domingo, 21 de febrero de 2010

Medio-fracaso reposteiro

Nunca tal cousa me pasara...

Resulta que pasando a Candeloria e contándollo á Z. ocorréusenos que podiamos facer unhas galletas de corazóns dun dos libros de receitas que temos na casiña. Tiñan unha pinta estupenda, e eran de vainilla, mmmmm.

corazóns

Xuntamos os ingredientes (ben poucos, por certo, unhas galletas ben sinxelas), amasamos ben, e collemos os nosos moldes de corazón para darlles forma. Fixemos ademáis algunhas con forma de boliñas por petición da Z. (que total despois non as come nunca porque non lle gusta o doce, pero lle presta moito facelas), e cando as metemos no forno...

corazóns?

... non sei onde marcharon os nosos corazóns, pero o resultado da fornada foi o que vedes. Unha chea de pastas aburatadas e aplastadas, pero ricas, iso si, que comer, comémolas igual.

E si, sabían a vainilla.

4 comentarios:

  1. Estar estaban boas non? O fracaso sería que tivesen un aspecto estupendo e soubesen mal.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. jejeje , graciñas por poñernos tamén as cousas que non te quedan tan ben feitiñas...
    Polo menos a min alívíame ver que non todo che sae sempre á perfección ;o)

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Proida, por iso foi só un medio fracaso, estaban boas, estaban :)

    Patricia, sempre hai truco ;)

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir