sábado, 3 de abril de 2010

Que se vai

Que medra, que se fai grande, que se vai... de verdade.
Que di esta muller? De que fala? E que horas son estas de escribir entrada ningunha?

Aix, as dualidades de ser nai, de novo.

A Z., a miña pequena Z. se fixo grande e decidiu toda resolta e feliz que hoxe iría durmir fora por primeira vez, cos avós, fora da nosa cama, fora da nosa casa, e a hora e media de camiño nada menos.

:)

Estou orgullosa dela, de vela medrar e facerse forte, de ver que dá pasos ó seu ritmo e cando ela o decide, estou feliz porque se fai unha personiña máis grande...

Z

... pero hoxe non podo evitar sentir que me falta un anaquiño.

:´)


Nota: non me esquezo do pequeno cambio de abril, a ver se mañá teño a entrada completa, que o 1 foi festivo ;)

3 comentarios:

  1. Olá;son Patricia.
    Quería comentar( creo que non o dixera) que o noso cambio de marzo foi lavar a roupa sen deterxente.
    Merquei unha ecobola de esas,e queda a roupa exactamente igual de pouco limpa que cos deterxetnes mais caros ;oDD.
    En Abril comezamos cos envoltorios de bocatas reutilizables, que chegaron xusto a tempo para empezar hoxe o cole.
    Son chulísimos.
    Foron dous bos cambios :o)
    Bicoss

    ResponderEliminar
  2. Anda, non sabía que mercaras a ecobola, non, por que non copias o comentario na entrade de marzo ou de abril para que non se perda?
    Que guai o dos bocatas! :)

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Eva,
    me encantan estas fotos de Z, creo que tiene unos ojos que lo dicen todo.
    Felicidades a ella por ser tan bonita y a ti por las fotografias.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir