sábado, 24 de abril de 2010

Proxecto un pequeno cambio: O grande cambio!

Galego

Gústame escribir no blogue cando teño ganas, cando teño tempo e cando teño algo que me apetece contar. Non me gusta sentilo como unha obriga nin pedir desculpas por non facelo, pero esta vez descúlpome porque dixen que faría un post resumo do proxecto que eu comecei, o día da Terra, e o xoves xa pasou e non había trazas da entrada por ningures.
Cada vez teño máis cousas que facer diante do ordenador e menos tempo para facelas, así que ás veces pasan estas cousas, pero supoño que non serei a única á que lle falta o tempo, así que seguro que o comprendedes ;)

Bueno, e dito isto, non vou deixar de contarvos que tal nos foi co proxecto deste mes. Se lembrades, a nosa idea era intentar reducir non só as bolsas de plástico da compra grande senón tamén as pequenas da froitaría e a peixaría. Despois dos intentos fallidos antes deste mes teño que dicir que foi todo un éxito, quitando algún día que esquecemos o pack na casa, a verdade é que o usamos en supermercados grandes e pequenos e non puxeron pega ningunha desta vez, incluso unha das rapazas da froitaría nos recoñeceu de inmediato e nos dixo que xa falara cos de seguridade e que non había problema ningún en levar a bolsa. Pero, houbo algún pequeno inconvinte que quita as ganas. Neste hipermercado hai varias pesas funcionando ó mesmo tempo, pero son as dependentas as que pesan a froita, así que tivemos que pedirlle a unha delas, que era a que estaba naquel momento) que nos tarara unha coa nosa bolsa (pesan uns 20gr) e así o fixo aínda que nos advertiu de que a máquina igual non taraba cantidades tan pequenas (de canto en canto nos cobran entón?), pero cando volvimos coa bolsa chea de froita a pesa se destarara e a rapaza tivo que quitar toda a froita da bolsa, volver tarala e volvela meter. Isto bota un pouco para atrás, sobre todo cando tes ó resto da xente mirando con cara de "esta tía que fai" mentres agardan coas súas bolsas de froita na man e se lles vai torcendo o xesto. Sobrevivimos, iso si. E nos outros supermercados, onde cada un pesa a súa froita nos resultou moito máis doado: puxemos a froita directamente na bandexa e cando sacamos a etiquetiña a fomos metendo na bolsa, incluso froita de varios tipos diferentes. Así que en realidade neste caso a bolsa de rede non sería necesaria, pero axuda para que na caixa vexan o que levas. Nestes casos nin sequera preguntaron nin lles pareceu raro, igual hai máis xente que o fai? :)
O do peixe fíxome moita gracia porque as pescadeiras, por dúas veces lles pareceu extrañisimo que quixeramos meter dous tipos de peixes diferentes no mesmo recipiente, a que é gracioso? :)


E só quero agradecervos a todas a participación ó longo do proxecto e que vexades TODO o que fixemos pola nosa Terra cos nosos pequeniños cambios, que é así como se logran os grandes: unindo moitos pequenos esforzos.

Un pequeno cambio en febreiro.
Un pequeno cambio en marzo.
Un pequeno cambio en abril.

Así que, aínda que nós xa rematemos anímovos a continuar facendo pequenos esforzos e pensando e toda a xente que coma vós os estará a facer tamén, a min ata se me pon un sorriso na cara e todo.

Se fixestes algo e vos quedou por contar non deixedes de dicirmo, que eu qeuro sabelo, eh? :)

E se queredes ler todas as entradas do noso proxecto non tendes máis que pinchar na etiqueta proxecto un pequeno cambio, na coluna esquerda ou ben ó final de calquera destas mensaxes.

Déixovos cun momento de inspiración da nosa Z. cando me acheguei onda ela e me dixo: "Éste é o noso planeta, aquí é onde vivimos nós"

o noso planeta

Eu pregunteille "e como se chama?"
Z.- ... "O Noso Planeta", chámase así porque ese é o seu nome

:)

.........................................................................................................................

Español

Me gusta escribir en el blog cuando tengo ganas, cuanto tengo tiempo y cuando tengo algo que me apetece contar. No me gusta sentirlo como una obligación ni pedir disculpas por no hacerlo, pero esta vez me disculpo porque dije que haría un post resumen del proyecto que yo comencé, el día de la Tierra, y el jueves ya pasó y no había rastro de la entrada por ningún sitio.
Cada vez tengo más cosas que hacer delante del ordenador y menos tiempo para hacerlas, así que a veces pasan setas cosas, pero supongo que no seré la única a la que le falta el tiempo, asi que seguro que lo entendéis ;)

Bueno, y una vez dicho esto, no voy a dejar de contaros que tal nos fue con el proyecto de este mes. Si recordáis, nuestra idea era intentar reducir no sólo las bolsas de plástico de la compra grande sino también las pequeñas de frutería y pescadería. Después de los intentos fallidos antes de este mes tengo que decir que fue todo un éxito, quitando algún día que nos olvidamos el pack en casa, la verdad es que lo usamos en supermercados grandes y pequeños y no pusieron ninguna pega esta vez, incluso una de las chicas de frutería nos reconoció de inmediato y nos dijo que ya había hablado con los de seguridad y qeu no había ningún problema en llevar la bolsa. Pero, hubo algún pequeño inconveniente que quita un poco las ganas. En este hipermercado hay varias básculas funcionando al mismo tiempo, pero son las dependientas las que pesan la fruta, así que tuvimos que pedirle a una de ellas, que era la que estaba en aquel momento, que nos tarara una bolsa (pesan unos 20gr) y así lo hizo aunque nos advirtió de que la máquina igual no taraba cantidades tan pequeñas (de cuánto en cuánto nos cobran entonces?), pero cuando volvimos con la bolsa llana de fruta la báscula se había destarado, y la chica tuvo que quitar toda la fruta de la bolsa, volver a tararla y volver a meter la fruta. Esto echa un poco para atrás, sobre todo cuando tienes al resto de la gente mirando con cara de "esta tía que hace" mientras esperan con sus bolsas de fruta en la mano y se les va torciendo el gesto. Sobrevivimos, eso sí :-P. Y en los otros supermercados, en donde cada uno pesa su fruta nos resultó mucho más fácil: pusimos la fruta directamente en la bandeja y cuando sacamos la etiqueta la fuimos metiendo en la bolsa, incluso fruta de varios tipos diferentes. Así que en realidad en este caso la bolsa de red no sería necesaria, pero ayuda para que en la caja vean lo que llevas. En estos casos ni siquiera nos preguntaron ni les pareció raro, igual hay más gente que lo hace? :)
Lo del pescado me hixo mucha gracia porque a las pescaderas, en dos ocasiones, les pareció extrañisimo que quisiéramos meter dos tipos de peces diferentes en el mismo recipiente, a que es gracioso? :)


Y sólo quiero agradeceros a todas la participación a lo largo del proyecto y que veáis TODO lo que hicimos por nuestra Tierra con nuestro pequeñitos cambios, que es así como se logran los grandes: uniendo muchos pequeños esfuerzos.

Un pequeno cambio en febreiro.
Un pequeno cambio en marzo.
Un pequeno cambio en abril.

Así que, aunque nosotros xa terminemos os animo a continuar haciendo pequeños esfuerzos y pensando en toda la gente que como vosotros los estará haciendo también, a mí hasta se me pone una sonrisa en la cara y todo.

Si hicísteis algo y se os quedó por contar no dejéis de decírmelo, que yo quiero saberlo, eh? :)

Y si queréis leer todas las entradas de neustro proyecto no tenéis más que pinchar en la etiqueta proxecto un pequeno cambio, en la comuna de la izquierda o bien al final de cualquiera de estos mensajes.

Os dejo con un momento de inspiración de nuestra Z. cuando me acerqué junto a ella y me dijo: " Éste es nuestro planeta, aquí es donde vivimos nosotros"

o noso planeta

Yo le pregunté "y cómo se llama?"
Z.- ... "Nuestro planeta", se llama así porque ése es su nombre.

:)

1 comentario:

  1. Pois eu inda que non o publiquei conseguín convender a miña parella de non mercar máis infusións en Mercadona, non porque non nos encanten senon porque cada infusión ven nun sobre de plástico! imaxínate canto plástico enc ada caixa! así que agora cambiamos de sabores...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir