A verdade é que aproveitamos ben o tempo, que nos rendeu, e aínda viñemos de volta co coche máis cheo, xa que tiñamos a misión de escoller un gatiño para a Tía Lu, que perdeu ó seu Leo hai pouco nun accidente, e outro para a avoa Olga, que lle endosou a Z. despois de insistir e insistir. Así que fomos visitar unha camada coa súa mamá á casa onde vivían, uns días antes de ter que separalos para traelos connosco.



Os elixidos finalmente foron o único macho da camada, que a Z. bautizou como Blu, na semana que estivo connosco e que definitivamente se chamará Silvio para a Tía Lu e o seu mozo.

E a negriña, a que a Z. escolleu dende o principio para a avoa Olga e que resultou ser a máis espilida da camada. A esta a Z. decidiu chamala Mis, pero coido que o nome tampouco callou, así que estamos agardando polo definitivo.

A verdade é que durante a semana pasada o pasamos ben a preparar todo para lles entregar os gatiños ós seus novos donos, fabricando xoguetes con material de reciclaxe que resultaron ser todo un éxito, para que non se aburran cando queden soíños na casa mentres os donos traballan e para que non ataquen as mans. Os consellos todos grazas á tía Rita, a especialista etóloga de confianza da familia :) A ver se podemos amosarvos algún dos xoguetes feitos con retallos e outros restos.
E que se pode facer en Madrid no mes de maio-xuño? Pois ir ó parque, claro.


Visita imprescindible se vas con nenas :) Visitamos un par de parques infantís no barrio onde nos aloxamos e ademáis fomos de visita cos curmáns do Moucho ó parque Juan Carlos I, onde demos unha boa camiñata coas nenas e quedamos abraiados coas carpas xigantes do lago, ás que os parrulos non se atrevían a comerlles os anacos de pan que tiraba a xente. Ademáis o lago estaba ateigado tamén de tartarugas abandonadas pola xente que non as quería máis na casa, unha mágoa que non nos fagamos cargo dos nosos animáis e que non teñamos en conta os danos que poden causar, en Galicia, a solta de tartarugas de orellas vermellas e outras da familia despraza ó galápago europeo autóctono e en perigo de extinción.
E que máis se pode facer en Madrid? Pois ir de picnic ó monte :) É que somos así de orixinais, así que o domingo, como despedida decidimos ir comer a un monte da serra. Sorprendidos de que puidera existir un monte cun cupo máximo de vehículos permitidos e cuns gardas á entrada cunha barreira contando os coches que subían para pechala, e aquí que pouco apreciamos os nosos montes, supoño que nos parece tan normal que non reparamos en que hai xente que pode botar máis dunha hora pola autovía e por estradas para chegar a un monte ateigado de xente a pasar unha tarde de domingo.
O caso é que o sitio era bonito, pasamos un rato agradable (sen contar o que fixeron as cadelas) e estreamos un dos roliños que fixemos con sabas vellas e que vai connosco no coche como "mantiña de picnic e usos diversos", aínda que resultou non ser tan illante como a do "todo a cen" que levaban Rita e Madro, todo hai que dicilo.


Foto de Madro
E ademáis á volta paramos nun "pantano" precioso cheo de manzanilla na beira que arrecendía, cun par de garzas ó lonxe e algunha cegoña, onde as cadeliñas se deron un baño (necesario, non vou contar o que fixeran) e nós descansamos un ratiño coas vistas, os cheiros, e as diferencias co que estamos afeitos a ver por aquí.


Foto de Tía Rita


E aínda nos quedou tampo para á volta parar a tomar un xeado nunha terraza dun pobo no que o campanario locía así, igual que algunha árbore á saída.


Cheíño de cegoñas.
Quixen facer algunha foto do camiño de volta a Galicia porque normalmente pasar por castela, con toda esa chaira vermella, seca e baleira tan diferente ó que temos na casa, me da sensación de angustia, supoño que unha morriña de tan só unhas horas semellante á que conta Rosalía, pero o caso é que desta vez, non sei se por viaxar noutra época diferente, se porque foi un ano de chuvias descubrín unha castela diferente á que coñecía: campos vermellos cheos de papoulas, amarelos, e incluso morado coas florciñas silvestres da primavera. Sorprendeume ver tanto verde sen ser os campos co rego aumomático xigante, e todas esas cores que me pareceron fermosas, ata a viaxe se me fixo curta, e é que cada terra ten o seu encanto, e aínda que moi diferentes, hai que saber abrir os ollos, e a cabeza, para velo.
E esta foi a nosa pequena viaxe, grazas por nos acoller Rita e Madro!! Unha mágoa non poder xogar máis que unha partida precaria de Kaleidos, a ver se para a próxima ;)





Cantas experiencias!!! Nótase que o pasástedes ben.
ResponderSuprimirPenso que nós tamén temos que ir a Castela na primaveira, para verlle esa outra cara que non coñecemos e cambiar a percepción que temos.
Un biquiño
Mary
moitas gracias tamén a tia rita polas súas instruccións para "enterdernos" mellor co noso Silvio?¿.
ResponderSuprimirmary, tes un perfil de blogger, vaste animar? ;) Pena que non puiden sacar fotos, pero estaba bonito de verdade.
ResponderSuprimirtia Lu, grazas dadas, seguro que as ve, aínda non é seguro Silvio?
Grazas recibidas!!De nada, é un pracer :-)
ResponderSuprimirCAda día hace fotos más guapas, fue un gusto darme una vuelta por tu casa!
ResponderSuprimir