martes, 16 de febrero de 2010

Materialismo

Estou sen cámara. Bueno, si teño cámara, pero non "a miña cámara", teño a compacta que tiñamos antes e boto de menos a réflex. Claro que podería quedar sen ela e vivir perfetamente, pero hoxe bótoa en falta porque lle teño aprecio.
Xa mo dixo o Carolo algunha vez: "Ah! Ti es desas persoas que lle queres ás cousas..." E si, son así. Pero pregúntome ata que punto é iso malo.

Hai pouco xuntamos unha chea de xoguetes para os nenos pobres, cando a Z. me viu metelos nas bolsas e me preguntou conteille para que eran e non puxo ningún problema, de feito ela mesma os recolleu e meteu nas bolsas, e sorprendeume moito. Sorprendeume e deume que pensar. Non houbo ningunha insinuación de que eses xoguetes serían reemplazados por outros, nin foi necesario dicir que xa tiña moitos, simplemente o aceptou como o máis normal do mundo e non volveu falar deles. E me deu que pensar, deume moito que pensar: realmente o facía por solidariedade? Non lle daba importancia ningunha ás súas posesións, pero non será porque as obtén con demasiada facilidade?

Lembro á miña avoa de sempre dicíndonos: "É que vós non lle dades importancia ás cousas porque non sabedes o que custa telas." Ou á miña sogra contando como de agasallo de Nadal tiñan unha laranxa, ou o ano que tivera unha boneca de plástico, ríxida, sen articulacións, sempre sentada pero que era o tesouro máis grande... e non podo evitar pensar que todo ese desprendemento da Z. ten que ver coa avalancha de agasallos que teñen non só durante o Nadal ou o aniversario, senón durante o resto do ano, coa facilidade coa que ve as cousas entrar e sair da súa vida.
É o mesmo que cando estraga algún xoguete e llo intentas facer ver: "Se fas iso quedarás sen o xoguete" "Xa, pero é que eu xa non quero máis este xoguete" Que pode ser certo, que pode ser que lle interese máis a experimentación do que vai facer que o xoguete en si mesmo, pero tamén pode ser que saiba que aínda que quede sen ese xoguete xa terá outro, que se rompe a punta dos rotuladores mercaremos uns novos, ou se deixa os botes da plastilina abertos e secan non vai significar que quede sen plastilina.

no chan
Foto da Z.

Non sei, está mal ser materialista? Darlle importancia ás cousas que tes é malo? Ou o malo é querer ter moitas cousas?

10 comentarios:

  1. Penso que temos demasiadas cousas e non apreciamos o que temos. Estamos inmersos nunha sociedade consumista.

    ResponderEliminar
  2. Teño a solución: tira a réflex e a compacta e merca unha nova que sexa réflex-dixital... jajajaja!
    O consumismo ten sempre unha solución para calquer problema novo...
    E por que non probas a quitarlle efectivamente os xoguetes e non llos reemprazar por outros e ver o que acontece?
    apertas.

    ResponderEliminar
  3. Esto é moi complexo. Vivimos nunha sociedade moi moi consumistacompulsiva. Por mais que nos queiramos afastar, ela é mais rápida. E os nenos vense atrapados igual ca nos.
    Non creo que 'poidamos' regalarlles naranxas polo nadal... Sempre haberá alguén que lle encha de xoguetes ;)

    bicos consumistarrepentidos ;)

    ResponderEliminar
  4. Es curioso, pero a mi me ha pasado algo parecido. No con la cámara (que creo que también me pasaría como a ti y eso que la reflex la tengo desde hace menos) sino con mi sobrina. y la conclusión fue la misma.
    Me explico: tengo una sobrina de 15 años y hace dos pasó unas semanas del verano en casa. Tenía una cámara de fotos y un día, haciéndole una foto, se me cayó al suelo y el objetivo no se cerraba. Yo me quedé fatal, porque era "su" cámara y yo se la había roto. Le dije que no se preocupara, que le compraría otra, que lo sentía mucho,... en fin, para mi fue un drama. Sin embargo, me sorprendió mucho su actitud; no hacía más que tranquilizarme y decirme "no pasa nada, tía, no te preocupes". De entrada pensé que era estupendo que no tuviera ese apego por las cosas, pero después me di cuenta de que más bien se trataba de una falta de valor, precisamente porque era plenamente consciente de que iba a tener otra cámara con facilidad.
    Casualidad. Distintas situaciones. Misma conclusión.

    ResponderEliminar
  5. Pois despois de coñecer a xente que ata lle molestaba prestar o suplemento do país os domingos eu penso que é moi bonito ser desprendido e non darlle importancia ás cousas materiais, que como o seu propio nome indica son iso materiais e polo tanto teñen o valor que teñen, é dicir que hai cousas máis importantes :O)...iso non quere dicir que non se valore a sorte de telas. Así que un aplauso ós adolescentes coa cabeza ben amueblada que se enfadan polo que realmente hai que enfadarse e recordar que :
    Todo o que non se dá se perde!!

    ResponderEliminar
  6. Ao fío do materialismo:
    http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2010/02/demasiados-brinquedos-demasiadas-cousas.html

    ResponderEliminar
  7. A nós pásanos algo parecido, cando lle dis que teña coidado con algo que se pode romper, contesta "da igual, compramos otro" :-( Pero por moito que lles digamos de palabra o contrario, eles saben que é así. O exemplo da plastilina venme ó pelo: Saben que te podes cabrear e tardar un tempo en mercar máis, pero que a terán.

    O que eu non fago é decirlle que as cousas que damos sexan para nenos pobres ou que teñen menos que nos ou cousas así. Non me gusta o concepto de caridade :-) Eu lle digo que igual que os amigos que teñen nenos maiores nos dan roupa ou xoguetes, nós damos o que aínda está ben porque non se poden tirar cousas que aínda están en uso. Que sempre que podamos hai que evitar comprar cousas novas. Vamos, que o plantexo dende o punto de vista medioambiental. É que me parecen tremendas esas limpezas de trastos pre-reis (que todos facemos) disfrazalas de solidariedade cando o que estamos é botando fóra o que nos sobra. Para mercar máis, por certo...

    ResponderEliminar
  8. Supoño que o Carolo sabía do que falaba ainda que el non sexa así... non sei se eu prestaría o suplemento do País, probablemente sí, pero angustiaríame perdelo ou estragalo... vamos, que levo o mellor de cada casa ;o)
    E témome que os meus fillos son igual ca min (que eu quero que se parezan ao paiiiiiiiiiiiiiii ;o)) porque salvo se é roupa para a Z sufren o síndrome de separación ata da roupa que lles queda pequena... quizais pasan demasiado tempo comigo ;oD

    ResponderEliminar
  9. aii que che toquei o suplemento :O),
    é curioso como nos vemos, como nos ven, pero eu teño a Aivou como unha das persoas máis desprendidas que coñezo!!!
    biquiños

    ResponderEliminar
  10. Ai, cantas reflexións!

    Proida, é difícil non devolverlle cousas porque sempre aparecen máis, non somos nós precisamente os que enchemos a casa de xoguetes e outras lerias.

    Cris, tes razón no da caridade e non o pensara moito, a verdade é que non compartimos o que temos senón que damos o que nos sobra (aínda que a nosa foi máis ben post-nadal) antes de tiralo ó lixo, así que creo que é boa idea prantexalo así, para non tirar cousas que non queremos dámolas a alguén que si as quere, grazas!

    Aivou, eu non lle teño apego ó suplemento do País, pero creme que te entendo, o carolo é que debe ser comprensivo :) Un biquiño guapa, que gusto verte por aquí.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir