martes, 18 de mayo de 2010

Letras galegas e outras historias

17 de maio Día das letras galegas

Este ano non fomos a Santiago a celebralo, pero houbo celebración así a todo, a miña foi rematar unha novela escrita en galego que comecei a semana pasada, despois de moito tempo sen ler novelas.

Non sei se porque estou máis sensible se por darlle significado ós actos máis sinxelos, o caso é que vin unha metáfora no final do libro que lin onte. As últimas páxinas relatan a perda da memoria da protagonista, pouco a pouco, para sempre e irremediablemente. Aínda que non chegamos a ver ese final sabemos o que vai acontecer, e eu non puiden evitar ver unha profecía apocalíptica da nosa lingua, pola que tiramos moitos que non deberiamos tirar, debería simplemente fluir, sair sen máis, sen importancia.

Quero pensar que non vai ser así, pero cando vexo que dos veciños só unha minoría fala galego e o que é peor, que hai moitos que non o entenden despois de vinte anos vivindo neste país, o que non quere dicir máis que para vivir aquí non se necesita saber galego, supoño que por que non se fala :(

Aínda así gardo a esperanza de que non se perda e poño nelo, e nas miñas fillas todo o empeño.

Así que agardo que celebredes todo o ano o dá das letras galegas.

celebrándoo

E falando de libros, o outro día recibín un correo de María Durán, a nosa especialista en temas de ecoloxía, que me enviou este vídea que xa vira hai uns días na casa de Fasedoira.

Eu non son moito de vídeos porque as máis das veces non os podo ver, e réstanme tempo para facer ou ler outras cousas diante do ordenador, pero este paréceme ben interesante, sobre todo para aclarar as dúbidas sobre o uso dos libros tradicionáis ou os electrónicos.



E para rematar de enfiar unha cousa con outra e de escribir esta entrada-popurrí, dando unha volta polos blogues que participastes do proxecto Un pequeno cambio descubrín que no último mes quedaran sen actualizar os proxectos de dúas familias que si os publicaron, así que os inclúo na súa entrada correspondente e os deixo aquí tamén para que poidades ver o que fixeron.

Las cerezas de Pipa
Cuatro en la cama

Ademáis María e a súa familia, de Las cerezas de Pipa, decidiron continuar facendo pequenos cambios nas súas vidas.

Las cerezas de Pipa

Quedou alguén máis por aí?

7 comentarios:

  1. o libro non se chamará por un casual "sol de inverno"?? dende logo se non é ese ten un final moi parecido..lino fai pouco...

    ResponderEliminar
  2. emerecí, pareceume doloroso,realista, angustioso, pero morno e suave. Non deixei de desexarlle a felicidade en todo o libro, pero non chegou, non me creo que fora a súa mellor morada a derradeira, pero é a vida.

    tialu, sexa cal sexa o libro non vou dicir o título despois de dicir o final, quen o lera saberá cal é e quen non o lera non :)

    ResponderEliminar
  3. por certo, o libro gustoume, pero aínda o estou dixerindo, ando sensible últimamente

    ResponderEliminar
  4. A lingua temos que facela nós día a día e falándolla aos nosos fillos e coñecidos para que nos sobreviva uns anos máis.

    ResponderEliminar
  5. Gracias por seguir a ler :) a min pásame un pouco cos vídeo, son tan antitele que me custa velos... teño paciencia para leer 10 follas pero ninguna para agardar 5 minutos pegada á pantalla, será que non pertenzo a xeración d@ nen@ videns do que fala Sartorius, que me segue a engaiolar a escrita... estes días lembreime de ti, estiven a ler A Intervención de Teresa Moure e a túa entrada de flores veume á cabeza :) nesa novela hai tantas flores, apertas.

    ResponderEliminar
  6. paideleo, ter temos, pero seguen a ser minoría e escorrégaselles.

    fasedoira, unha novela chea de flores... terei que lela a ver se arrecende :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir