miércoles, 17 de marzo de 2010

A chaqueta

Cando chega o outono collo o meu uniforme para o frío. En realidade non é un uniforme porque é unha soa prenda que uso dende o outono ata a primavera ininterrumpidamente, encántame, é especial, e como é habitual en min, aínda que sexa unha prenda de roupa sen máis, téñolle aprecio.

Pero bueno, en realidade esta non é unha prenda de roupa sen máis, ten a súa historia. Veredes: hai xa uns aniños (diría que polo menos 6 ou 7) miña nai levou unha alegría o día que lle dixen que cambiara aquela sudadeira canguro negra de Fruit of de loom. Andaba máis preto dos 10 anos que dos 5 e a cor negra pasara a ser ese gris do algodón moi lavado e moi usado, porque a min ME ENCANTABA ese xersei. No inverno por abaixo da chaqueta, no verán atado no cú ata que comezaba refrescar, arrastrado por todo sitio onde me sentaba, e daquelas non adoitaban ser cadeiras. Lembro que tiña unhas manchas de graxa xusto no peto que levaba por diante e que se seguira sendo negra non se apreciarían. A miña nai, púxoselle un sorriso na cara no momento que lle contei que xa non a tiña, de verdade, iluminóuselle a cara, por fin se libraba daquel farrapo que ela intentara sacar do meu vestiario tantas veces.

E entón amoseille o obxecto do cambio: esta chaqueta que tiña seguramente aínda máis años que o meu xersei, coa la descolorida polos ombreiros e os brazos polo uso, e ademáis chea de buratos que necesitaban remendos. Tiñades que ver a cara de miña nai naquel momento, pasando da iluminación ás tebras e na que se adiviñaba perfectamente o que seguramente dixo: Cambiáchela por esta xoia? Pois case prefería que quedaras coa outra, que polo menos xa estaba afeita a vela. Trae para aquí, a ver se polo menos a levas sen buratos.

A chaqueta

:D Nais (a ver que fago eu dentro duns anos...)

Cambiáralla ó meu amigo Landrú (Landrúuuu, onde andas???) e hoxe podo dicir que foi un bo cambio, non sei se el opinará o mesmo nin que sería do meu canguro ó que tanto cariño lle tiña, pero eu gañei co cambio. A chaqueta, feita a man pola súa nai, e coa aura das prendas usadas, púxena ano tras ano dende aquelas e por longas temporadas, levou dentro as miñas barrigas preñadas, e tamén á L. ben pequeniña e dentro da súa bandoleira. Estira cando é preciso e volve ó seu ser sen problema, ten petos dos que nunca cae nada, tápa os cadrís e non se move do sitio, ten as mangas longas como a min me gustan, a única pega que lle podo poñer é que o pescozo non sexa un chisco máis grande e se poida abrochar, polo demáis é a miña chaqueta perfeta, tan perfeta que levo un par de anos pensando facerlle unha copia por se algún día falta, a avoa Carme me axudou a sacar o punto, Aivou ofreceuse a tecela algunha vez, pero non me decido polo fío, nin pola cor porque sei que non vai ser a mesma chaqueta, e coma esta só haberá unha.

A chaqueta

Va que me poño sentimental cun anaco de tecido?

A chaqueta

Un biquiño forte para a mamá de Landrú, que sei que, malia apenas non nos coñecer, se lembra de min :*
Grazas

Nota: A especialista está ó caer, sinto tervos o blogue abandonado, pero voltarei, estíveno a pasar xenial co meu agasallo de aniversario :D

5 comentarios:

  1. Sabes que teño unha historia parecida? Hai anos (máis de dez e máis de quince) cambieille a miña tía unha chaqueta de punto verde, que me encantaba, por outra de lá beige moi parecida a esta túa... Miña tía, que a "botara" para facer as labores do campo, porque era mui vella (xa fora da miña tía avoa) díxome que estaba tola, pero cedeu. Esa chaqueta (que teño posta agora mesmo, por certo) viaxou comigo sempre, porque (ademais de ser preciosa e superquentiña) me fai sentir especial e protexida... recórdame que formo parte de algo. Non sei. Eu creo que é xenial ter anacos te tecido que nos poñan sentimentais...

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo post e moi bonito e sentimental dende logo que si. Eu diriache que probaras a facer a chaqueta senon obtes o resultado esperado desfala e seguro que lle sacas probeito a lá noutra cousa.
    Alégrome de que o pases tan ben co agasallo do aniversario.
    bicos
    Mary

    ResponderEliminar
  3. Sonia, que gusto lerte con algo tan en común. A min teño que recoñecer que me gusta quererlle á cousas, e máis ás cousas coma esta.
    Un biquiño

    Mary, hei probar, cando xunte forzas, que aínda non fixen nunca unha chaqueta para min e dáme medo que unha copia desta sexa a primeira, non estou segura de que debera ter unha copia... máis sentimentos polas prendas :)

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir