lunes, 29 de marzo de 2010

L'Atelier: un agasallo para gozar

Houbo varias persoas que me preguntaron polo meu agasallo de aniversario: l'atelier de Jackie Rueda. Agora que xa rematou vos podo contar máis cousiñas del.

Aprendese? Si!! Tes que ter tempo para facer fotiños e para ler os comentarios das túas fotos e dos teus compañeiros e apréndese un montón.
Vale moito que non aprendes só "da profe", senón que todos aportamos o que sabemos, ou o que nos parece, aínda que non saibamos e aprendemos uns dos outros. Coñecín unha chea de xente agradable, fixemos un grupiño co que continuar aprendendo e pasándoo ben. E a min ademáis entráronme máis ganas de saber, de avanzar, de facer moitas fotos e de melloralas.

Déixovos algunha mostra das fotos preciosas que vimos no noso taller, algunhas das miñas primeiras opcións para vos amosar eran privadas, así que non puiden, e a pesar de escolelr estoutras 18 quedáronme moitas que me gustan tanto coma estas.

Atelier

1. San Cristobal, 2. mis pequeñas cosas, 3. Espita, 4. Juego#2 [Benavente con nuevos ojos.3], 5. #7 Gracias!, 6. colores y sabores, 7. IMG_5849, 8. Good morning friends!, 9. WESTERN SIDE!

Atelier 2

1. Mirada, 2. Juego#2 [Benavente con nuevos ojos.1], 3. SAGRADA, 4. La cima, 5. Delphine, 6. Juego#3 [tiempo para saborear], 7. Bea_v2b, 8. 2.2, 9. Sevilla_v8c


Estas foron algunhas das miñas aportacións ó taller, coas que aprendín.

o meu mosaico

E direivos que dende entón estou experimentando, e que ademáis é certo que aprendín a ver e a mirar, e que dende entón fixen as que me parecen as fotos máis bonitas ata agora. Agora xa non hai excusa para encher as paredes cos marcos que temos dende hai anos.

... con ganas

4 comentarios:

  1. o palco da música na praza maior ten tantas posibilidades! moitas veces exploradas e nunca suficientemente,non me canso de vela e as fotos dos demais creanme moita curiosidade, eu tamén teño algunha por aí, pero non a definitiva, a túa quedouche ben linda! Non sei se che pasa, cando vou con cámara e me cadra hai demasiada luz ou moi pouca, teríamos que facer unha con chuva e moitos paraugas... bicos... De verdade que antes non sabías mirar, tantos anos coa cámara? creo que tes fotos ben lindas, e imaxino que sobretodo desde que es nai, dubido moito que necestaras moitas leccións, algunha non nos ven mal a ninguén, iso si, bicos. Snif, teño ravelry completamente abandonado, pero o correo sí que o leo.

    ResponderEliminar
  2. Es unha artista (e eu sigo a ofrecerme (interesadamente, claro) como modelo)
    :o*

    ResponderEliminar
  3. Ooohhh! Qué fotos tan bonitas, mis felicitaciones. Estoy pensando en apuntarme a un curso de Jacky Rueda, ya estaba mirando hace tiempo. Como tengo una cutre-cámara y quiero cambiarla por otra con más posibilidades, me atrevo a preguntarte qué cámara utilizas. Aunque me imagino que es más importante tener LA MIRADA y saber ver belleza donde otros ven unas tostadas, pero en fin...
    Un saludo, SdeS

    ResponderEliminar
  4. Olivia, sabía mirar, si, pero aprendín moito máis, de verdade, e decátome de todo o que me falta aínda por aprender, de momento valeume para comprender a luz, e iso deume moitas ganas renovadas. Eu tamén teño o ravelry abandonado, e ata a calceta un pouco, pero non hai tempo para todo, imos por rachas :)

    Aivou grazas! Vale, pois un día quedamos para unha sesión fotográfica, vai pensando o que queres e onde ;)

    SdeS se puden hacer fotos bonitas con una cutre-cámara, pero es más difícil, por lo menos para mí. Yo uso una canon 450D, pero hay un mundo de posibilidades. Desde luego si vas a comprarte una cámara nueva yo te aconsejaría que te la comprases antes y te leyeses el manual para hacerte con ella antes del curso, así que habrá que sacar muuuuuuuuuchas fotos!
    Merece la pena que hagas el curso con la cámara que vayas a usar después, aunque no es imprescindible, y desde luego tampoco tener una réflex.
    Gracias por la visita!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir