jueves, 8 de julio de 2010

Retomando as agullas

Levaba uns meses de sequía calceteira, pero a semana pasada de súpeto entráronme as ganas de novo. Seguro que parte das ganas foron para poder mirar o bonitas que son as agullas.

agujas de colores

A L necesita unha chaquetiña para o verán e eu tiña un montón dese fío rosa de algodón que me regalaran e máis un par de algodón en marrón, así que, para non variar, vou tratar de facer algo con raias.

tecendo a raias

Como montei a fin de semana en casa dos avós e non tiña internete nin ningún patrón de chaqueta top-down (comezada dende o pescozo e nunha peza), fixen a mostra, medín e improvisei. Gústame calcetar, pero non me gusta unir as pezas ó rematar, nin tampouco ir adiviñando como pode quedar. Facer os patróns top-down significa non ter que dar puntadas máis que para rematar fíos ou coser botóns, e poder ir probando a chaqueta sobre a marcha para facela "á medida" sen ter que desfacer dianteiras ou traseiras enteiras porque non senta.

tecendo

E nesas estamos, semella que vai ben a cousa, xa veremos como remata.

4 comentarios:

  1. (Ahora me funcionó!! espero que no se me desaparezca)

    A mi me gusta tejer, pero soy incapaz de seguir un patrón, no hay caso... y la pericia no me da para esos aumentos por partes que veo en tu tejido, así que tejo derechito y después me doy la lata de coser.

    Esa combinación es preciosa, te está quedando genial. Además que los tejidos en algodón son como más bonitos, y durables, y no se le hacen pelotones. Yo compré para mi hijo en azul marino (color del colegio en Chile) porque él es alérgico a los materiales sintéticos. Lo único que me quedó bien es un pequeño cuello.

    Me olvidaba... esos palillos!! qué hermosos!!!

    Que estés bien Tarmujerarcoiris :)

    ResponderEliminar
  2. Imos ter que quedar un día para que me ensines a calcetar, ou alomenos algún punto.
    Moi bonita a chaquetiña!!! e as agullas xa non falemos!!!!
    Bicos de mel.

    ResponderEliminar
  3. Que che preste a calceta Tartaruga! O rosa e o marrón quedan moi chuscos xuntos. Eu tamén odio coser, acabo de rematar un xersei que seria ainda máis precioso de non ser polas costuras Frankenstein que lle fixen. En canto o vexa a miña nai vaimo desfacer para re-coselo ela.
    Ei, e as fotos que fas cada vez son máis espectaculares, mesmo as que sacas das cousas cotiás e ordinarias son para enmarcar! Vas camiño de ser a futura Jackie Rueda!

    ResponderEliminar
  4. Maco, pues a mí me parece mucho más difícil improvisar! Siguiendo un patrón te lo dan todo casi hecho. Lo de los aumentos es cuestión de poner marquitas, ves los hilos naranjas en el tejido, pues ahí. Hay muchos trucos :)

    anavilat, hemos quedar, hemos ;)

    Anisor, sorte que tes unha nai que che amaña as costuras! :D hai que aprender a transformar os patróns todos :)
    Grazas!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir