martes, 23 de marzo de 2010

Chegou a primavera!

explosión de primavera

E aínda non me explico como pode ser que este ano me chegara tan axiña, non notase apenas a falta de luz da estación pasada, nin o frío,... pasa algo raro, será que quedan aínda por vir dous meses de inverno?

Primavera

E como pode ser que a pesar de telo escrito non me lembrara da outra realidade da chegada da primavera?

4 comentarios:

  1. Pois neniña, non será polo que choveu, que comezou en outubro e non parou!! e viñeran varias olas de frío polar unha detras doutra, non terás alzeimer? hahahahaha

    A foto primeira é preciosa, coa abelliña esa pillada in fraganti :)

    Un biquiño :*

    ResponderEliminar
  2. Como me gustou a outra realidade!!
    fotógrafa e publicista :-) ( a partir de agora os meus tamén respirarán)
    Pero a min pasoume o contrario este ano, non me da chegado a tan ansiada primavera!!!!!!!
    igual o teu segredo está na chaqueta!!

    ResponderEliminar
  3. Meninheira, algo diso teño, si :) Grazas por me falar, sei que ando un pouco dispersa, pero non deixo de lerte.

    Rosana, publicista eu???? Ai, non, eu non quero vender cousas! No test do insti de afinidade polas posibles ocupacións saíume unha probabilidade de 1% de facer algo relacionado coa publicidade :)
    E o normal este ano é o que che pasa a ti, non a min, de feito estou sorprendida de min mesma, non botar en falta a luz... incrible!

    ResponderEliminar
  4. O de publicista é porque visualicei totalmente o teu relato como argumento dun anuncio bonito...., ese oficio ten unha parte moi creativa mira Isabel Coixet.......pero de maior podes ser o que ti queiras :O)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir