lunes, 3 de mayo de 2010

Feliz día da nai!

Menuda finde! De día do traballador, comendo filloas de festa con amigas e visitando a Anxo Lamas a ver as súas obras (5800 cadros leva o home repartidos por toda España).
A día da nai, con visita da avoa Olga, as primeiras calas que levou de agasallo, unha tarta de gallega rica rica para celebrar o noso día e máis o cumpreanos do Moucho que pasou esta semana...

A verdade é que ando a atopar recordos por todos lados, cando era pequena no meu colexio o mes de maio, o mes das flores, era adicado á Virxe (colexio católico como vos imaxinaredes), do catolicismo coido que non quedou en min apenas nada, pero si que me deixou recordos. Durante ese mes levabamos flores como agasallo á Virxe e o colexio estaba precioso, a min gustábame ir a casa da tía Pepita a buscar calas, encantábanme, encántanme, penso que son a miña flor preferida, e agora téñoas na miña casa. As calas en maio déixanme un sabor doce do pasado. As primeiras deste ano levounas de agasallo a avoa Olga para a súa casiña, e iso déixame un sabor doce do presente :)

Iso, e tamén a miña cabeza. Os meus peiteados preferidos son simétricos, gústame poñer dúas pinzas, unha a cada lado, facer dous moños, como na foto da entrada anterior, ou dúas coletas, pero o que máis me gusta é facer dúas trenzas francesas, desas que comezan xa no alto da cabeza. Pero ademáis de ser o que máis me gusta, cando teño o cabelo longo, apenas as teño porque non son quen de facermas a min mesma, así que son un peiteado especial. Cando as poño non as desfago nin para durmir, e hoxe, despois de anos sen enfeitar así o meu cabelo ademáis descubrín que, aínda que me gustaría poder facelas eu soa, ten un regusto especial cando só a túa mamá che fai as trenzas francesas.

trenzas francesas

Así son aínda máis especiais, lémbranme os quebradeiros de cabeza que lle daba antes de saír de casa porque me gustaban moi apretadas e coa raia exactamente no medio, no "meu" medio, ela separaba o pelo con coidado unha e outra vez mentres eu lle dicía que estaba mal, sen verme, e ata que acababa collendo eu o peite e pasándoo por onde eu "sentía" que estaba o "meu" medio. Que repunantes somos os fillos ás veces :)

O caso é que non se me ocorre mellor maneira de celebrar o día da nai (do que non nos lembrabamos ata que ela nolo recordou) que que veña túa nai, che faga o peiteado especial que só ela sabe facer e pasedes a tarde falando e enredando coa a L. (a Z. durou pouco e quixo ir visitar ó veciño) que pasou unha hora a limpar o cú e envolver un mini bebé nun paniño para que durmise, facendo de mamá. Unha tarde entre mulleres.

Feliz día de la madre

Coa L e o minibebé

Que pasarades un bo día, nais!

5 comentarios:

  1. e o máis curioso,sabe que son 5800porque conta os enganches que lle pon por detrás para colgalos!!
    de ese momento tamén me quedo coa caída libre da estreliña L. con fondo verde, pobechiña :O)
    eu cando toque facer coletas, vounas facer medio tortas seguro, que ben as facía mira nai, cantos recordos me trouxo o teu post.
    Mira irmá recorda sempre unha vez que lle fixo as trenzas meu pai, e lle botara xabrón para que saíran mellor.....mamá!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Trouxechesme lembranzas do meu cole (calasancias), das flores e da Virxe. Ainda que tampouco calou en min a relixiosidade, sí que me gustaban os ritos que tiñan esa beleza.
    Encantanme as trenzas! Cando tiña o pelo longo (3 anos sen cortalo, xa te podes imaxinar) faciame duas trenzas das baixiñas e despois as colocaba para arriba ós lados da cabeza, pero nunca aprendín a facerme as trenzas de raíz como as tús, ¡molan! A ver se agora que hai internet e volvo ter o pelo longo aprendo a facelas...
    Bicos e felicidades!

    ResponderEliminar
  3. Qué chulo!! Cuando estás fuera de casa estas cosillas siempre te llegan un poquito más si cabe... gracias R!

    ResponderEliminar
  4. Que chulo! ,eu fágolle as trenzas francesas a Irene , chamámoslles "de raiz", aprendín de pequena a facermas a min mesma( miña nai non é de facer peiteados, ela só curta flequillos e "puntas" :P, a min encántame trenzar o pelo...
    Cando casei fíxenlle unha trenza ó Chufi , xusto antes da cirimonia ,momento máxico que está mil veces inmortalizada en fotos :oD...
    Patriciav
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Rosana, hanche saír ben, xa o verás, e se non, co pelo curtiño ata que ela non o queira máis, coido que agora non se levan moito as coletas, logo non as han querer.

    Anisor, son moi doadas de facer, eu noutra cabeza fágoas ben, pero en min mesma móntome un lío e afróuxanseme e non me gustan.

    De nada mirilla :)

    Eu non teño con quen practicar :D e a min mesma se me escorre o pelo e me quedan moi frouxas e non me gustan, gústanme ben apretadiñas :)
    Que sorte ten Irene!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir