sábado, 26 de junio de 2010

Casualidades que importan

Case todo na vida son casualidades, pero a min gústame atoparme con casualidades que non parecen tan casuais, ás que lles vexo un sentido aínda que sexa só a miña suxestión.

A pasada fin de semana quixen recuperar uns libros de cando eu era pequena, tiña moitos da colección de 365 ou de distintas editoriais pero o mesmo estilo, un conto para cada día do ano. Son historias pequerrechas e lembro cómo me quedaba lendo na cama ata tarde, non un só contiño daqueles, senón se cadra un mes enteiro, mentres miña nai me dicía que apagara a luz e durmise, así que pensei que estaría ben recuparalos para lerllos ás nenas, un cada día.

O caso é que os atopei, había moitos, e do que lembraba ó que vexo hoxe neles hai moito treito e moito do que falar, pero o asunto é que collín un ó azar e abrín por unha páxina tamén ó azar e lin unha das historias... e resultou ser unha desas casualidades...

(intentei facer unha tradución o mellor posible, pero non teño nin idea de como se traducen as herbas, quitando a manzanilla)

5 de marzo
Curar a unha ovella

A ovella estaba doente. Déronlle herbas e centaureas, puxéronlle cataplasmas de camomila e de dulzamara, pero non conseguiron curala. Ó final, tiveron que levala ó hospital das ovellas. O doutor, un vello chivo, puxo os anteollos, colocou o estetoscopio nas orellas e dixo á enferma:

- Saca a lingua e di aaaaa!
A ovella sacou a lingua e dixo:

- Beeeeee!
- Agora xa sei o que ten!- exclamou ledo o doutor-. Está xorda!

Todos quedaron abraiados pola súa sabedoría. Agora saca a lingua e di beeeee!- repetiu con suavidade o doutor á pacente. A ovella sacou fora a lingua e dixo: -Beeee!

- Agora está mellor- observou o doutor satisfeito-. Botaríao todo a perder se non consigo curala. Agora, querida- besbelloullle á orella- mañá non debes ir ó colexio.

A ovella púxose a bailar e a cantar:
- Viva, mañá non hai colexio!
O vello chivo, que sabía moito, sorriu.
- Se queres curar a unha ovella enferma- dixo- non a mandes ó colexio!
E se cadra tiña razón.

Tan lóxico o vemos, tan claro, e tan normal que ata hai nun conto a situación de que os nenos aborrezan a escola ata o punto de se poñeren enfermos (ou finxilo, tanto me ten). Supoño que para estes nenos está claro que o colexio é un problema, non?
Non sei se quero falar máis disto, pero si que deixo a reflexión: é normal que vexamos lóxico que os nenos non queiran ir á escola?

29052010-IMG_2682

Ademáis cando era pequena tiñamos na casa unha edición de O Principiño en galego. Apenas lembro nada del, o debuxo do sombreiro :), unhas pintadas con bolígrafo feitas por meus irmáns, a contraportada cortada, e que me gustaba. E con esas andaba e levaba unha tempada pensando nel, así que despois de preguntar en 3 librarías por unha edición en galego o conseguín a semana pasada. Sorprendeume que a idade recomendada fose a partir de 12 anos antes de lelo porque lembraba que me gustaba de pequeniña, e despois a sorpresa foi moito maior e mellor, tanto, que non está na libraría das nenas, senón, de momento, na miña.
Pero non era iso o que vos quería contar, comecei a lelo nada máis sair da libraría, de camiño a casa dende o dentista, e no primeiro capítulo atopeime con isto:

As persoas maiores aconselláronme que deixase os debuxos de serpes "boas", ben as pintase por dentro ou por fóra, e que me interesase máis pola xeografía, a historia, o cálculo e a gramática. Foi deste xeito como abandonei, aos seis anos de idade, unha magnífica carreira de pintor.

Non cambiou moito o conto dende hai un século, non é?

22062010-IMG_9541
Z con zoca e zapatilla, L con botas da Z (5 números máis grandes)

2 comentarios:

  1. Los niños (y las ovejas) son mas listos de lo que creemos...
    Yo no fui al cole hasta los seis años; dice mi madre que tambien me ponia malita cuando me lo sugerian...

    ResponderEliminar
  2. :) Somos listos de niños, sí, después nos hacemos adultos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir