martes, 6 de julio de 2010

Doutros tempos

A avoa Carme garda moita roupa de cando o Moucho e a Tía Lu eran pequenos. O sábado a Z durmiu cos avós, e cando fomos almorzar atopámola cun dos vestidos que ela mesma fixera para a Tía Lu cando era pequena, cuns 5 anos.
Eu non son moito (ou nada) de vestidos clásicos, pero teño que recoñecer que este tiña o seu encanto, un orixinal, feito a man pola avoa Carme hai... ímolo deixar en moitos anos, non Tía Lu? :P

De raíña

Posto por riba do pixama, que asoma por unha manga, andivo media mañá, encantada co seu vestido da Tía Lu.

Como non son moito destes vestidos, tampouco son moito das fotos de estilo"vintage" con ese aspecto de fotografía antiga, non me gustan moito, nin os sei facer, pero con este vestido había que probar.

A orixinal (un pouco escura)
orixinal

E os experimentos
antiga

antiga 2

antiga 3

Non vos traen recordos da "caixa das fotos"?
Na casa dos avós Tartaruga hai unha caixa de lata azul, dunha boneca tamén azul que me regalaran de pequena, que se chamaba nubecita e tiña un arrecendo que case podo lembrar agora, e está chea de fotos de antes, moitas metidas en sobres de revelado nos que tamén se van distinguindo etapas, coma nas fotos, pero moitas tamén mesturadas dentro ou fora dos sobres.
Sempre me gustou remexer nas fotos, miralas, organizalas, facelas,... coido que moitos dos recordos que teño só existen na miña memoria porque teño fotos deles e impiden que marchen da miña cabeza outras imaxes, pasarame só a min ou a vós tamén vos pasa?
Sempre pensaba que se a casa prendía lume ou había que saír e eu podía levar algo sería a caixa das fotos.

Lembro cando eramos adolescentes e eu me empeñaba en levar a cámara sempre e facer fotos dos "acontecementos" e a miña amiga Anabel (andas por aí?) non quería sair nelas. Eu trataba de explicarlle que daba igual como saíra, que a todo o mundo lle ía dar igual, pero a nós íannos quedar os recordos, e eu non comprendía que non o entendera. Despois o entendeu.

Por iso me gusta tanto facer fotos, por iso e por outras cousas que non podo explicar porque nin sequera eu sei.

Vós como gardades as fotos? Como as organizades? Tendes moitas ou gardades máis recordos na cabeza que en caixas? Que vos pareceu o experimento?

Últimamente ando a lembrar moito... xa pensei en algo que facer cos recordos, xa volo contarei.

Nota: Hai un problema cos comentarios, chéganme os avisos ó correo pero non aparecen todos no blogue, agardo que se solucione. Non deixedes de escribir por iso.
Xa está amañado, debéronselle cruzar os cables ó blogger :)

2 comentarios:

  1. Un vestido moi parecido o que leva Z regaláranllo a Z cando tiña un ano, só llo puxen unha vez e por cumprir.
    Eu tamén pensaba en levar as fotos se ardía a casa.
    Na casa de meus pais tamén estaban e estan as fotos metidas nunha caixa de lata verde, aínda que agora a pila mermou un montón (con cinco fillos, todos collemos algunha e iso nótase)
    biquiños
    Mary

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir