miércoles, 28 de abril de 2010

Saíu o sol e botámonos fora!

Estreamos por fin a nosa mantiña de campo, e foi todo un éxito!! A pesar de que o chan aínda fica húmido das noites frescas protexeunos o cú debidamente :D

25042010-IMG_7978

Máis sol / más sol / more sun

Por fin

25042010-IMG_8054

Ata a Olivia lle pareceu boa idea vir tomar o sol na que ata agora foi o seu colchón dentro da casa (non sei que tera esta mantiña que lle encanta)

25042010-IMG_8066

25042010-IMG_7992

25042010-IMG_8008

A verdade é que ó facela no medio do inverno quedoume a ilusión de usala reservada para agora, e senta tan ben!

A semana pasada estaba a facer outra coas mesmas sabas pero esta vez sen recheo, coa idea de levala sempre no coche e poder usala nas saídas improvisadas e tamén nas planificadas, pero nunha parada a media tarde (sempre fago as cousas de cinco en cinco minutos) a máquina dixo que non andaba máis. Teminme o peor, e confirmouse cando ó levala a amañar me dixeron que o amaño custaría case tanto como a propia máquina, así que agora estamos á espera da máquina da avoa Olga, que nola empresta amablemente mentres vemos de atopar a solución definitiva.

E agora que non hai máquina: teño a mantiña a medio facer, necesitamos máis cueiros e cobertores (aínda teño que vos amosar os últimos que fixemos), só se me acordan cousas para coser,...

Así que para esquecelo un pouco, mellor saír fora aproveitar o solciño...

Loving flare...

25042010-IMG_8081 copia

... e se nos esquece de todo :)

1 comentario:

  1. Encantadora a mantiña e as fotos. Dá gusto pórse ao sol, logo de tantos meses tapados e á sombra...
    Que o disfrutedes.
    bicos

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir