sábado, 3 de abril de 2010

Un pequeno cambio en Abril

proxecto un pequeno cambio

GALEGO

Quería ter feita a entrada para o día 1, pero non me deu tempo.

Que tal vos foi este mes?
Eu cóntovos que a nós o cambio nos foi bastante ben, coas súas vantaxes e as súas desvantaxes: ás veces non nos organizamos a tempo para que nos chegue o pedido completo, o que significa que temos que mercar ó longo da semana de novo ou que esa semana non puidemos facer a compra no grupo de consumo, pero a parte boa é que nos organizamos moito mellor as comidas e comemos moito máis verde case sen nos decatar porque tiramos menos de conserva e conxelador e usamos máis produto fresco de temporada.
En resumo, foi un bo cambio.

Para este mes, o último do noso proxecto, vou intentar poñer en práctica o que preparei ó principio de ano e que coincide coa proposta que nos deixou a nosa especialista Maria Durán .
Intentareino, pero non as teño todas comigo. A primeiros de ano decidín levar unha friameira grande para as compras de peixe no supermercado e evitar (como a última vez) que me envasaran catro peixes individualmente en cadansúa bolsiña... bufff, case me dá un mal. Ademáis, para as compras de verduras, froitas e hortalizas, como cando imos mercar o facemos nunha grande superficie decidín levar unhas bolsas de malla que se venden normalmente para lavar prendas de roupa separadas na lavadora. O caso é que xa as levei un par de veces e na froitaría me dixeron que tiñan que avisar ó de seguridade (Atención, atención!! Muller armada con tupper e bolsas de rede!!! Especie rara e mooooooooi perigosa!!! :DDD) supoño que porque era un axente externo extrano e tiña que dar o visto bo. As rapazas non me puxeron máis pegas que as de que a vindeira vez xa estarían avisados de deixarme pasar e que con avisalas para que me tarasen a pesa coa bolsa antes xa estaba, incluso unha delas me se interesou polas bolsas e me preguntou onde as mercara. Pero xa se sabe nos sitios grandes, na seguinte vez non estaba a mesma rapaza e dixo que non e punto, non houbo máis que falar nin ganas que tiña eu que abondo tiña con conter ás pequenas, así que o asunto quedou en suspenso, pero creo que agora co pulo que nos deu María, podo voltar a intentalo de novo con forzas renovadas, e a ver que pasa.

set de compra

E vós que facedes este mes?
Mazáns verdes e vermellas

Lembrade que o día 23, día da Terra, faremos un repasiño de todo o que fixemos por ela pra celebralo.

----------------------------------------------------------------------------------------

CASTELLANO

Quería tener la entrada lista para el día 1, pero no me dio tiempo.

¿Qué tal os fue el mes de marzo?

Yo os cuento que a nosotros el cambio nos fue bastante bien, con sus ventajas y sus desventajas: a veces no nos organizamos a tiempo para que nos llegue el pedido completo, lo que significa que tenemos que comprar a lo largo de la semana de nuevo o que esa semana no pudimos hacer la compra en el grupo de consumo, pero la parte buena es qu enos organizamos mucho mejor las comidas e comemos mucho más verde casi sin enteranos porque tiramos menos de conserva y congelador y usamos más producto fresco de temporada.

Para este mes, el último de nuestro proyecto, voy a intentar poner en práctica lo que preparé a principio de año y que coincide con la propuesta que nos dejó nuestra especialista Maria Durán .
Lo intentaré, pero no las tengo todas conmigo. A primeros de año decidí llevar una fiambrera grande para las compras de pescado en el supermercado y evitar (como la última vez) que me envasaran cuatro peces individualmente cada uno en su bolsita... bufff, casi me da un mal. Además para las compras de verduras, frutas y hortalizas (que ya son menos), como cuando vamos a comprar lo hacemos en una gran superficie, decidí llevar unas bolsas de malla que se venden normalmente para lavar prendas de ropa separadas en la lavadora. El caso es que ya las llevé un par de veces y en la frutería me dijeron que tenían que avisar al de seguridad (Atención, atención!! Mujer armada con tupper y bolsas de red!! Especie rara y muuuuuuuuuuuuuuuuuy peligrosa!!! :DDD), supongo que porque era un agente extraño y tenía que darle el visto bueno para poder pasarlo por caja. Las chicas no me pusieron más pega que las de que la siguiente vez xa esterían avisados para dejarme pasar y con avisarlas para que me tarasen la báscula con la bolsa antes ya estaba (cada bolsa peso unos 20 gr. mientras que las de plástico que proporcionan ellos pesan aprox.2gr), incluso una de ellas se interesó por las bolsas y me preguntó dónde las había comprado, supongo que por curiosidad. Pero ya se sabe lo que pasa en los sitios grandes, la siguiente vez no estaba la misma dependienta y dijo que no y punto, no hubo más que hablar ni yo tenía ganas, que bastante tenía con contener a las niñas, así que el asunto quedó en suspenso, pero creo que ahora con el empujoncito que nos dio María, puedo volver a intentarlo con fuerzas renovadas, y a ver qué pasa.

set de compra

Y vosotros (vosotras) que hacéis este mes?
Mazáns verdes e vermellas


Recordad que el día 23, día de la Tierra, haremos un repaso de todo lo que hemos hecho por ella para celebrarlo.

10 comentarios:

  1. umms, envasaron cada peixe? soio comprar na praza, envasados individualemente cómproos conxelados. Vaia rollo co de malla, ums, eu non fixen demasiado, ben, ti sabes tanto que choveu aí atrás? recillín a auga en baldes para regar. Algo fago pero a estas horas non caio que contarche, ben, eu sigo co meu carriño tipo avoíña, pero logo boto de menos as bolsas para o lixo... bcs

    ResponderEliminar
  2. Pois eu este mes, adiqueime de cheo no Insti a non facer copias por unha soa cara cando era viable copiar a doble cara... ademáis creei algo de conciencia en nais/pais e nen@s sobre o tema "los trabajos se hacen a solo una cara" quen inventaría esta estupidez???? así que adiqueime a explicar por escrito neste tipo de traballas de follas a unha soa cara que pasaría se nos quedaramos sen árbores... en fin conciencia de reciclaxe de papel, aquí che deixo a entrada :) pensarei a deste mes, a ver que fago...

    http://fasedoira.blogspot.com/2010/03/usemos-los-folios-por-las-dos-caras.html

    ResponderEliminar
  3. Pois a nós foinos ben, gústanos o de coller auga na fonte, aínda que esto das R..é unha loita continua coa nosa memoria, esquecer as botellas en Lugo...saír de mercar pan e acordarme de que levaba a bolsa de tea no bolso!! etc...pero así exercitamos as neuronas..
    Para Abril como estamos a reformar o piso novo pois imos facer un esforzo de non esquecer os pequenos cambios, levamos cascallos ó punto limpo, que por certo a rapaza que traballa alí pensamos que está desexando recibir visitas...pasámonos dos 25 Kg que é o máximo, pero levamos os dous carnets e non houbo problema, tamén estamos xuntando cousas para tirar e chamaremos a urbaser para que nolo recollan un día....
    e intentaremos colocar bombillas e iluminación pensando sempre no aforro enerxético...imos ver que tal vai a cousa....
    un biquiño
    rosana

    ResponderEliminar
  4. Olivia, pénsao ben, as bolsas chegan furadas e non valen a metade das veces, non as botes de menos, qeu só son bolsas de plástico ;) Un biquiño guapa.

    Fasedoira xa te engadira no mes de marzo ;) Agardo logo polo proxecto deste mes.

    Rosana, si, parece que supón máis esforzo emntal, pero supoño que só é unha cuestión de costumes, a que non che parece un esforzo ter que coller o móbil, a carteira e as chaves para saír de casa? Pois a min si, case sempre deixo dúas das tres cousas na casa, iso si, as cousas da compra as levo permanentemente no coche, para non me esquecer, e na mochiliña que cargo a diario levo un par de bolsas de tea para as compras imprevistas ;) É cuestión de costume, xa verás.
    Que guai! Pisiño novo! Pois non sei como teredes, pero aproveitando podedes ter en conta máis detalles deses, que despois se van deixando e xa que comezades igual dá menos galvana: colocar reductores de caudal nas billas, mecanismos de doble descarga ou descarga interrumpible nos váteres, facerlle o sitio a todos os recunchos de reciclaxe,... que tal o xabrón para os pratos? Se gardades o aceite e o mesturades con sosa en vez de levalo ó punto limpo podedes ter lavalouzas bo, barato e acolóxico,... ;) Seguimos falando.

    ResponderEliminar
  5. A nós o cambio do mes de marzo foinos ben, o certo e que era sinxeliño.
    Tamén decir que deixei de utilizar un deterxente case específico para fregar o chan e outro para a vitrocerámica, descubrín que o chan queda perfeto co deterxente que usamos para a lavadora e para a vitro sírveme o dos pratos perfetamente tamén.
    Agora para o mes de abril imos aló co das bolsas, teño un montón de bolsas na casa dende fai un tempo asique toca cambiar o chip, teño que meter unha bolsa pequena no meu bolso, no coche xa están as mais grandes.
    bicos
    Mary

    ResponderEliminar
  6. Pois nos esquecemos o carro de compra a metade das veces...imos ter que por máis atención...seguimos este mes facendo ben o do mes anterior...mmm. E con esto de que acabamos de volver das vacacións nin nos demos conta do cambio de mes, nos pensáramos nada novo, pero penasarémolo...

    ResponderEliminar
  7. tomo nota Raquel :O)
    Pois en canto ó xabrón cando podas pásame a receita, porque aceite usado temos e ademais do que ti comentabas é menos agresivo coas mans, vou meditar se son quen de facelo....
    E o de facer recunchos para a reciclaxe estamos dándolle voltas, porque a cociña xa estaba posta e temos que facerlle sitio a 4 caldeiros, que sexan cómodos de utilizar e ademais que deixen espazo vital. Se tedes algunha idea de caldeiros cómodos e chulos que haxa no mercado, non me importa gastar un pouquiño niso...e mentres o que pensaba facer é pedir ó concello dous deses azuis e amarelos que repartían hai tempo de balde....
    falamos
    graciñas e un bico...
    rosana

    ResponderEliminar
  8. Rosana! pois mira, eu tamén teño pouco espazo, así que atopei esta solución de contedores apilables. Poñense uns enriba de outros e ocupan moi pouquiño. Podes velos nesta páxina; este e outros modelos:
    http://www.alquienvas.com/cat_gral/contenedores_domesticos/16

    Saudos :)

    ResponderEliminar
  9. Ai! Eses contenedores son os que temos nós na casa, nós mercamos o armario de catro caixóns, o da foto da entrevista, pero eu recoméndovos mercalo de madeira se podedes porque o noso o cargamos moito e descuadrouse un pouco e abre mal, e ademáis, isto igual é cousa nosa porque temos o compost, entón para encher o doorgánico fáisenos moi grande, tardamos unah semana en enchelo, máis ou menos.
    Así e todo eu estou super orgullosa do meu "lixeiro" :D e non o cambiaba por nada. En Lugo vinos en Domus, pero hai tempo.
    Do xabrón, eu sempre busco de novo por internet cando o vou facer porque nunca me lembro, pero é moi sinxelo, sosa, auga, aceite e remexer :) Algunha vez lle botamos aceite esencia de limón ó final.

    ResponderEliminar
  10. Olá!
    Aquí outra que se despistou coa fecha... Seguirei votandolle a culpa ás hormonas, hehehe

    Aquí vos deixo o enlace con todo o resumo ;)

    En Francia esto de ser máis ecolóxicos está sendo moi sinxelo. Sei que cando voltemos non ha de ser tanto... Pero todo é levar o modo de facelo ben metidiño na cachola ;)
    Bicos!
    http://mazansverdesevermellas.blogspot.com/2010/04/as-cousas-verdes-que-facemos-xuntos.html

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir