jueves, 3 de junio de 2010

Últimamente

Estivemos desparecidos, moi atarefados indo dun lado para outro e gozando dunhas pequenas vacacións.
Primeiro fomos a ver ós avós Moucho, vimos a horta, cocemos pan e deixamos a Sacho e a Galla uns días con eles.

Na horta dos avós

Sacho e Galla

Fomos ó San Benito, a escalar árbores (cun pouco de trampa) e facer o mono pendurados dos ferros do palco e a ver a luz entre os carballos centenarios, a verdade é que é un lugar especial e sempre que imos o temos todo para nós e da gusto. Antes, cando no monte aínda había animáis, nas tardes calorosas de verán, as ovellas ían pasar a tarde á sombra dos mesmos carballos, agora non hai ovellas e o recinto está pechado para usar nas romarías.

carballo

escalando

L pendurada

Z pendurada


A Z. pasou a fin de semana falando dos añiños, do añiño e a añiña, mellizos, fillos dunha das ovellas do avó, son tan branquiños, tan suaves e tan bonitos... dan ganas de collelos e achuchalos todo o día.

os añiños

mamando

sweet softness

branco (explore)

E aquí rematou a preparación para a segunda parte das vacacións... a ver se nos dá tempo e mañá vos contamos un pouquiño.

3 comentarios:

  1. Pero que preciosidade de fotos e de vida na natureza!!! Estou desexando ler a segunda parte... graciñas Raquel por compartilo.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. pasa polo meu blog http://fioselas.blogspot.com/que tes un agasallo

    ResponderEliminar
  3. grazas Sabela por vir, así teño con quen compartilo :)

    Fíos e las, vou ver, grazas logo :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir