viernes, 25 de junio de 2010

Non gusta, quita!

Unha vez cando a Z. era máis pequena fíxenlle unhas trenzas na perilla ó Moucho, en realidade non lembro se foran dúas ou unha soa, cando ela volveu no colo do avó e se dirixía ó colo do papá frunciu o ceño a piques de pasar ó colo do papá, xa cos brazos estirados, encoulleunos e moi seria dixo:
- No uta, non. Quita!

O papá Moucho virouse rápido pcara a min e me dixo: Quítamas!!

O outro día volvémolas facer e achegouse onda a nosa L., pero por máis que llas amosaba ela seguía impasible, sen inmutarse, coma se tivese a mesma perilla de todos os días. Xa levaba un bo cacho no colo do papá cando entrou a Z., mirou para a perilla do Moucho, frunciu o ceño e dixo:
- Por que puxeches iso? Non me gusta. Quítao, pona coma antes.

perilloso

E o Moucho virouse cara min e volveume dicir: Quítamo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir