lunes, 1 de marzo de 2010

Un pequeno cambio en Marzo

proxecto un pequeno cambio

Galego

Xa pasou un mes! Como vos foi co voso cambio de febreiro? Resultouvos doado ou non tanto? Cumplistes os obxectivos? Escribide sobre iso nos vosos blogues e sobre o cambio que faredes neste mes de marzo se vos animades a continuar, e deixade o enlace nos comentarios desta entrada, ireivos engadindo no listado. Para os que non teñen blogue, xa sabedes que nolo podedes contar igualmente nos comentarios.

O noso proxecto do mes de febreiro de cambiar ós panos de tea foi todo un éxito. Das nosas sabas vellas fixemos moitos panos novos, o único malo é que non tiven tempo de rematalos todos, pero pouco a pouco van indo, e cos que cosín ben amañamos todo o mes (que finalmente non foi unha gran mocada).

sen rematar

algúns dos rematados

Ós tíos Hugo e Isma se lles puxeron os ollos coma pratos cando viron que os nosos panos eran antes as súas sabas :D

Ademáis démoslle función a esta bolsiña que agora colga do tirador da porta máis transitada da casa e onde podes meter a man para coller un pano. Non foi difícil. Agora quédanos seguir cosendo con calma.

bolsiño de panos

Para o mes de marzo o noso pequeno cambio é apuntarnos no grupo de consumo responsable da nosa localidade. Se tedes interese, na páxina de Zocamiñoca podedes saber algo máis sobre o funcionamento deste grupo e coñecer os demáis grupos da nosa comunidade, por se algún vos quedase preto.

E vós que? Xa sabedes o que ides facer este mes? Necesitades inspiración?
Déixovos un par de enlaces por se sacades algunha outra idea.

-La historia de las cosas (The story of stuff) é un vídeo moi sinxelo e de só vinte minutiños que pode ser moi clarificador. Déixovos aquí o vídeo de youtube doblado ó español, pero recoméndovos que o vexades na páxina oficial subtitulado (baixade un pouco e dádelle ó botón laranxa que hai na coluna da esquerda, o vídeo ten máis calidade e podedes descubrir máis cousiñas no blogue) ademáis na páxina nos anuncian novos vídeos para dentro de pouco.



- Outra guía de consumo, esta vez de Greenpeace con algunhas ideas novas que seguro vos poden servir.
Guía de consumo Actúa

E ademáis, visitando os vosos blogues o mes pasado descubrín que había algunhas dúbidas respecto as accións así que estade atent@s estes días porque teremos a colaboración dunha experta no tema que vos respostará ás vosas dúbidas, así que plantexádeas tamén nos comentarios desta entrada, sen vergonña, vale?

Este mes participan no proxecto:
Mazáns verdes e vermellas
Como un ramo cativo de nenos (e o segundo reto)
Las cerezas de Pipa
En mil batallas
Diario de los granjeros
Cuatro en la cama
Todomundopeques
El Nido de Octavio
..........................................................................................................................................

Español

¡Ya pasó un mes! ¿Cómo os fue con vuestro cambio de febrero? ¿Os resultó fácil o no tanto? ¿Cumplísteis los objetivos? Escribid sobre eso en vuestros blogs y sobre el cambio que haréis este mes de marzo si os animais a continuar, y dejad el enlace en los comentarios de esta entrada, os iré añadiendo en el listado. Para los que no tenéis blog, ya sabéis que nos lo podéis contar igualmente en los comentarios.

Nuestro proyecto del mes de febrero de cambiar los pañuelos de tela fue todo un éxito. De nuestras sábanas viejas hicimos muchos pañuelos nuevos, lo único malo es que no tuve tiempo de rematarlos todos, pero poco a poco irán estando listos, y con los que cosí nos arreglamos bien todo el mes (que finalmente no fue unha gran mocada).

sen rematar

algúns dos rematados

A los tíos Hugo e Isma se les pusieron los ojos como platos al reconocer en nuestros pañuelos sus viejas sábanas :D

Además le dimos función a esta bolsita que ahora cuelga del tirador de la puerta más transitada de la casa y donde puedes meter la mano para coger un pañuelo. No fue difícil. Ahora nos queda seguir cosiendo con calma.

bolsiño de panos

Para el mes de marzo nuestro pequeño cambio es apuntarnos en el grupo de consumo responsable de nuestra localidad. Si tenéis interés, en la página de Zocamiñoca podéis saber algo más sobre el funcionamiento de este grupo de A Coruña y conocer los demás grupos de nuestra comunidad, por si alguno os quedase cerca.

¿Y vosotros qué? ¿Ya sabéis lo que vais a hacer este mes? ¿Necesitáis inspiración?
Os dejo un par de enlaces por si sacáis alguna idea nueva.

-La historia de las cosas (The story of stuff) es un vídeo muy sencillo y de sólo veinte minutos que puede ser muy clarificador. Os dejo aquí el vídeo de youtube doblado al español, pero os recomiendo que lo veáis en la página oficial subtitulado (bajad un poco y dadle al botón naranja que hay en la columna de la izquierda) el vídeo tiene más calidad y podéis descubrir más cositas en el blog, además en la página nos anuncian nuevos vídeos para dentro de poco.



- Otra guía de consumo, esta vez de Greenpeace, con algunas ideas nuevas que seguro que os pueden servir.
Guía de consumo Actúa

Y además, visitando vuestros blogs el mes pasado descubrí que había algunas dudas respecto a las acciones, así que estad atent@s estos días porque tendremos la colaboración de una experta en el tema que resolverá vuestras dudas, así que planteadlas también en los comentarios de esta entrada, sin vergüenza, ¿vale?

Este mes participáis en el proyecto:
Mazáns verdes e vermellas
Como un ramo cativo de nenos (y el segundo reto)
Las cerezas de Pipa
En mil batallas
Diario de los granjeros
Cuatro en la cama
Todomundopeques
El Nido de Octavio

20 comentarios:

  1. Xa nos apuntamos! Estaba escribindo a entrada cando tí publicaches a túa, hehehe

    biquiños!

    ResponderEliminar
  2. http://mazansverdesevermellas.blogspot.com/2010/03/o-proxecto-de-marzo.html

    esqueciaseme o link!s

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Cris :-)

    No meu cambio de febreiro foime moi ben. Pero é que fago "trampas", para non agobiarme o que me está funcionando ben é ir metendo cambios varios en fase de probas durante o mes anterior. E así vou vendo cal non é realista neste momento, etc.

    Así que o dito, o cambio de febreiro, como xa estaba conseguido de xaneiro, pois vai sobre rodas (era non usar máis suavizante na ropa)

    Este mes teño dúas cousas, unha de máis peso e outra sinxeliña de todo (por facilona non a catalogo como cambio do mes a ela soa). Un: volver a reciclar o papel. Na nosa zona os contedores de reciclaxe están a tomar vento (máis dun km). Salvo o de vidro que o temos na porta, o resto están alá no cú do mundo. Houbo unha tempada que levaba o lixo no coche, pero é inviable polo cheiro de non sacala todos os días, andar poñendo papeis no coche para non manchar, puaj! O caso é que como era un obxectivo demasiado ambicioso mandei o reciclaxe todo a tomar polo cú (moi propio de mín). Salvo o vidro, claro. Bueno, pois ó longo deste mes volvín xuntar o papel e o cartón, que non tiña nome botalo co lixo todo cando nin ule, nin abulta, nin atrae ós ratos, nin nada. Xunto e o levo unha vez á semana.

    Ese é o cambio oficial de marzo. O pequeniño é que deixei de mandarlle a merenda do cole á Alicia en envases desbotables (plástico, aluminio) e mándolle todo en tupers pequeniños. Xa sempre o fixen, pero algún día había que non atopaba un pequeno, ou o que fora, e agarraba un cacho de albal. Agora xa non, sempre en envases retornables :-)

    E o que dis da experta que resolve dúbidas, mola :-D pero non sei se te refires a ecodúbidas en xeral ou ó tema de consumo (no que eu progreso tamén, se cadra para abril ou maio oficialice algo). Se é xeral, eu quero saber sobre o tema das bombillas de baixo consumo. Xa fun dúas veces á tenda de electricidade disposta a cambiar todas as da casa, e o pavo me dí que en zonas "de paso" non compensa. É decir, que en escaleira, pasillos, baños, en sitios onde a luz non está encendida máis de dez ou quince minutos non merece a pena poñer baixo consumo (!!) Quero saber se se lle vai a pinza ou ten razón.

    Perdón polo tochocomentario :-P

    ResponderEliminar
  4. Bailadora, que gustiño vervos! xa vos apunto!

    Cris, cantos avances! O pequeniño a min non me parece tan pequeniño, o papel de aluminio é unha desgracia medioambiental, así que só un que se aforre xa é moito.
    A experta sabe de todo, e o que non sabe o pregunta que ten moitos "contactos" :D

    ResponderEliminar
  5. Son breve pero excepto un día que me esquencín :( a cousa parece que vai...
    http://fasedoira.blogspot.com/2010/03/eu-levo-bolsa-compra.html

    ResponderEliminar
  6. Pois a experiencia de usar panos de mesa foi moi positiva, revivimos a infancia en moitos aspectos, recuperamos os "servilleteros", recordamos como se facía cun pano de mesa unha boneca e mesmo un suxeitador, porque non teño blog que se non vos facía un tutorial :O)
    O noso proxecto para marzo que xa inauguramos en febreiro será consumir auga de fonte. Empezamos collendo dunha fonte que hai en Marín , na Torre, onde naceu o avó Antonio, chámase fonte Bieita, e a auga está moi boa, porque parece que é moi profunda, escollímola por iso e porque non ten casas preto, que alí é algo ben difícil.
    E polo de agora seguimos todos moi motivados e contentos de seguir dando pasiños.....
    En canto as dúbidas eu teño bastantes...por exemplo eu tendo a botar no contenedor do plástico todo o que pareza recliclable, pero Calviño pensa que hai que ser máis selectivos co contenedor amarelo que non todo vale....que opinades!!

    ResponderEliminar
  7. Hola.

    Este mes también nos apuntamos. Aquí. Estoy deseando conocer a esa experta.

    1beso.

    ResponderEliminar
  8. Este mes también participo. Aquí os dejo el enlace. http://enmilbatallas.com/2010/03/02/proyecto-un-pequeno-cambio-marzo-2010/

    ¡¡saludos!!

    ResponderEliminar
  9. nos tamen seguimos!o reciclaxe que empezamos o mes pasado xa está controlado; o de "reducir" vai ser un pouco mais complicado. Polo de pronto para este mes o noso cambio e comprala auga en garrafa e vertela nunha xerra de cristal e desta forma suprimimos as 6 botellas de plastico, esto vale non?

    P.D.: eu tamen recordo esa saba de liñas verdes con florciñas...que nostalxia ;-)

    ResponderEliminar
  10. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  11. Sigo, sigo!!
    Sòlo que esta semana me ha sido imposible subir la entrada...Pero logrè varios cambios y ya tengo el plan para marzo en marcha.
    Vuelvo en cuanto pueda hacer mi entrada en el blog.
    =)

    abrazo verde!

    ResponderEliminar
  12. Olá a tod@s ; teño unha dúbida ...en que podo envolver os bocatas dos nenos para o cole que non sexa aluminio , o film de plástico é igual de malo ou peor...non?
    Eque realmentegasto moito de eso :o( ,pero non sei en que envolver o bocatassenons, xa os levan en bolsiñas de tea...
    PatriciaL

    ResponderEliminar
  13. Pois nos...podemos dicir que un 99% de apagar o móbil pola noite e...un 85% do ordenador...seguimos traballando...E para este mes...levamos o carro da compra ó super...pero a verdura, froita... seguímola metendoa nas bolsas pequenas que despóis se reutilizan unha soa vez :-)(coas cadelas...)

    Eu diría que polo menos o film non ten aluminio (que pode pasar ós alimentos ácidos...ademáis do medio ambiente)...
    Ideas: eu leveino sempre en servilleta de papel(e eran cutres...)e sigo leváandos, pódense facer tamén coas de tea...e se é moi pringoso pódese buscar un tuper tamaño bocadillo para que axuste ben...
    Espero que vos sirva...
    Tia Rita

    ResponderEliminar
  14. Aquí llegamos nosotros, lentos pero seguros.
    1beso.
    http://diariodelosgranjeros.blogspot.com/2010/03/un.html

    ResponderEliminar
  15. Ola, sinto non haber escrito antes, levo uns días atareadiña.
    Bueno cóntovos, o proxecto do mes de febreiro noso era o stand-by e que non estivesen as luces prendidas nas habitacións cando non estamos nelas. O stan-by esta controlado so se nos esqueceu un día o ordenador prendido. As luces parece que nos consta un pouco mais pois entre que a miña A lle encanta xogar nas chaves e algunha vez queda algunha prendida un tempo ata que me decato e a miña Z ai veces que se despista, tamén o meu A que para iso son ben parecidos. De todas formas coido que melloramos moito, antes pasaban uncluso horas.
    Este mes de marzo decidimos que a merenda de Z iria en tuppers, dende o ano pasado non lla mandaba nestes porque tivera un problema coa mestra(non lle abria os tuppers e paseime o aluminio) agora atopamos unhos que os abre fácilmente ela soa. Xa vos contaremos pero ata o de agora isto vai vento en popa.
    Preguntiña, eu tamén necesito que a experta me fale dos residuos do contenedor amarelo, por exemplo o meter latas de conseva, se levan algún tipo de residuo como poder ser algo de salsa de tomate e igual de válido ou debería ir o contenedor orgánico?
    Mary

    ResponderEliminar
  16. Más vale tarde que nunca...por fin hice la entrada que tenía pendiente =)

    http://cuatroenlacama.blogspot.com/2010/03/un-pequeno-cambio-marzo.html

    un beso y gracias por la inspiración!

    ResponderEliminar
  17. Ya estamos aquí, esta es la entrada que publiqué por fin el otro día con el asunto del proyecto, aquí seguimos, te pongo el enlace directo: http://todomundopeques.blogspot.com/2010/03/ya-paso-un-mes.html
    Gracias por el seguimiento, es un acicate para currarselo un poco más cada día.

    ResponderEliminar
  18. Hola!Aunque ya está marzo, me uno con mucho gusto a esta iniciativa, aunque hace ya tiempo que soy conciente de construir grandes cambios a partir de pequeños pero significativos cambios desde nuestro entorno, nuestra casa, nuestro nido. Yo este mes tengo el firme propósito de que mi niño use únicamente pañales de tela, reduciendo al máximo el uso de desechables. Además estamos haciendo otras cosas en nuestra vida cotidiana, que ya les contaré en mi blog. Muchos saludos desde México y los invito a conocer "El Nido de Octavio"

    ResponderEliminar
  19. Gracias a todas.

    Yarim, no dejes de pasarte a dejar el enlace cuando lo publiques en el blog, y bienvenida!!

    Os cuento además que la especialista ha recogido ya vuestras dudas, en breve quedarán resueltas!

    ResponderEliminar
  20. Con mucho gusto aquí está nuestro pequeño gran cambio.

    http://zeligsirena.blogspot.com/2010/03/pequeno-cambio-de-marzo.html

    Seguiremos leyendonos. Abrazos dede México.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir