martes, 8 de junio de 2010

Madalenas familiares

Dubidei moito ó escribir o título da entrada, alguén sabe como se escribe correctamente ma(g)dalena en galego? Ou se cadra ten outro nome que descoñezo... gustaríame saber.

Bueno, ó que ía, non sei se vos contei algunha vez que na casa temos un problema cos doces caseiros: a min encántanme, todos; ó Moucho nin lle encantan nin lle disgustan, prefire a froita ou algo salgado, próbaos case que por cumplir e xa está, as dúas pequenas non os proban. Seguro que non vedes problema ningún, bueno, eu vexo un e medio: cando fago algo de repostaría como eu todo, e ademáis, os doces que non son caseiros si que gustan, e prefería que se comesen os que facemos nós, pero non sei se serei quen de conseguilo.

Eu non deixo de intentalo, e ademáis penso cal pode ser a mellor maneira... á Z. encántalle o chocolate (non sei a quen sairá nesto, lalalala...) así que facer cousas con chocolate pode ser a única opción...
O caso é que non sei como cheguei a unha receita que pareceu a axeitada para modificar e adaptar á nosa familia: Madalenas de cabaciñas e arandos

A adaptación consiste simplemente en sustituir os arandos por boliñas de chocolate, e como a receita xa a tendes ben explicada na web orixinal, eu o que vou facer vai ser ilustrala brevemente.

Xa sabedes, mellor se tendes cociñeira-reposteira ;)

cabaciña e a raiadora oficial

mesturando

mesturado

case listas

no forno

ñam!!

Siii, levan verdura! Non, non se lles nota. Si, están boísimas! E si, gústanlle a toda a familia!!! A Z. pode comer media ducia delas se a deixo cando están quentiñas aínda, recén saídas do forno, mmmmmm. Un exitazo!!!

E ademáis, se consigues que non se acaben no día poden aguantar unha semana ben gardadiñas dentro da súa caixiña de lata e frescas, unha semana despois están exactamente igual de esponxosas, probade se non, bueno, agora no verán tende conta de onde as deixades, que ó sol igual non aguantan a semana...

Receita perfeta para comezar a tempada das cabaciñas, xa veredes que ricas están.

Eu nunca consigo que as madalenas me suban de maneira espectacular, pero estas ata teñen bo aspecto ademáis de estar boas.

Así que bo proveito!!

glub-ñam!

E se pillades uns arandos e queredes facer os orixinais (aínda que só os comades vós) confírmovos que están boísimos.

as orixinais, de arandos

5 comentarios:

  1. Que boa pinta teñen estas madalenas, a ver se as probo, por certo que a nós tampouco nos levedan moito non sei por que :P

    Moitos biquiños :*

    ResponderEliminar
  2. Proba, proba, xa verás que boas. Son doutra dimensión, nin moi doces nin pouco, perfetas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. isto teño que probalo!! xa che contarei, agora que xa rematei as exames e teño algo mais de tempo, voume poñer coa cociña!

    ResponderEliminar
  4. Mmmmmm, eu tamén quero, qque tamén rematei os exames e tampouco me levedan as madalenas ;o)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir