domingo, 20 de junio de 2010

L-nario e Z-nario

Levo meses intentando escribir esta entrada e non sei por que sempre queda atrás, debe ser porque non é algo inmediato como as demáis, senón algo rutinario e que evoluciona sen apenas nos decatar.
A nosa L comezou a dicir algo intelixible alá polo ano, ó mesmo tempo que a camiñar. A súa palabra escollida foi: CO (o colo) Bonita, non si? :)

Despois da primeira chegaron moitas outras, pero houbo unha época, ata hai mes e medio na que todo se chamaba case igual e ademáis moitas delas eran a repetición dunha mesma sílaba. Non lembro coa Z. unha etapa semellante na fala, pero é posible que acontecese e non me lembre ou non nos decatasemos da relación como agora.

O caso é que o mes pasado había moitas palabras que adiviñar polo contexto:

caca: podía ser caca ou pataca
cocó era colo e tamén socorro (un xogo de imitación que lle pareceu divertido) e coco un moco
tetata: chaqueta, galleta ou tomate
qui: aquí e quiquí: quitar e calcetín
papá: papá e algo máis que xa non lembro (que mágoa :( )

pero tardei tanto en escribilas que voaron, bueno, en realida escribinas un par de veces nun papel, pero entón entráronlles ganas a elas de e agora repite case cada palabra que escoita e pratica o seu ensaio-erro seguido, todo o día, e así é como se aprende, non é?

Do Z-nario xa queda pouco, dende a semana pasada é quen de pronunciar perfetamente o Z, que antes era un S. Agora só ten que aprender que non ten que usalo sempre que haxa un S, e niso está, co seu novo son practicando, é gracioso oíla escoitarse a si mesma repetindo a unha e outra vez a mesma palabra agora que xa lle sae ben. Coido que xa só lle resta o RR.
Do demáis, algunha palabra solta que dá mágoa corrixir porque cando desapareza será que xa é unha nena grande e porque case son palabras familiares, como a "manquilla" na casa de meus pais :)

Goiur/gollur: iogur
Pipótamo: Hipopótamo

E un par de expresións ás que non lle acaba de pillar o truco coma esta:

Pola mañá pola mañá: mañá pola mañá
En un en un: de un en un

guerreando

Que non paran de medrar nin de facerse grandes estas pequenas, e eu quero gardar todos os minutos :)

4 comentarios:

  1. Jajaja, qué buenas!!
    Me acuerdo que mi hermano tuvo esa fase, todo lo duplicaba...la playa era payayá y la plaza, pazazá...
    La verdad es que están enormes, cómo crecen...

    ResponderEliminar
  2. Para un amante das palabras coma min esta fase é a máis fermosa da vida dos nosos fillos e hai que facer por memorizar esas palabras e expresións tan simpáticas.
    Para o Leo coco era chocolate e pata tanto patata coma pirata.
    Agora está nunha época de hipercastelanismos incribles.
    Un dís destes xa o postearei.

    ResponderEliminar
  3. A Terremota, que é trilingüe (galego-castelán-castrapo), fala con moita soltura. De feito, é das que mellor se expresa de entre os seus compañeiros. Iso si, ata non fai moito o S non existía, só empregaba o Z e, cando quere repetir algo nun xogo (un pinchacarneiro, que lle fagan cóxegas...), nunca di "outra vez", senón "otapavé"

    ResponderEliminar
  4. Mirilla, crecen y nos damos cuenta de que nos hacemos viejos ;D

    paideleo a Z. pasou o ano pasado polo hipercastelanismo, aínda falaba o outro día coa veciña que o seu neno o verán pasado (tiña 3 e a Z. 3 e medio) era totalmente galego parlante e ela se sorprendía do castelanizada que se volvera a Z. Este ano o seu non pronuncia apenas unha palabra en galego e a Z. recuperouno milagreiramente, aínda que agora é selectivo: para falar cos nenos cambia o chip a castelán. Nós perseveramos.

    Maxiavida! Que gusto lerte! Van moi parellas as nosas pequenas.
    Un saudiño!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir