martes, 8 de junio de 2010

Pixama novo

Z!!! Para!!! Por favor!!!

Z. paradaaaaaaaaa

Só quero facer unha foto! E non se supón que os nenos a estas horas están quietiños e durmindo? :)

stoooop

Case!

Bueno, vouvos contando. Onte ocorréuseme que podía aproveitar as sabas vellas para facer pantalóns de pixama para min, suaviños,... claro que para min nunca fixen nada... teño que experimentar antes. Collín unha saba das que xa estaban cortadas e aproveiteina para facer un de proba para a Z., collín un pantalón de pixama vello que lle queda un pouco pequeno, tracei as pezas nun anaco de papel de embalar todo pintado e embrullado que había na habitación da máquina e recortei a tea ás presas e coa L subida enriba, claro (eu creo que xa non sei facer as cousas doutra maneira). En ratiños ó longo da tarde fun cosendo primeiro unha perna, despois outra, despois uninas e pola noitiña xa conseguín probarllo e tachán!! Servíalle!
Foi todo tan rápido que non podía crelo, e ademáis dixo que lle encantaba o seu pantalón de tea, así que volvín subir, busquei dous anacos de goma (non tiña un tan grande como a súa a cintura) e uninos, cosín o "dobladillo" coa goma xa dentro (primeira vez que fago tal cousa) e baixei con eles rematados.

E púxose tan contenta! E a min prestoume tanto :) Pantalón super rápido, improvisado e reciclado. Quixen facer unha foto de noite porque decidiu que era o seu "pixama de tea" e que lle encantaba, pero non houbo maneira, pouca luz e ela eléctrica correndo dun lado para outro...

Pero non houbo problema porque pola mañá, mentres a L se tomaba uns cafeses

cafeses

a Z decidiu que non quería quitar nunca o seu pantalón de tea, nin para saír da casa, porque era de tea e porque era rosa (a nai soubo escoller a saba axeitada, co factor rosa)

factor rosa

así que tiven tempo de facer unha foto.

pixama

Eu enténdoa, quen ía querer quitar o seu "pantalón de tea" se puidera ir de picnic a xogo coa mantiña

picnic

Agora que teño o patrón e que sei que ten tanto éxito terei que facer máis, e a ver se me atrevo coa versión para nais.

6 comentarios:

  1. eu quero eses patróns!! quedáronche de medo, dasme unha envexa que nin te conto, eu son malísima para iso da agulla e o fío... pero encántame a reciclaxe que fixeche!

    ResponderEliminar
  2. Rebe, pero ti es galega?
    Eu non teño nin idea, son da técnica da trapallada, é cuestión de ir probando, de verdade, o patrón fíxeno doblando un pantalón de pixama e marcando a silueta no papel, xa ves que ciencia.
    Anímate muller1 Se sacas matrículas e noves na carreira e fas esas fotazas seguro que te fas profesional se queres. (por certo, xa me podías pegar algo da carreira...)

    ResponderEliminar
  3. ¿Galega? Mais galega que unha queimada! eu son de Marín de toda a vida (25 anos, ata que casei e vin vivir a Salamanca)... O 18 imos á terriña a pasar uns días, temos que organizar unha quedada ou algo! (e asi pásasme os patróns.. ;-P)
    Bicos!

    ResponderEliminar
  4. De Marín!! Pero que vos pasa ós mariñenses que marchades todos! Coñezo un montón de xente de Marín e ningún vive alí, se forades todos de volta sería máis grande que Vigo ;D

    ResponderEliminar
  5. O amor Raquel o amor !!!!!!!
    xa sabes all you need is love!!!!
    deixan o mar, deixan a veiga pero só por ese motivo, son uns románticos, mi ma!! boa xente :O)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir