? :D

Sinto que acordaramos tan tarde e que as fotos sexan baixo a lámpada xa en pixama case de noite... noraboa "ós gañadores" e grazas ós demáis por vir e por participar!

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Ohhhhhhhhhhhhh!!! Esa Sabela son eu? A Z. considérame a súa amiga? Uauuuuu, iso si que é un regalazo!
    Z, encántanme Silvio, Pinga e Choiva. Quedáronche preciosos!! Vaia boa pintora que estás feita!
    Un biquiño grande, grande e agora mesmo vou imprimir os meus novos amiguiños para colocalos nun lugar "privilexiado".
    Pero que agraciada-afortunada me sinto... ou non son eu a Sabela en cuestión? Se é así que saibas que apaño e gardo o meu agasallo con inmensa ilusión.
    Biquiños!!!!

    ResponderEliminar
  3. oohhh!!!! gracias familia!!! qué ilusión tan grande ganar un premio... desde la cesta de navidad de 1990 no me tocaba nada! estaré impaciente a que llegue la paloma mensajera...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir