martes, 9 de febrero de 2010

Un chaleque

Fai moito que non poño nada da miña calceta, teño algunha cousiña feita, pouca cousa e mooooooi lenta (estou a piques de rematar UN calcetín que comecei a mediados de decembro... e aínda falta o segundo).

Non sei se lembrades o Neighborly que fixera para a Z. e que rematou feito unha boliña outra vez porque picaba. Bueno, daquela foramos á tenda de las e ela mesma escolleu outra la coa que refacer o chaleque, a katia miski, unha alpaca que vén en madeixa. Modifiqueino e fíxeno máis grande ó tempo que usaba esta nova la para as zonas de contacto e cando estaba rematado... outra vez: é que non o quero poñer porque me pica un pouco. Argggggggggg!! Nin foto fixen, probárallo mentres o facía e parecía estar todo ben, pero non, así que coa rabia collín e desfíxeno dun golpe.

E cos restos decidín facerlle un á L, que aínda non sabe dicir que pica, e o resultado foi este pebble, que xa fixera nunha ocasión para regalar pero moito máis pequeniño.

chaleque

chaleque

O resultado quedou algo curioso porque se me rematou o novelo e a maneira de empatar deu como resultado unha traseira en tons grises e malvas e unha dianteira en fucsia e morado, pero encántame, levamos usándoo todo o inverno e queda sempre ben, incluso como nestas fotos por riba do pixama na casiña.

Aínda me queda algunha cousiña máis por vos amosar, a ver se fago fotos un día destes.

9 comentarios:

  1. Felicidadeeees!!!!

    Un besazo guapa, que aunque no te haya escrito nada en lo de la actividad-verde de cada mes, estoy tomando nota de las que deja la gente y alguna ya la cumplo más en serio! Gracias guapa!! Y que pases un feliz día!! :*

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Eu quero saber calcetar más ca bufandas e mantas... :'(

    ResponderEliminar
  4. meninheira, eu tamén, pero ela é máis sincera :D

    Mirillo!!!! Muchas gracias cordobesa, que te noto el acento desde aquí, :D Un bicazo enoooooorme.

    bailadora, vente a ravelry e te botamos unha manciña entre todas, se total, eu saber tampouco sei moito máis que seguir patróns, e entra no grupo lerias e enredos (temos quedada o 20 en Santiago, que somos unhas toliñas :) )

    ResponderEliminar
  5. Tomaré nota!!! A mi este modelo me gusta mucho. Está entre mis favoritos de próxima realización. Supongo que cuando Jorge se decida a dejarme tejer algo más que cuando se duerme sobre mi barriga... ;))

    ResponderEliminar
  6. este encantame, é unha verdadeira monada!!! creo que me animarei cos panos, agora buscareinos na casa da miña nai, ; )

    ResponderEliminar
  7. Adijirja, ánimo, se teje en un plis-plás.

    Olivia quedou chulo, va que si? :)

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir