martes, 20 de julio de 2010

En reparación

Así temos as dúas máquinas de coser. Si, dúas, a nosa morreu hai uns de meses despois de dous anos de cosidos e entón a avoa Olga nos ofreceu a súa, igual, mercada o mesmo día e aínda metida na caixa. Esta non tivemos moita ocasión de usala, ó pouco decidiu que tampouco cosía. Por iso merece a pena mercar cousas de calidade aínda que sexan máis caras. Agora que sei que lle damos uso se nos volve pasar mercaremos unha máis sinxela pero de máis calidade, pra poder darlle moito uso.

Pero houbo sorte desta vez e aínda estaban en garantía as dúas, xa que a garantía era de tres anos, así que tras nos poñer en contacto coa casa nos informaron de que tiñamos que empaquetalas e envialas por servizo de mensaxería cos gastos pagos e que as teriamos de volta en dúas ou tres semanas. Dúas ou tres semanas sen máquina! Máis o tempo que levaban estragadas! E xa sabedes que cando non podes facer algo é cando máis cousas se che ocorren facer. Pero toca agardar.

O caso é que tiñamos que empaquetalas, e nos avisaron de que fosen na súa embalaxe orixinal ou nunha caixa que lles fora ben, pero que estivesen ben illadas dos golpes, porque nos traxectos aínsa se avariaban máis... e nós só conservabamos unha das caixas orixinais...
Ó primeiro pensei de todo, conseguín unha caixa de tamaño bastante axeitado, pero sobraba moito espacio e a máquina iría golpeándose todo o camiño, e ocorríaseme meterlle dentro porexpan en boliñas, plástico de burbullas, dese outro que fai coma ondas,... non sabía onde ir mercalo, ata que se me acendeu a lámpada: xornais!!

Pasamos toda a mañá a facer bolas de papel de xornal as tres, moi entretidas, case dous xornais engurruñados arredor da máquina ata pechala e cumprindo perfetamente a súa función.

empaquetando1

empaquetando2

empaquetando3

empaquetando4

Antes de pechala puxemos algunha boliña máis das que se ven nas fotos, por riba da máquina.

E eu quedei toda chea de ter por fin esta idea tan simple e poder "usar o que tes para facer o que necesitas"

Agora falta agardar a que veñan de volta e poñernos a usalas de novo, que xa lles teño ganas.

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. era do lidl? teño tantas ganas dunha pero non sei se ao final lle quitarei proveito, claro que teño que deixar pasar algo de tempo, bks,

    ResponderEliminar
  3. Era, agasallo de meu pai. Eu creo que se tes llo sacas, pero eu mercaría unha boa sinxeliña, visto para o que a uso eu, 4 puntadas e listo.

    ResponderEliminar
  4. Que boa recicladora, así da gusto :) Eu tamén agardo unha máquina para o meu cumpreanos, teño moitisimas ganas de aprender e poder facer cousas propias e únicas! xa me pasearei por aquí para pedirvos consellos a todas as experimentadas. que teñades unhas estupendas vacacións!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir