lunes, 12 de julio de 2010

Hoxe temos algo que celebrar

:.

Máis claro?

3

Hoxe hai tres anos que apareceu a primeira entrada no blogue dos Tartarouchos, así que estamos de aniversario, 3 aniños xa!

Hai tres anos a Z tiña a idade que agora ten a L e hai tantas semellanzas nelas coma diferenzas, pero sexa como sexa gústame ter o blogue para recordar, as súas cousas e máis as nosas. E agardo seguir por aquí, lendo, lembrando e escribindo, aínda que sexa con imaxes, as cousas que nos pasan ós Tartarouchos.

Levo días pensando no aniversario e en se podería celebralo dalgunha maneira con vós. Quería agasallarvos algo pero non sabía o que, ó final ocorréuseme algo, moi sinxelo e feito na casa, así que podo facer un sorteo de aniversario para os que andades por aí atrás facendo compaña.

Avísovos que será algo sinxelo, pequeno e feito por nós, e que ides tardar bastante en recibilo, cando xa vos esquecerades. De calquera xeito se vos animades a participar só deixádenos un saudiño na entrada contándonos algo e dicindo unha maneira de vos contactar (correo electrónico, blogue, web,...) por se vos toca.
Podedes saudarnos e participar durante dúas semanas, ata o luns 26 de xullo ás 11 da mañá, e durante esa semana faremos o sorteo.

E se non queredes participar saudádenos igual, que o premio non é para tanto, pero a nós préstanos saber que andades por aí.

Nós imos seguir celebrándoo, que a L o pasou moi ben facendo as fotos e agora lle toca soprar á Z, que aínda durmía. :)

sopra

sopra con estilo

24 comentarios:

  1. parabéns!!!!
    como pasa o tempo!!!
    Bicos de mel.

    ResponderEliminar
  2. AH! yo participo si en el premio están incluidas esas gafas de sol molonas!!!
    Felicidades!

    ResponderEliminar
  3. yo quiero como premio poderle dar una soplada de panza a la modelo de los lentes de sol, puedo?

    FELICIDADES!!!!!!!



    PD: En la verificacion de palabras me ha salido Culete jajajaja!!!!

    ResponderEliminar
  4. Oohhhhh Parabens!!! tres anos deste proxecto tan bonito xa. Pois moitas gracias por deixarnos comparir con vos todos estes momentos tan especiais da vosa vida. Un bikiño grande para toda a familia!

    ResponderEliminar
  5. hehe, no bloglines vin o título algo que celebrar pero como vira o anterior algo mellor que facer... no canto do futbol, dixenme que non podía ser, pois noraboa estamos todos, ti por manter o tipo nestes anos e nos por terte, bikiños

    ResponderEliminar
  6. Yo te leo desde hace poquito!!! Te felicito un montón por estos tres años de blog. Es muy lindo eso de retroceder y ver en qué estaba uno hace un tiempo, a veces se leen cosas que ya se habían olvidado.

    Las fotos con ese fondo verde me encantaron.

    ResponderEliminar
  7. Aínda que sexa un recén chegado, tamén me apunto ás felicitacións e parabéns.

    Bicos dende a Chousa

    ResponderEliminar
  8. Relendo a primeira entrada quedeime con aquelo que poñías ó final: "cando teña outro minutiño cóntovos máis historias".
    Moitas grazas, familia Tartaroucha, por eses millóns de minutiños compartidos con nós desde entón, que placer máis grande! Sen dúbida ese é o mellor regalo que nos podedes facer, e eu xa me sinto agraciada (que non fermosa, hahaha).
    Parabéns!!!

    ResponderEliminar
  9. Yo vengo frecuentemente a deleitarme con las fotos, que la verdad para las letras a veces no me alcanza la imaginación traductoria jeje

    No creo que convenga que yo me gane el regalo porque hay todo un océano entre nosotras ;) Pero igual pasé a dejar un abrazo, muchas felicidades!

    Con cariño.

    ResponderEliminar
  10. Ola...Parabéns aos tartarouchos!. Sigo tengo pendente unha presentación como é debido...agardo non ter que retrasalo outros tres anos!.

    Bicos e noraboa.
    Lucía.

    ResponderEliminar
  11. Eu tamén son outra agraciada :O) .
    Polas ideas, a inspiración para facer cousas cos nosos nenos que encontrei neste blog...tanto da Tartaroucha como das cousiñas bonitas e os recursos que descubrín grazas a ela...Dálle un Coliño......grazas tamén.
    longa vida o blog dos Tartarouchos
    rosana

    ResponderEliminar
  12. Moitas grazas a todas por vos pasar a saudar!

    Carol, anavilat, grazas!

    Cannnela, lo sentimos, pero son muy preciadas por su usuaria :D

    Jackie, ese iba a ser un buen premio para las dos :) Pero si te toca vas a tener que pillarte un avión, te iba a salir caro el premio! :D
    Y de esa palabra había que hacer una captura de pantalla! :D

    Maria grazas, a verdade é que sonche moitos xa, eh?

    Olivia, si, parabéns para todos, que aguante temos, eh? Ti máis cantos levas?

    Maco, pues gracias por pasarte desde cuando sea :) Sí que queda bien ese fondo verde, lo descubrí hace poco.

    Chousa, moitas grazas, de verdade se agradecen os saudiños aínda que sexan de recén chegados.

    Ale, gracias por el esfuerzo, aunque sólo sea para ver las fotos :)

    Lucía, que bo saber de ti, aínda que sexa despois de tres anos, non dubides en pressentarte cando queiras (non teño unha referencia de mail para te avisar se toca o premio)

    E para as miñas bruxiñas Rosana e Sabela un biquiño moi especial, claro que sodes agraciadas as dúas, eu quero coller anaquiños de volas dúas para ser "moito máis mellor" :)

    Que ilusión ter tantos saudiños polo aniversario :)

    ResponderEliminar
  13. oh! que blog tan bonito!!! moitas felicidades, descubrino hoxe por casualidade, as fotos son preciosas, e redactades tan ben!!que levo mais dunha hora devorando as vosas vivenzas. saúdos desde Lugo

    ResponderEliminar
  14. parabens!!xa tres anos...!! lembro a primeira vez que entrei no blog e ao ler o que puñades pensei que ainda que eu estivese lonxe da Z(daquela só era a Z) non ia perderme nada do que ela fixese, ou dixese, ou de como ia crecendo:-).. e así esta paxina converteuse no primeiro sitio no que entro sempre cando ando na "internete".... e que ilusión me fai cando vexo que hai unha entrada nova!...moitas grazas por todo esto e que sexa por moitos anos

    ResponderEliminar
  15. Caro que quero participar nesta festa e nese agasallo para ter unha lembranza... parabéns, encántame ler a vosa vida

    ResponderEliminar
  16. Parabéns!!!!!
    Grazas por compartir todas as cousiñas especias que lle pasan os tartarouchos.
    biquiños e longa vida tartarouchos!!!!
    Mary

    ResponderEliminar
  17. pasé re tardeeeee....muy feliz cumple al blog!! es una de mis preferidos :))
    Un beso grande a toda esa familia!!!

    ResponderEliminar
  18. he tardado 3 años en llegar a vuestro mundo, pero ahora ya no me voy... igual que he tardado 30 años en llegar a galicia y me quedo para siempre.
    saludos

    ResponderEliminar
  19. Anónimo, necesitamos saber quen es se queres entrar no sorteo!! Grazas por devorarnos :)

    Moitas grazas polo que nos dis, aix :´) Un biquiño grande tialu!!!

    Fasedoira, grazas a ti por visitarnos e ler estes anaquiños do que facemos, a nosa vida é moito máis grande ;)

    Un biquiño Mary, a ver cando te animas a contar ti algo ;)

    Luisina, graaaaaacias!! Qué honor ser uno de tus preferidos! Claro que te apunto al sorteo, a ver si se va para Rosario :)

    Álvaro, yo conocía tus blogs, y tenemos algunas cosas en común, me encanta la poesía que llevas dentro y que sacas afuera para todos. Gracias por dejar un poco de esa poesía para nosotros, y por quedarte :)

    ResponderEliminar
  20. Oh, tres anazos... parabéns :o)
    (Eu son tan agrazada como fermosa ;oDDD)

    ResponderEliminar
  21. Es, es :)
    A ver se tes sorte e che toca algo, que ben que viñeches! :*

    ResponderEliminar
  22. Cuumpreaaaanoooos feeeeliiiiiiz!!!!
    E que cumprades moitos moitos máis... e tan ben!!
    Unha aperta moi forte, encántame saber de todos vos...

    ResponderEliminar

Por se queres compartir