miércoles, 19 de mayo de 2010

Coñecedes algún bebé...

... ó que lle guste poñer chaquetas? E gorros? Pois eu si, a L.

É que se me fai tan raro despois da Z, á que sempre lle sobra a roupa toda en calquera estación do ano, que agora a súa irmá vaia pedindo pola casa a chaqueta en canto ve unha manga sen importar a calor que faga... pero se cadra a todos os bebés lles gusta. Cos gorros pasa algo semellante, pasa mañás enteiras paseándose pola casa co gorro na cabeza... e non lle digas que o quite que saca o seu xeniño todo :)

O caso é que tiña estas fotiños para poñer no blogue xa dende o mes de marzo, e sempre se me ocorren outras cousas que escribir e foron quedando (e non son as únicas cousas que teño pendentes, por desgracia teño máis ideas ca tempo de escribilas).

Lembrádesvos da pinwheel que fixen o ano pasado para a Z? En teoría e segundo o patrón a chaqueta valía dende os 6 meses ós 4 anos... eu modifiqueino bastante porque a la era moito máis finiña que a do patrón, pero é certo que é bastante aproveitable.

a pinweel

Aínda así, como era de agardar sóbralle bastante nas costas e os broches que puxera para a Z. á L. non lle axustan, pero ela vai toda feliz coa súa chaqueta xigante. O mellor de toda a chaqueta e que funciona bastante ben é o puño de elástico tan longo, que permite dobrar as mangas e axeitalas ó tamaño da pequena sen que queden abombadas ou escorrenten.

a pinweel

Por certo, que estou en fase seca de calceta, levo tempo sen tecer e creo que descubrín en parte a que é debido. Á televisión.
Non temos aparelliño de TDT (e tan felices que estamos) pero o tempo que antes me sentaba a tecer polas noites prendía a tele, agora ese tempo estou no ordenador en lugar de na tele (e tampouco antes era tanto) ando a fozar nas fotos e como necesito as mans (e pensar) pois non me dá tempo de tecer, pero todo volverá. Descubrino porque hai un par de días vimos unha película pola noite o Moucho e máis eu e retomei as agullas.
E antes de tecer como era quen de estar diante da tele así, sen facer máis nada?

E o peor de todo é que sigo tendo ganas de tecer cousas e sigo vendo cousas que me apetece tecer, pero xunto con iso cada vez son máis as cousas que se me antolla facer e menos o tempo, e aínda non atopei a ninguén que me dera unha solución para multiplicalo (e por desgracia eu son de moito durmir ;D)

4 comentarios:

  1. A min pasame o mesmo coa tele, paréceme un desperdicio vela sen facer algo ó mesmo tempo
    Fai moooooooito tempo que non vexo a tele, pero dende que descubrín a paxina de rtve engancheime a algúns programas que tiña abandoados (¡nunca os puñan cando me apetecía velos! :-D)
    Esta paxina tamén é xenial para descargar podcast (http://www.rtve.es/podcast/radio-nacional/), o acompañamento ideal da tecedora. Gustame moito Asuntos Propios e Documentos RNE (unha especie de Documentos TV radiofónico)
    Contra, tiña que levar comisión con esta publicidade :-D

    Lindíííísima a nena coa chaqueta, a segunda foto é de enmarcar, que cariña tan chusca!

    Bicos!

    ResponderEliminar
  2. Los podcast de RNE son lo más, yo soy totalmente adicta a ellos. Te recomiendo también Nómadas, con Álvaro Soto , para viajar por todo el mundo sin moverte de casa, es casi como leer, pero puedes estar conduciendo, cocinando... Y también En primera persona, y a veces Travesías, y según quién sea el personaje Siluetas... bueno, hay muchos. Y para música, sin dudarlo y desde hace 20 años, Cuando los elefantes sueñan con la música, de Carlos Galilea, mi crítico musical favorito, estoy enamorada de su voz, de su programa, de la música que escoge, de él...
    En fin, viva la radio.
    SdeS

    ResponderEliminar
  3. Nosotros también somos adictos a la radio. Aunque claro, la ventaja que yo tengo es que tejo cuando Jorge se duerme a la teta y me inmoviliza...
    Se ve linda y grande con la chaqueta de su hermana. que rápido crecen... Por Tutatis!!! :)

    ResponderEliminar
  4. Ay, yo no me animo con los podcast porque necesito prestar atención para escuchar y como tengo veinte interrupciones por minuto me parece inviable por el momento, pero todo llegará (y me los apunto todos :) )

    Adijirja, ya verás qué pronto pasas de fase! ;) Gracias por venir de visita

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir