miércoles, 16 de junio de 2010

Sorpresas

Seguramente á xente non lle pasan estas cousas, e a quen lle pasan seguramente non as vai contando por aí, pero nós sómosche así de orixinais, non sei se é para estar orgullosos ou non (da orixinalidade, non da sorpresa en cuestión, que non ten dúbida ningunha).

O caso é que hoxe abrín o forno e tiña sorpresa.

no forno

sorpresa no forno

no forno

Non me atrevín nin a tocalo para as fotos, non fora ser que me mordera... pero xa marchou, e previa limpeza do forno despois saíron del cousas mellores

medraron / crecieron / grew

e desta vez si medraron ben... quedaría algo dentro do forno que fai agora medrar as cousas?

5 comentarios:

  1. Que cousa máis preciosa! A vida é un flipe, eu cada vez que teño unha froita podre ou calquera sorpresiña deste tipo (que na miña nevera non son raras), quedo abraiada mirando para elas. Parece un flan de algodón, encántame!

    As madalenas tamén teñen moi boa pinta =)

    Bicos

    Cris

    ResponderEliminar
  2. Meu pai dicía: eso é a penicilina!
    e quedaba tan pancho.

    ResponderEliminar
  3. Xesús , eu pensei que fornearas un estropallo con fairi :oSSSS.
    Que ERA???
    As madalenas non son tan espectaculares XD
    Patricia

    ResponderEliminar
  4. Pois para as curiosas :P era un prato cunha salsiña de verduriñas e nata que fixeramos para a pasta. Nós NUNCA usamos o forno para gardar comida e ese día fixémolo e por iso quedou aí tanto tempo.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir