viernes, 26 de marzo de 2010

A especialista: respostas ás nosas preguntas

Por finnnnnnn!!!
Xa sei, xa sei, case chegou o mes de abril e as preguntas andaban danzando polo aire e vós sen saber onde, pero chegaron a mans (e ollos) da nosa especialista particular e xa temos aquí as respostas que todas (algún home na sala?) agardabamos.

EN GALEGO

Se vos parece imos coa especialista para que ela mesma se presente e nos conte un pouquiño máis de todo iso que queremos saber.

Ola María, levo un mes falando da especialista que nos bota unha man, quéresnos contar un pouquiño de ti e da túa especialidade?


Ola a todas, e gracias en primeiro lugar por contar conmigo para unha iniciativa tan chula coma esta. Parabéns a todas as participantes polos esforzos, dá gusto ver a xente comprometida.

Ben, pois para comezar cóntovos que formo parte do equipo humano da ONG Ecoloxista Amigos da Terra na que levo xa varios anos, e para a que traballo na área de Residuos e Consumo Responsable.
Traballo este eido a través de dúas ferramentas básicas: a educación ambiental e a presión política, e o que pretendemos a través delas é xerar un cambio nas conciencias e crear sociedades máis respetuosas co medio ambiente, xustas e solidarias. (ambicioso a que si!)


Lendo algúns comentarios polos blogs participantes no proxecto vin que temos dúbidas sobre moitos asuntiños, por exemplo en canto ás bolsas de plástico do super a xente se pregunta se non será peor mercar bolsas para o lixo por levar bolsas reutilizables ó super en vez de reutilizar as "bolsas dun só uso" que moitos supermercados aínda dan agora de balde.

En primeiro lugar, seguro que todas somos conscientes de que xeramos unha cantidade moito máis grande de bolsas das que podemos usar, sen contar que moitas delas non poden ser utilizadas para o lixo (ben porque son demasiado pequenas, ben porque chegan rotas e despois pingan..)
Pero respecto á reutilización da bolsa, como bolsa do lixo, nós consideramos que esta chamada “reutilización” (o termo Reutilización debería ser aplicado a aquilo que pode ser utilizado un número elevado de veces) non é senón unha falsa solución ó problema, posto que unha vez no vertedoiro, as bolsas rompen e pasan a formar parte da paisaxe podendo permanecer na natureza ata 500 anos antes da súa desaparición.
O feito de ter que compralas e non dispor delas axuda a limitar non só o noso consumo, se non tamén a frecuencia de sacado do lixo á rúa, podendo facernos así máis conscientes da cantidade e residuos que xeramos e que na actualidade cada día “nos quitan da vista”.


Outra persoa facíase estoutra pregunta: "Que é menos ecolóxico, usar servilletas desbotables ou a auga, xabrón e electricidade de lavar servilletas de tea?" Que se podería extrapolar tamén ós cueiros, compresas, panos de cociña e panos de man.

Pois a resposta é clara, o menos ecoloxico é o usar e tirar. Se utilizas panos de tea, claramente non os vas a lavar todos os días, e por suposto, non faras unha lavadora especial só para eles, aproveitarás ou completarás cando laves máis roupa, polo tanto, a auga vai a ser a mesma; do outro xeito, estas tirando ao lixo cada día como minimo 3 panos por persoa, e non só é tirar, e o que conleva a xestión do lixo, senón que para facer eses panos, fixeron falla moitos recursos e procesos (auga, papel, enerxía, etc). Ademáis, non hai que esquecer que esta proposta, ademáis de ser máis ecolóxica, é moito máis económica. E por suposto, o mesmo para os cueiros, panos de man, etc.

Tamén nos prantexaban dúbidas sobre os libros impresos ou os novos libros electrónicos. Cal é a túa opinión ó respecto?

Sería unha magoa chegar a unha librería, sitios con tanto encanto, con ese cheiro a follas de papel, e atopar un montón de maquinas electrónicas, non?

Dende o punto de vista ecolóxico, penso que ainda non hai ningun estudio formal feito sobre qué consumiría máis recursos, pero se o pensamos, para facer un libro electrónico, é un pouco como o dos panos, precisamos de moitos recursos naturais; sen contar que para fabricar electrónica barata, fai falla xente disposta a facelo por prezos tan baixos.
Unha vez que teñamos ese libro, imaxino que precisará de corrente electrica para poder cargalo, verdade? e dubido que para a saude sexa mellor ler un libro a través dunha pantalla; sen falar da perda de encanto, claro.

De todos xeitos, a mellor opción sempre é utilizar as bibliotecas, alí hai infinidade de libros e máis actuais do que moitas pensan. Tamén é unha boa opción prestalos ou intercambialos, seguro que coñecemos xente co mesmo gusto polos libros que nós e non lles importará nada intercambiárnolos por outro que xa rematáramos. E como última opción, están as tendas de segunda man, cada vez hai máis e adquirindo libros deste xeito estamos contribuindo á segunda das R (reutilizando)...

Coñecedes o documental "La historia de las cosas"? é un xeito moi gráfico de falar da vida de todos os produtos de consumo que nos rodean. Recomendable para grandes e pequenos. (falamos del na entrada de marzo)


Outra das dúbidas que nos prantexa Cris é sobre as bombillas de baixo consumo, copio: "me dí que en zonas "de paso" non compensa. É dicir, que en escaleira, pasillos, baños, en sitios onde a luz non está encendida máis de dez ou quince minutos non merece a pena poñer baixo consumo (!!) Quero saber se se lle vai a pinza ou ten razón." Eu ademais engado outra cuestión persoal, hai pouco lin a alguén a quen se lle rompera unha destas bombillas e que non sabía que facer, seica o gas é tóxico, así que ela dicía que non se podía aspirar, que había que ventilar a casa,... isto é certo? Se é así, hai que depositalas nalgún punto especial para o seu procesado? E tamén, compensa entón a contaminación (se é que contaminan con tóxicos) polo aforro enerxético?

É verdade que respecto ó tema das lampadas de baixo consumo hai un montón de dúbidas e mitos urbanos. Imos unha por unha.

Non é certo que unha lámpada de baixo consumo, consuma máis enerxía se se acende e apaga varias veces, de feito, estas lámpadas, consumen menos mentres van acendéndose, e o mesmo pasa coas fluorescentes, que son outras das que ainda conservan esta fama.
Sin embargo, o acendido e apagado constante disminúe a súa vida útil, por eso cando se decide facer o cambio a estas lámpadas sempre acosnellamos facelo en sitios donde a luz este acendida durante mais tempo( cociña, sala...).

Respecto ao tema do seu perigo cando rompen:

Estas lámpadas, conteñen 2mg de Mercurio (mil veces menos que un termómetro dos de toda a vida, e cen veces menos que o que hai nun tubo fluorescente). É certo que o mercurio produce danos na saude se é inhalado, inxerido ou por tocado; por iso, se unha lámpada rompe, como o mercurio que contén é gaseoso, hai que ter a precaución de abrir as ventás, e recollela rapidamente nunha bolsa de plástico. Pero quizais mais problemático que isto, sexa o non xestionalas ben cando remata a súa vida útil, é importantísimo non tiralas ao contedor xenérico, pero nin as de baixo consumo, nin as incandescentes; as lámpadas deben ser xestionadas por xestores autorizados, por tanto, debemos levalas sempre sempre ao Punto Limpo máis próximo, ou á tenda donde as mercamos (teñen a obriga de recollérnolas).

Como conclusión sobre o tema das lámpadas, simplemente dicir que o uso eficiente da enerxía é a medida máis efectiva a curto prazo para lograr unha redución significativa das emisións de CO2 e doutros gases de efecto invernadoiro, e o paso das lámpadas incandescentes ás de aforro, é unha boa alternativa para comezar. Pero sen esquecer que mellor utilizar a luz natural!


lixo

Agora chega a nosa sección de dúbidas sobre o contedor amarelo :)
Rosana nos di: "En canto as dúbidas eu teño bastantes...por exemplo eu tendo a botar no contenedor do plástico todo o que pareza recliclable, pero Calviño pensa que hai que ser máis selectivos co contenedor amarelo que non todo vale....que opinades!!"
Mari tamén pregunta: "por exemplo o meter latas de conseva, se levan algún tipo de residuo como poder ser algo de salsa de tomate e igual de válido ou debería ir o contenedor orgánico?"

Encántanme este tipo de dúbidas. Comezamos:

O contedor amarelo, e o contedor de "envases" non o do plástico, así que o truco para saber que é o que vai dentro é ver se é un envase ou non. Por exemplo, unha boneca, a pesar de ser de plástico, non vai no contedor amarelo, porque non é un envase, e por tanto, non vai ser reciclada; o mesmo ocorrecon cousas como perchas, bolígrafos, caldeiros de plástico,cds, etc etc.
Entendo a sensación esa da que fala Rosana; eu negábame a pensar que determinadas cousas deberían ir ao xenérico(donde van ser queimadas) e non podían ser reaproveitadas, pero a realidade e que ainda que o botes ao amarelo, se non é envase, non se vai reciclar. O mellor é reaproveitar ao máximo, reciclar o posible, e sobre todo, evitar o inncesario, reducir.

Sobre as latas de conserva , iogures ou botes sen lavar, non te preocupes; o ideal para ecoembes (empresa española recicladora de envases) sería que lle deras os envases lavados, pero antes de reciclar, todo o que vai a ese contedor sométese a un proceso de lavado, así que non te preocupes por mandarlles as latas con salsa de escabeche :)

Unha cousa que si que é importante é, á hora de separar o vidro, quitarlle as tapas ou os corchos, que é algo que interrompe o proceso de reciclado se non se fai, porque cando caen no contedor, soen romper, e se rompen pola boca do tarro ou botella, despois si que xa non se lles poden separar esas partes e rematase por tirar moito vidro que podería ser reciclado.

E por último de momento PatriciaL nos prantexa a súa dúbida sobre o envoltorio dos bocadillos: "Olá a tod@s ; teño unha dúbida ...en que podo envolver os bocatas dos nenos para o cole que non sexa aluminio, o film de plástico é igual de malo ou peor...non?
Eque realmentegasto moito de eso :o( , pero non sei en que envolver o bocatas se non, xa os levan en bolsiñas de tea...
PatriciaL"

Pois mira, papel de aluminio ou film, venche sendo o mesmo, o caso é que dirariamente estamos "usando e tirando", e isto e o que realmente debemos tender a evitar para ser consumidoras máis responsables. Unha boa alternativa é utilizar una fiambreira pequena (taper); agora podes atopalas de todos os tamaños, cores, etc, e son reutilizables ao 100%.
Se te parece moi engorroso, hai outra alternativa moi chula e ecoloxica que sacou unha nai catalana coa mesma inquedanza que a túa; chámase o Boc'n roll, aquí podes atopalo.


E finalmente, gustaríache dicir algo a maiores das nosas dúbidas?

Veña, pois en vez de facer unha conclusión desas de libro, como xa vos din moito a chapa vouvos a facer unha proposta, para ver quen se anima a utilizala como o pequeno cambio de abril.
Trátase de que ademáis de deixar de utilizar bandexas de cocrho branco ou poliexpan no super ou no mercado( so hai que dicir, non me poñas bandexa, grazas! ademais non se reciclan) , levedes o voso propio taper para que vos poñan nel, tanto a carne como o peixe. Estaredes evitando un montón de envases innecesarios que se tiran nada máis chegar á casa, e ademáis é moito máis limpo e cómodo de transportar. Eu xa o fago, e sobre todo, nos mercados, estan encantadas, porque tamén lles estás supoñendo a elas un aforro ao non levarlles tantas bolsas. Quen se anima?


E para rematar xa; moitas gracias de novo, espero tervos solucionado todas as dúbidas, e para todo o que queirades, podedes contactar conmigo a traves do correo electrónico (residuos@amigosdaterra.net)
Ánimo a todas a continuar con esta experiencia tan chula, os grandes cambios empezan por iniciativas coma esta e persoas coma todas vos.

Unha aperta


NOTA: Darlle as grazas a María pola súa axuda e a vós por participar no proxecto e axudar un pouquiño máis á Terra. GRAZAS!

-------------------------------------------------------------------------------------------

EN CASTELLANO



Si os parece vamos con la especialista para que ella misma se presente y nos cuente un poquito más de todo eso que queremos saber.

Hola María, llevo un mes hablando de la especialista que nos echa una mano, nos quieres contar un poquito de ti y de tu especialidad?


Hola a todas, y gracias en primer lugar por contar conmigo para una iniciativa tan chula como esta. Enhorabuena a todas las participantes por los esfuerzos, de la gusto ver a gente tan comprometida.

Bien, pues para comenzar os cuento que formo parte del equipo humano de la ONG Ecologista Amigos da Terra en la que llevo ya varios años, y para la qué trabajo en el área de Residuos y Consumo Responsable.
Trabajo este campo a través de dos herramientas básicas: la educación ambiental y la presión política, y lo que pretendemos a través de ellas es generar un cambio en las conciencias y crear sociedades más respetuosas con el medio ambiente, justas y solidarias. (ambicioso a que sí!)


Leyendo algunos comentarios por los blogs participantes en el proyecto he visto que tenemos dudas sobre muchos asuntillos, como por ejemplo en cuanto a las bolsas de plástico del super la gente se pregunta si no será peor comprar bolsas para la basura que reutilizar las que ahora muchos supermercados aún regalan.

En primer lugar, seguro que todas somos conscientes de que generamos una cantidad mucho más grande de bolsas de las que podemos usar, sin contar que muchas de ellas no pueden ser utilizadas para la basura( bien porque son demasiado pequeñas, bien porque llegan rotas y después gotean..)
Pero respeto a la reutilización de la bolsa, como bolsa de la basura,nosotras consideramos que esta llamada "reutilización" (el termino Reutilización debería ser aplicado a aquello que puede ser utilizado un número elevado de veces) no es sino una falsa solución al problema, puesto que una vez en el vertedero, las bolsas rompen y pasan a formar parte del paisaje pudiendo permanecer en la naturaleza hasta 500 años antes de su desaparición.
El hecho de tener que comprarlas y no disponer de ellas ayuda a limitar no sólo nuestro consumo, si no también la frecuencia de sacado de la basura a la calle, pudiendo hacernos así más conscientes de la cantidad y residuos que generamos y que en la actualidad cada día "nos quitan de la vista".


Otra persona se hacía esta otra pregunta: "Que es menos ecológico, usar servilletas de usar y tirar o el agua, jabón y electricidad de lavar servilletas de tela?" Se podría extrapolar también a los pañales, compresas, paños de cocina y paños de mano.

Pues la respuesta es clara, el menos ecológico es el usar y tirar. Si utilizas servilletas de tela, claramente no las vas a lavar todos los días, y por supuesto, no haras una lavadora especial solo para ellas, aprovecharás o completarás cuando laves más ropa, por lo tanto, el agua va a ser la misma; del otra manera, estas tirando a la basura cada día como minimo 3 servilletas por persona, y no so es tirar, y lo que conlleva la gestión de esa basura, sino que para hacer esas servilletas, hicieron falta muchos recursos y procesos( agua, papel, energía, etc). Además, no hay que olvidar que esta propuesta, además de ser más ecológica, es mucho más económica. Y por supuesto, lo mismo para los pañales, pañuelos, etc.

También nos planteaban dudas sobre los libros impresos o los libros electrónicos. Cuál es tu opinión al respecto?

Sería una pena llegar a una librería, sitios con tanto encanto, con ese olor a hojas de papel, y encontrar un montón de maquinas electrónicas, no?

Desde el punto de vista ecológico, pienso que aun no hay ningún estudio formal hecho sobre qué consumiría más recursos, pero se lo pensamos, para hacer un libro electrónico, es un poco cómo lo de los paños, precisamos de muchos recursos naturales; sin contar que para fabricar electrónica barata, hace falla gente dispuesta a hacerlo por precios tan bajos.
Una vez que tengamos ese libro, imagino que precisará de corriente electrica para poder cargarlo, verdad? y dudo que para la saude sea mejor leer un libro a través de una pantalla; sin hablar de la pérdida de encanto, claro.

De todos modos, la mejor opción siempre es utilizar las bibliotecas, allí hay infinidad de libros, y más actuales de lo que muchas pensamos. También es una buena opción prestarlos o intercambiarlos, seguro que conocemos gente con el mismo gusto por los libros que nosotras y no les importará nada intercambiárnoslos por otro que ya hayamos terminado. Y como última opción están las tiendas de segunda mano; cada vez hai más y adquiriendo libros de este modo, estamos contribuyendo a la segunda de las R, "reutilizando".


Conocéis el documental "La historia de las cosas"? es una manera muy gráfica de hablar de la vida de todos los productos de consumo que nos rodean. Recomendable para grandes y pequeños (lo vimos en la entrada de marzo)


Otra de las dudas que nos prantea Cris es sobre las bombillas de bajo consumo, copio: "me dicen que en zonas "de paso" no compensa. ? es decir, que en escalera, pasillos, baños, en sitios donde la luz no está encendida más de diez o quince minutos no merece la pena poner bajo consumo (!!) Quiero saber si se le va la pinza o tiene razón." Yo además tenía otra cuestión personal, hace poco leí a alguien quien se le había roto una de estas bombillas y que no sabía que hacer, al parecer el gas es tóxico, así que ella decía que no se podía aspirar, que había que ventilar la casa,... esto es cierto? Si es así, hay que depositarlas en algún punto especial para su posterior gestion? Y también, compensa entonces la contaminación (si es que contaminan con tóxicos) a cambio del ahorro energético?

Es verdad que respecto al tema de las bombillas de bajo consumo hay un montón de dudas y mitos urbanos. Vamos una por una.


No es cierto que una bombilla de bajo consumo, consuma más energía si se enciende y apaga varias veces, de hecho, estas bombillas, consumen menos mientras van encendiéndose, y lo mismo pasa con las fluorescentes, que son otras de las que aún conservan esta fama.
Sin embargo, el encendido y apagado constante disminuye su vida útil, por eso cuando se decide hacer el cambio la estas bombillas siempre aconsejamos hacerlo en sitios donde la luz este encendida durante mas tiempo( cocina, sala...).

Respecto al tema de su peligro cuando rompen:

Estas lámparas, contienen 2mg de Mercurio (mil veces menos que un termómetro de los de toda la vida, y cien veces menos que lo que hay en un tubo fluorescente). es cierto que el mercurio produce daños en la salud si es inhalado, ingerido o tocado;por tanto, si una bombillas se rompe, como el mercurio que contiene es gaseoso, hay que tener la precaución de abrir las ventanas, y recogerla rápidamente en una bolsa de plástico. Pero quizás mas problemático que esto, sea el no gestionarlas bien cuando termina su vida útil, es importantísimo no tirarlas al contenedor genérico, pero ni las de bajo consumo, ni las incandescentes; las bombillas deben ser gestionadas por gestores autorizados, por tanto, debemos llevarlas siempre siempre al Punto Limpio más próximo, o a la tienda donde las compramos (tienen el deber de recogérnoslas).


Como conclusión sobre el tema de las bombillas, simplemente decir que el uso eficiente de la energía es la medida más efectiva a corto plazo para lograr una reducción significativa de las emisiones de CO2 y de otros gases de efecto invernadero, y el paso de las lámparas incandescentes a las de ahorro, es una buena alternativa para comenzar. Pero sin olvidar que mejor utilizar la luz natural!

lixo

Ahora llega nuestra sección de dudas sobre el contenedor amarillo :)
Rosana nos dice: "En cuanto las dudas yo tengo bastantes...como por ejemplo yo tiendo a echar en el contenedor del plástico todo lo que parezca recliclable, pero Calviño piensa que hay que ser más selectivos con el contenedor amarillo que no todo vale...que opináis!!"
Mari también pregunta: "como por ejemplo lo de meter latas de conseva, si llevan algún tipo de residuo como puede ser algo de salsa de tomate es igual de válido o debería ir al contenedor orgánico?"

Me encantan este tipo de dudas. Comenzamos:

El contenedor amarillo, es el contenedor de "envases" no el del plástico, así que el truco para saber que es lo que va dentro es ver si es un envase o no. Como por ejemplo, una muñeca, a pesar de ser de plástico, no va en el contenedor amarillo, porque no es un envase, y por tanto, no va a ser reciclada; lo mismo ocurre con cosas como perchas, bolígrafos, cubos de plástico,cds, etc etc.
Entiendo la sensación esa de la que habla Rosana; yo me negaba a pensar que determinadas cosas deberían ir al genérico(donde van a ser quemadas) y no podían ser reaprovechadas, pero la realidad es que que aún que las eches al amarillo, si no es envase, no se va a reciclar. Lo mejor es reaprovechar al máximo, reciclar loposible, y sobre todo, evitar innecesario, reducir.

Sobre las latas de conserva, yogures o botes sin lavar, no te preocupes; lo ideal para ecoembes (empresa española recicladora de envases) sería que le dieses los envases lavados, pero antes de reciclar, todo lo que va la ese contenedor se somete a un proceso de lavado, así que no te preocupes por mandarles las latas con salsa de escabeche :)

Una cosa que sí que es importante es, a la hora de separar el vidrio, quitarle las tapas o los corchos, que es algo que interrumpe el proceso de reciclado si no se hace, porque cuando caen en el contenedor, suenen romper, y se rompen por la boca del tarro o botella, después sí que ya no se les pueden separar esas partes y se termina por tirar mucho vidrio que podría ser reciclado.

Y por último de momento PatriciaL nos plantea su duda sobre el envoltorio de los bocadillos: "Olá a tod@s; tengo una duda ...en que puedo envolver los bocatas de los niños para el cole que no sea aluminio, el film de plástico es igual de malo o peor...no?
Es que realmente gasto mucho de eso :o( , pero no sé en que envolver el bocatas si no, ya los llevan en bolsitas de tela...
PatriciaL"

Pues mira, papel de aluminio o film, viene siendo lo mismo, el caso es que diariamente estamos "usando y tirando", y esto es lo que realmente debemos tender a evitar para ser consumidoras más responsables. Una buena alternativa es utilizare una fiambrera pequeña (taper); ahora puedes encontrarlas de todos los ,tamaños, colores, etc, y son reutilizables al 100%.

Si te parece muy engorroso, hay otra alternativa muy chula y ecológica que sacó una madre catalana con la misma inquietud que la tuya; se llama el Boc'n roll, aquí puedes encontrarlo http://www.bocanroll.com/.



Y finalmente, ¿te gustaría decir algo a mayores de nuestras dudas?

Venga, pues en vez de hacer una conclusión de esas de libro, como ya he dado mucho la chapa os voy a hacer una propuesta, para ver quién se anima a utilizarla como el pequeño cambio de abril.

Se trata de que además de dejar de utilizar bandejas de corcho blanco o poliexpan en el super o en el mercado (solo hay que decir, no me pongas bandeja, gracias! además no se reciclan) , llevéis vuestro propio taper para que os pongan en él, tanto la carne como el pescado. Estaréis evitando un montón de envases innecesarios que se tiran nada más llegar a la casa, y además es mucho más limpio y cómodo de transportar. Yo ya lo hago, y sobre todo, en los mercados, están encantadas, porque también les estás suponiendo a ellas un ahorro al no llevarles tantas bolsas. ¿Quién se anima?


Y por último ya; muchas gracias de nuevo, espero haberos solucionado todas las dudas, y para todo lo que queráis, podéis contactar conmigo la través del correo electrónico (residuos@amigosdaterra.net).
Animo a todas a continuar con esta experiencia tan chula, los grandes cambios empiezan por iniciativas como esta y personas como todas vosotras.

Un abrazo

NOTA: Darle las gracias a María por su ayuda y a vosotras por participar en el proyecto y ayudar un poquito más a la Tierra. GRACIAS!

11 comentarios:

  1. Grazas a ti e a especialista.
    Un biquiño.
    Mary

    ResponderEliminar
  2. Me encantò leer esta entrada!
    Yo le estoy dando vueltas a las servilletas de tela y ahora veo un poco el panorama màs claro =)

    La propuesta para abril me gusta mucho, la verdad lo habìa pensado y no me atrevìa.

    Muchas gracias!!

    ResponderEliminar
  3. que entrada tan boa, axuda moito a aclarar dúbidas... e gustoume o envoltorio do bocata, unha servilleta ou manteliño individual de tela dos de toda a vida só que con velcro jeje!! velcro, que marabillosa ferramenta... pois igual lle adapto un pano para a merenda das miñas nenas...

    ResponderEliminar
  4. Sisi, tes razón, a idea é moi sinxela, so que é unha especie de tea dobre e por dentro é como medio plastico , de feito que se hai algo medio liquido, non traspasa nin mancha.Penso que o platico o poderias sustir por un trozo de hule?(refirome a estes manteis plasticos). BUeno, seguro que por aqui hai xente máis apañadas ca min ;)
    María

    ResponderEliminar
  5. Uixx pois coma eu son poco apañadiña para as labores... xa acabo de mercar por internet os envoltorios reutilizables para os bocatas:o) encantáronme!
    Moitas grazas, de verdade. O que se chega a aprender grazas a internet :oO
    Teño que convencer ó meu home que é o encargado da compra diaria da importancia de aforrar en bolsas e envoltorios :oS.
    Bicos para todos.

    PatriciaL

    ResponderEliminar
  6. Encantoume esta iniciativa!!! Xenial respondendo a moitas dúbiodas, nunca máis perchas no amarelo :P

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas ás dúas, unha entra estupenda!!!reducir e reutilizar o máximo posible pero.....dúbida de reciclaxe de novo: o contedor amarelo entón é o dos envases non do plástico en xeral...pero que hai dos "embalaxes" de plástico? exemplo papel burbulla, fil de plástico, bandexa de plástico transparente dos amorodos....
    e por último entendo que tamén son envases e reciclables os vasiños dos iogures e os botiños das bebidas tipo actimel?
    moiiitas grazas
    rosana

    ResponderEliminar
  8. Si si Rosana, o contedor amarelo é de envases e embalaxes de plastico, metal e brick, e todos eses que enumeras van ao amarelo: papel de burbullas,vasos de iogures, film,papel de aluminio, os plastiquiños que unen os packs de 6 latas, as redes nas que veñen as laranxas,etc.
    Graciñas a ti :)

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir