martes, 23 de febrero de 2010

Os roliños de canela

Dende que os vin aquí, non os saquei da cabeza, tiña que facelos.

A primeira vez fixen a metade da masa, estaban boísimos e aínda que non tiven moito éxito de convocatoria coas invitacións, non quedou nin un e ademáis quen os comeu soubo agradecelos.

roliños de canela versión I

Da segunda, fixen toda a masa, e é moita masa, unha bandexa de boliños e dúas de de roliños de canela, máis unha trenza rechea improvisada e boísima. Saíron distintas porque enrollei a masa no outro sentido, pero estaban igual de boas.

roliños de canela versión II

trenza

boliños

Compartinas coas miñas bruxiñas e un par de ausencias, (:* :*) celebrando o aniversario charlando un ratiño todas xuntas, canto me prestou.

E cuns agasallos marabillosos, envoltos en papel cheo de contas, noutro dunha caixa de zapatos e un laranxa de malla feito de follas secas reutilizado que me encantaron case tanto como os agasallos en si.

agasallos

Grazas bruxiñas!

Estes días vou gozar tamén co meu outro agasallo, así que igual non teño tempo para vos contar moitas historias, pero sabede que o estamos a pasar ben.

8 comentarios:

  1. Grazas a ti por convidarnos e poder desfrutar dos roliños, foi unha tarde estupenda.
    Mary

    ResponderEliminar
  2. Calviño estivo mirando a receita, só tivo algún problemiña coas medidas inglesas, as spoones pequenas e grandes :O) pero despois de cotillear por internete parece que se aclarou...e nós aquí dispostísimos de novo a gozar dos roliños ji, ji,ji....xa che contaremos

    ResponderEliminar
  3. Ai que recordos isos lapis coa taboa de multiplicar!!! :)

    ResponderEliminar
  4. Mmmmmm... como pode ser que acabe de cear e se me faga a boca auga só coas fotos dos roliños? Pero que bos estaban, moitas grazas polo convite, foi estupendo! ;-*

    ResponderEliminar
  5. Rosana, eu merquei un xogo de "cups e spoones" hai tempo e é unha gozada facer as receitas á inglesa/americana, sen ter que andar pesando. Eu creo que son unha boa inversión, ata creo que sería unha boa conversión :D

    Meninheira, siiiiiiiii, xeniais eses lápices con chuleta, eh?

    ...triz, non tes forno? Algún día, igual xuntando agasallos de épocas varias, non?

    Grazas Mari e sabela, en boa compaña están moito máis bos :*

    ResponderEliminar
  6. E onde se merca un xogo de "cups e spoones"?????

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir