jueves, 1 de julio de 2010

Cambios

Cambiou o tempo, veu por fin o sol e puidemos sair fóra a pasar o tempo e como co sol veu a calor tamén nos puxemos a xogar coa auga, pasamos medio ano pensando en que chegue o momento de poñerños a enredar coa auga sen ter frío ou ter que cambiarnos de roupa ó momento.
A cousa comezou así:

comezo

E pouco a pouco foise animando, ou mellor dito animouse de golpe :D

que diver!

Despois cambiamos o recipiente por un máis grande e ata houbo clases de natación para bebés

natación para bebés

E ó final con moita auga e moita diversión, e co papá e a mamá dentro tamén.

co papá

E despois de pasar a fin de semana gastando enerxías na auga, había que repoñelas, claro, así que usamos de novo un dos meus agasallos de cumpreanos.

churros

Fixemos uns churros gordos e outros fracos, ó gusto de todos, e sentímolo moito, pero non podemos amosarvos o resultado final porque voou, iso si, estaban boísimos!

ricos!


Si, xa sei, non foi o único cambio, o blogue vese diferente. Sempre me custa facer cambios, pero en canto os fago quedo encantada. Tiña ganas de cambiar o formato da plantilla para que as fotos se visen un chisco máis grandes, e agora que Flickr engadiu un formato mediano un chisco maior era o momento de intentalo, pero non quería quedar sen as 3 colunas, que me parecía que deixaban todo ordenadiño, así que fixen dúas plantillas, unha con dúas colunas e outra coas tres que tiña antes pero a central máis ancha... e ó final me gustou máis dar o cambio máis grande, sempre me pasa, unha vez que me poño, arramplo con todo :)

Bueno, con todo con todo non, na coluna lateral agora segue a haber case o mesmiño ca antes, pero non vos asombredes se a cousa segue a cambiar a pouquiños, nin tampouco se non o fai ;)

Unha vantaxe desta plantilla é que, en teoría, agora con resolucións de pantalla máis pequenas poderedes ver o blogue enteiro, é así?
E ademáis apareceron por arte de maxia uns botonciños ó fondo de cada entrada por se queredes compartilas por correo, e nalgunha das redes sociais.

Gústavos ou vos vai custar afacervos?

3 comentarios:

  1. Me gusta el muevo formato, tus fotos lucen preciosas :)

    ResponderEliminar
  2. non sei se é cousa do arranxo do meu ordendor pero vexo algunhas páxinas máis grandes, a túa non a vexo enteira pola beira pero con reducir o tamaño xa está.
    Eu tm cambiei algo, puxen un amarelo de fondo pero quero algo máis de verán, bufff, vai unha calor que non se atura. Andamos por San Vicente do Mar no Grove e eu hoxe aquí, preparándome para traballar mañá nun Pac, que felices todos, hehe, como non ían voar os churriños!

    ResponderEliminar
  3. Gracias Cannnelita :)

    Olivia, a ver agora, que o encollín 10 pixels e creo que xa entra ben, non é?
    Xa vin o teu blogue amareliño :), hai que cambiar, verdade?
    Un biquiño e pasádeo ben!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir