lunes, 10 de mayo de 2010

Da finde

Pasei toda a fin de semana pensando nunha excursión ó río, e toda a fin de semana mirando pola fiestra a chuvia o vento e sentindo o frío, e na fin de semana houbo de todo, houbo tempo para moitas cousas e para case ningunha, pero non houbo viaxe ó río.

Houbo unha maña de enfermidade e unha tarde de semiconvalecencia (xa podiamos os grandes ter esas recuperacións), houbo churros e porras co meu agasallo de cumpreanos, houbo películas de debuxos animados, houbo contos, houbo carreiras, houbo saltos nas camas, houbo xeado de chocolate caseiro, houbo lavadoras de roupa, houbo partidas ó "quienesquién" sen competir, houbo limpeza da casa, houbo cocido, houbo lectura de libros, houbo enfados, houbo un pouco (moi pouco) de costura, houbo escritura, houbo algunha saída fora, houbo reorganización nos discos duros, houbo pinturas na cara, houbo xogos de cartas e houbo arte.

E da arte vos deixo algunha fotiño que puiden facer. O outro día recuperei as cunchas que o avó Sindo colleu para a Z. e a L. na praia, levaban dende o verán metidas nun balde da praia e máis nunha bolsa. Pensaba facer algunha foto da cor branca, e entón a Z. debeu saber da miña idea porque primeiro pola semana e despois de novo a fin de semana transformou as cunchas brancas nesta preciosidade.

cunchas de cores

domingo1

domingo3

Esto foi o domingo, pero xa pola semana fixera o mesmo en tons máis pastel

martes1

martes2

martes1

Gústalle pintar cousas e ordenalas.
Encántanlle as acuarelas, pero case nunca pinta en papel :)

4 comentarios:

  1. Qué chulas las fotos, qué colorido, qué composición... no entiendo, pero me gustan. Bicos!!

    ResponderEliminar
  2. Ti tamén coleccionas cunchiñas? Non hai ninguén do interior que non as garde coma n tesouro, eh?

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir