miércoles, 31 de marzo de 2010

Explosión creativa e un contiño

Dous días despois daqueles debuxos que voa amosei, a Z agasallounos co primeiro retrato familiar.

Primeiro retrato familiar da Z

Se pinchades na foto podedes ver máis detalles. O caso é que comezou por debuxar un paxaro, e creo que iso nos contaxiou, fixádesvos en que toda a familia somos paxaros tamén? :D Encántame! E por último tivo que nos pintar a todos de rosa, claro :D

Igual vos aburre tanto debuxo, pero para nós son todo novidades e sorpréndeme e marabillame ver como aparecen os detalles nos debuxos, así que aquí vai outro.

E isto que é?

Sabedes o que son? Non? A ver se isto axuda :)

Agora vese máis claro?

Sínto a mala calidade das fotos, fíxenas con presa e sen luz, pero máis vale isto que perder os debuxos. Incrible a elaboración: debuxa-recorta-emparella. Atopeinos todos no chan con cadansúa parella.
Hai un par deles que fixera o día anterior sen ter o modelo ó lado: o crocodilo amarelo e o leopardo vermello e son aínda máis interesantes que as copias, que me pasman cos detalles e me fan poñer un sorriso involuntario.

mosaico debuxos animáis

1. Dúas versións do crocodilo, 2. O ourizo e a égua, 3. A osiña panda, 4. O raposo, 5. dúas versións do leopardo, 6. Coelliño, hipopótamo

E como xa estaredes cansos de debuxiños cóntovos un contiño dun día que pasabamos a carón do Miño cargadísimo de auga.

- Z: Mamá, mira o que está tirado!
- Mamá: O que? Ai, si! Esas árbores no río, non?
- Si.
- Claro, leva tanta forza a auga que as tumbou.
- Que?
- Que hai tanta auga que vai moi forte e deixou as árbores deitadas.
- Para que durmiran??

:D

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir