martes, 4 de mayo de 2010

Excedente de amorodos

Alá pola Semana Santa viñeron de visita os avós Moucho cun kilo de amorodos, e ó día seguinte os avós Tartaruga igual, así que quedamos cun excedente de amorodos que non fomos quen de rematar. Cando abrín un día a neveira pola mañá e as vin alí a piques de se derramar deume a arroutada e dixen: Vou facer marmelada!

Lavei e debullei a froita toda, e deixeina a escorrer un pouco mentres ía coller o azucre ó armario... ups! Non había azucre!!! E agora que fago? Vístome e vou mercar e deixo a froita aí, e despois se me xunta coa hora do xantar e... Ah! Agarda, que eu tiña por aquí un paquete de fructosa... Pois con fructosa, marmelada light :)

Vale, agora o zume dun limón... non teño limóns tampouco! Hai un par de laranxas un pouco chuchurrías xa... bueno, pois en vez de lle botar o zume, bótolle a laranxa enteira. Sen deixalo macerar, cocendo moito menos tempo,... a ver que sae daquí...

E que saiu? A marmelada máis boa que fixen nunca!!!

marmelada

marmelada low key

4 comentarios:

  1. Pois non sabes que idea me deches, porque hoxe eu tampouco teño azucre (e sí fructosa) e teño o mesmo problema con kiwis :-D

    ResponderEliminar
  2. Anisor, xa contarás se che sae unha igual de boa :)

    Fasedoira, mellor saberá, de verdade ;)

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir