lunes, 1 de febrero de 2010

Un pequeno cambio en febreiro

proxecto un pequeno cambio

Comezamos!!! (Podedes ver aquí as bases do noso proxecto)

Xa é 1 de febreiro, seguro que, coma nós, neste tempo pensastes cal sería a vosa acción para levar a cabo este mes, así que agora é o momento de compartila.

Nós tiñámolo claro dende que escribimos o primeiro post... ata onte. É que nesta casa che somos así, e onte pola noite, despois de ver os nosos narices cargados de mocos, e pasar todo o día collendo panos de papel pareceu que o axeitado para este mes sería cambiar de proxecto, así que aplazamos o que tiñamos pensado e decantámonos por: cambiar os panos de papel por panos de tea.

Agora só falta un pequeno detalle, porque onte pasei media tarde á busca dos meus panos, que tiña gardados dende que era pequerrecha e que reapareceron hai pouco. Sei que os collín e os separei pensando xa en utilizaloS, lembro perfetamente de onde os collín e non teño nin a máis remota idea de onde os puxen... e non fun quen de atopalos.

Así que seguindo coa idea da reutilización, e coas mesmas vellas sabas coas que fixemos a mantiña que vos amosaba onte... tratarei de facer panos para todas (e para o papá tamén).

un pequeno cambio en febreiro

Así que temos o primeiro bache que superar, xa vos contarei como nos foi o vindeiro día 1 de marzo.

Agora tócavos a vós: se tedes blogue e facedes unha entrada sobre o tema deixade o enlace nos comentarios desta, e eu incluirei o voso enlace á entrada cando poida; se non tedes blog deixade un comentario aquí contándonos o que pensades facer para que poidamos lelo os demáis.

Alá imos!!!

Este mes participades:

Viajeados
Cuatro en la cama
Fabulosa Tormenta
Trocitos de mí
Las cerezas de Pipa
Dálle un coliño
Diario de los granjeros
En mil batallas
Todomundopeques
Mazáns verdes e vermellas
Como un ramo cativo de nenos
La Mejor Mami

e máis os que estades nos comentarios.
Aínda estades a tempo de unirvos!

30 comentarios:

  1. Bueno decidido contade con nós, onte no coche de volta de Marín quedou aprobado!! foi bonito ver a ilusión que lle fai a Antón.
    E pensamos que nós imos empezar sustituíndo as servilletas de papel por servilletas de tea, panos de mesa non?
    Xa este véran cando pasamos uns día no Rincón de Babia gustounos moito que antes de comer tiñas que recoller o teu pano dun casilleiro de madeira co nome da túa habitación...así que onte eleximos cada un a súa servilleta...esto tamén implicará usar un trapiño para limpar a Uxía que como é tan autónoma comendo é a máis cochinota da casa... xa vos iremos contando, noraboa pola iniciativa Raquel
    bicos

    ResponderEliminar
  2. Oh! Eu creín que xa se empezaba en xaneiro e fixen o meu avance :-)

    O de febreiro dóeme bastante: Non vou usar máis suavizante para a ropa (ai!) A verdade é que me gusta o cheiro, pero cada vez a miña conciencia me remorde máis ó usalo. Así que xa levo un tempo co propósito en fase de probas e agora é o momento de institucionalizalo: Fóra suavizante!

    Panos de tea xa usamos de sempre, o noso rei dos mocos dí que os de papel irritan a pel e non os quere. E as servilletas, serán para marzo ou abril ;-)

    Cris

    ResponderEliminar
  3. o noso debe ser o caso mais vergoñoso porque como xa dixen partimos de cero. O reciclaxe( pero a conciencia e non como faciamos antes daquela maneira) é o noso proxecto do mes(e do resto do ano). xa empezamos a semana pasada despois de moito pensar como organizabamos os mobles da cocina para que nos colleran todas a cousas que tiñamos alí e mais os varios baldes de lixo. foi un crebacabezas porque a cociña é enana pero xa o temos todo adaptado...alá imos;-)

    ResponderEliminar
  4. non che sei... suavizante hai moito que non uso, pero os panos de tea, ains, coa mocada que teñen os nenos, eu de pequena tiña ás veces o nariz como un pemento de estar limpando con pano mollado (iso tocaba con catarro e ao longo das clases), pero para cando non se ten catarro é moi boa idea, mmm, pensarei

    ai meniniña, nin leo o meu ravelry, ains

    ResponderEliminar
  5. Pois nós cando nos mudemos e teñamos onde enchufar os aparellos...comezamos a non deixar o stand by aceso e a apagar o móbil polas noites SEMPRE (aquí está o cambio). A ver se o facemos ben e o facemos costume!

    ResponderEliminar
  6. Aquí podedes ver o noso pequeno proxecto para este mes: http://viajeados.org/
    Que ben, da gusto ver a tantas persoas turrando para cambiar as cousas.
    Parabens a todas!

    ResponderEliminar
  7. Hola, me encanta la propuesta, espero no sea tarde para unirnos =)
    un saludo desde México!

    ResponderEliminar
  8. Ben, Rosana! Que guai que se emocione o Antón! :)

    Cris, os suavizantes ulen ben, pero non merece a pena o que contaminan para que ula ben a nosa roupa uns minutos, que logo deixas de notar o cheiro, e ademáis en canto deixas de usalo comeza a ulir a xabrón :) Nós usamos xabrón natural para lavar e arrecende! Un bo cambio, ánimo!

    Tialu!! Que gran avance! Noraboa! Xa vos daredes conta de que non se necesita moito máis espacio porque o lixo é o mesmo, se o baixas coa mesma frecuencia non ocupa moito máis. E outra cousa que comezas a ver ó separar o lixo é a cantidade de plástico que consumimos (ai, aí o método de separación é distinto, non si?)

    Olivia, hai moitas cousas que facer e que non levan máis tempo, por exemplo sustituir o deterxente por un sen fosfatos e sen aditivos (blanqueantes, enzimas,...) que ademáis son mellores para a nosa pel. Anímate muller! O dos panos é cuestión de levar 10, igual que nos paquetes de papel, para non limparse en mollado ;)

    Tía Rita, como vai a cousa? Ánimo, que xa queda menos! :)

    Viaxeira, alá vou ver o que fixestes! Grazas por participar :)

    Ale, claro que no es tarde! Podéis apuntaros cuando queráis!

    ResponderEliminar
  9. Pois nos como che comentara imos facer o do stand by e mais apagar as luces cando saimos dunha habitación, xa comezamos ai uns días e imos indo, a ver se acaba sendo costume, espero que si.
    Mary

    ResponderEliminar
  10. Hola tartaruga,
    me llamo Eva y sigo tu blog muy amenudo, solo decirte que me encanta el proyecto y nos apuntamos.
    Te dejo el enlace de mi blog para que veais mis pequeños cambios, que de momento son pequeños pero espero que vayan aumentado.
    Hemos conseguido por fin un contenedos para la basura organica que siempre acababa mezclandose con la general, y un paño para llevar el desayuno/merienda y no gastar papel de aluminio ni bolsas de plastico.
    Gracias por la idea, si todos ponemos nuestro pequeño cambio quizas algun dia veamos el gran cambio.
    Besos desde Barcelona

    http://fabulosatormenta.blogspot.com/2010/02/el-nostre-petit-canvi.html

    ResponderEliminar
  11. Ben, Mary, un pequeno esforzo e despois xa é un costume e nin te enteras.

    Ola Eva, grazas por participar, xa engado o teu enlace, encántame o paquetiño para o bocata!

    ResponderEliminar
  12. Vilmati, claro que puedes! Adelante! Cuando la tengas déjame aquí el enlace a la entrada añadirla a la mía.
    Gracias!

    ResponderEliminar
  13. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  14. Adelante Greisi!

    Os añado, María, que gracia que hayas llegado desde hip mountain mama, se ve que andamos por los mismos sitios :)

    ResponderEliminar
  15. Hola, aunque han pasado ya 3 días del mes de febrero quiero contarte que nos unimos también nosotros en casa. Voy a hacer una lista en papel (reciclado) de las cosas que podemos cambiar durante lo que queda de mes y luego lo publico en mi blog y te mando el enlace. Me gustan mucho este tipo de iniciativas porque de momento empiezan lento pero luego pueden coger tanta fuerza como queramos y ya sabemos todos que querer es poder. Gracias, Pilar.

    ResponderEliminar
  16. Gracias Pilar, puedes unirte cuando quieras. A mí me gustó la idea porque en nuestro caso siempre dejamos pasar las cosas y así nos damos un pequeño impulso.
    Os añadimos en cuanto lo tengáis listo :)

    ResponderEliminar
  17. Pois por fin tiven tempo de sentarme a facer a entrada, o noso vai ser un proxecto a moi longo prazo, non sei se valerá mas é a creación dun pequeno horto que nos faga un pouco menos dependentes e polo tanto menos contaminantes. Mas se hai que dar contas mes a mes a ver como fagho hahaha Vale oh? :)

    bicosssssss

    ResponderEliminar
  18. Claro que vale, todo vale! :) O voso é un proxecto de envergadura, xa vos engado.
    Se queres render contas cada mes... sempre podes probar a facer algún cambio máis "pequeno", ou contarnos como van os avances do horto.

    ResponderEliminar
  19. Aquí estamos con nuestro granito de arena.

    1beso!

    http://diariodelosgranjeros.blogspot.com/2010/02/un-pequeno-cambio.html

    ResponderEliminar
  20. ¡Hola!También me quiero unir al proyecto. Saludos
    Adi

    ResponderEliminar
  21. Eva, grfacias! ya estáis en la lista.

    Adi, adelante!

    ResponderEliminar
  22. http://todomundopeques.blogspot.com/2010/02/pequenos-gestos-para-grandes-fines.html

    Aquí nos tienes, con grandes planes para este mes... Gracias por incluirnos. Pilar.

    ResponderEliminar
  23. Contade con nos!

    http://mazansverdesevermellas.blogspot.com/2010/02/proxecto-un-pequeno-cambio.html

    Comenzamos por non comer animais que non sexan ben tratados e ben alimentados ;) Nin peixes que sexan criados en piscifactorías, con antibioticos e todo eso que a saber que é

    bicos!

    ResponderEliminar
  24. Pilar, bailadora, xa estades incluídas, grazas por participar!

    ResponderEliminar
  25. Hola:
    Me han surgido algunas dudas con la reducción de papel, que tienen que ver con las servilletas papel-tela y con los libros papel-ebooks.
    ya os contaré lo que vaya averiguando.

    ResponderEliminar
  26. Eu tamén me apntei, que como son moi despistada, non vin o do 1 de febreriro e púxeno o 21... así que aquí che deixo a miña entrada,,,

    http://fasedoira.blogspot.com/2010/01/me-apunto.html

    ResponderEliminar
  27. Este mes reutilizaremos las botellas y las bolsas de plástico pequeñas

    http://mejormami.blogspot.com/2010/02/proyecto-un-pequeno-cambio.html

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir