lunes, 18 de enero de 2010

Proxecto: Un pequeno cambio · Proyecto: Un pequeño cambio

Galego

Xa temos aquí o novo ano e seguro que máis dun ou dunha de vós fixo propósitos para o ano que comeza, eu, para non variar, tamén os fixen. Son os mesmos que dan voltas na miña cabeza ou nas miñas mans o resto do ano, pero que semella que agora teñen un pulo extra para se materializar, así que vou aproveitalo.

Entre eles está o de coidar máis o medio ambiente, incluir pequenos cambios no día a día, así, sen nos decatar, que fagan que o mundo sexa un chisquiño mellor, que diminúa a nosa pegada ecolóxica. Hai moitos cambios que quero incluir e que me propoño facer pouco a pouco, por exemplo, ir sustituindo utensilios por outros máis duradeiros (ocórreseme agora o escorredor das verduras, que é plástico e rompeu o outro día, o que merque agora será metálico), por exemplo mirar as cousas dende o comezo da súa produción e non dende o custo do supermercado a casa, así que isto redundará en usar cousas reutilizables e non de un só uso: panos, toalliñas, papel de cociña,...

Pero ademáis vin esta iniciativa de Hip Mountain Mama e pensei que esta tamén podería ser unha maneira de axudar, eu non teño nada que ofrecevos a cambio como fai ela, máis que a satisfación persoal de facer un chisquiño máis, pero ó mellor apetécevos participar.

proxecto un pequeno cambio

Como funciona?
Nós comezaremos o primeiro de febreiro se vos parece, (así tendes tempo de pensar a que ides adicar o voso pequeno cambio ese mes) no que publicaredes un pequeno cambio que levaredes a cabo durante todo o mes, ben nos comentarios aquí ou ben no voso blogue se tendes un. Durante todo o mes teredes en conta ese cambio que queredes facer no voso día a día e intentaredes levalo a cabo. O día 1 de marzo publicaremos outra entrada nos nosos blogues explicando como nos foi durante o mes e se conseguimos o noso obxectivo e ademáis publicaremos o noso obxectivo para o vindeiro mes de marzo, faremos o mesmo ata o 1 de abril e o mesmo ata o día 22 de abril, o día da terra, no que poderemos facer un resumo dos cambios que fixemos ata entón e o que supuxeron na nosa vida cotiá.

Na entrada que publique eu a primeiros de mes incluirei un enlace ós vosos blogues e poderemos ler os vosos comentarios se non o tendes.

Ideas para cambios que podedes levar a cabo:
Pois moitas cousas segundo no nivel onde vos atopedes, podedes dende cambiar as lámpadas por outras de baixo consumo, apagar as luces que non se están usando, ir camiñando cando sexa posible, ou en bicicleta, se non en transporte público ou coller menos o coche, baixar a calefacción e poñer máis roupa dentro de casa, usar bolsas de tea, instalar aireadores nas billas de casa, pechar a auga cando nos estamos a enxabonar na ducha, instalar mecanismos de dobre descarga nos váteres ou non premer sempre o botón, separar o lixo para que se poida reciclar, non tirar ó lixo cousas que poidan ser reutilizables (en case todas as cidades hai mercadiños de troco se vos interesan, e senón podedes doar o que non usedes), usar os folios polos dous lados, usar produtos procedentes de reciclados, sen blanqueantes, cambiar os limpadores por outros ecolóxicos, mercar produtos locais e de tempada, apuntarvos a algún grupo de consumo responsable, evitar os produtos con sobreempaquetado (esas galletiñas que veñen nunha caixa envolta cun plástico e dentro separadas en paquetes individuais, por exemplo), facervos socios/socias dalgunha asociación ecoloxista, non deixar os aparellos en stand-by, colocar regletas con interruptor...

Podedes sacar máis ideas deste manual de afrro para o fogar, ou desta guía de redución de residuos, e seguro que se seguides a buscar pola rede atopades moitas máis posibilidades.

Por suposto poderedes participar en inglés se queredes con Hip Mountain Mama, e aquí no voso idioma habitual, malo será que non nos entendamos ;)

Non tendes por que participar todos os meses, ou podedes facelo e non dicir nada aquí, en calquera caso é un proxecto interesante para facelo en familia e implicar ós pequenos e pequenas no coidado da Terra.
Pensei moito se escribir esta entrada ou non, pero imaxino que me perdoaredes se non fora quen de actualizar o blogue a tempo, non?

Apuntádesvos entón?

Un pequeno cambio en febreiro

NOTA: Podedes coller a imaxe para poñer no voso blogue e tamén enlazar o proxecto se queredes, no blogue, en correos, en redes sociais,... onde vos apeteza :)
·······························································································································································

Español

Ya tenemos aquí un nuevo año y seguro que más de uno o de una de vosotros ha hecho propósitos para el año que comienza, yo, para no variar, también los he hecho. Son los mismos que dan vueltas en mi cabeza o en mis manos el resto del año, pero que parece que ahora tienen un empujón extra para materializarse, así que lo voy a aprovechar.

Entre ellos está el cuidar más del medio ambiente, incluir pequeños cambios en el día a día, así, sin darnos cuenta, que hagan que el mundo sea un poquito mejor, que disminuya nuestra huella ecológica. Hay muchos cambios que quiero incluir y que me propongo hacer poco a poco, por ejemplo, ir sustituyendo utensilios por otros más duraderos (se me ocurre ahora el escurreverduras, que es de plástico y se nos rompió el otro día, el que compre será metálico), por ejemplo mirar las cosas desde el principio de su producción y no desde el coste del supermercado a casa, así que esto redundará en usar cosas reutilizables y no de un sólo uso: pañuelos, toallitas, papel de cocina,...

Pero además vi esta iniciativa de Hip Mountain Mama y pensé que esta también podría ser una manera de ayudar, yo no tengo nada que ofreceros a cambio como hace ella, más que la satisfacción personal de hacer un poquito más, pero a lo mejor os apetece participar, y si vosotros hacéis un cambio gracias a esto yo también habré ayudado un poquito más.

proxecto un pequeno cambio

Como funciona?
Nosotros empezaremos el 1 de febrero si os parece, (así tenéis tiempo de pensar a que váis a dedicar vuestro pequeño cambio ese mes) en el que publicaréis, bien aquí en los comentarios o bien en vuestro blog si tenéis uno, el cambio que váis a llevar a cabo durante todo el mes de febrero. Durante todo el mes tendréis en cuenta ese cambio que queréis hacer en vuestro día a día e intentaréis realizarlo. El día 1 de marzo publicaremos otra entrada en nuestros blogs explicando cómo nos fue durante el mes y si conseguimos nuestro objetivo para el mes de marzo, haremos lo mismo hasta el día 1 de abril y lo mismo hasta el día 22 de abril, el día de la tierra, en el que podremos hacer un resumen de los cambios que hicimos hasta entonces y lo que supusieron en nuestra vida cotidiana.

En la entrada que publique yo a primeros de mes incluiré un enlace a vuestros blogs (sólo dejadme el enlace en los comentarios) y podremos leer vuestros comentarios si no lo tenéis.

Ideas para cambios que podéis llevar a cabo:
Pues muchas cosas según el nivel en el que os encontréis, podéis desde cambiar las bombillas por otras de bajo consumo, apagar las luces que no se están usando, ir andando cuando sea posible, o en bicicleta, si no en transporte público, bajar la calefacción y ponerse más ropa dentro casa, usar bolsas de tela, instalar aireadores en los grifos de casa, cerrar el agua cuando nos estamos enjabonando en la ducha, instalar mecanismos de doble descarga en los váteres o no pulsar siempre el botón, separar la basura para que se pueda reciclar, no tirar a la basura cosas que puedan ser reutilizables (en casi todas las ciudades hay mercadillos de cambio, y si no podéis donar lo que no uséis), usar los folios por las dos caras, usar productos procedentes de reciclados, sin blanqueantes, cambiar los limpiadores por otros ecológicos, comprar productos locales y de temporada, apuntaros a algún grupo de consumo responsable, evitar productos con sobreempaquetado (esas galletitas que vienen en una caja envuelta en plástico y dentro separadas en paquetes individuales), haceros socios/socias de alguna asociación ecologista, no dejar los aparatos en stand-by, colocar regletas con interruptor,...

Podéis sacar más ideas de este manual de ahorro para el hogar, o de esta guía de reducción de residuos, y seguro que si seguís buscando por la red encontráis muchas más posibilidades.

Por supuesto podréis participar en inglés si queréis con Hip Mountain Mama, y aquí en vuestro idioma habitual, malo será que no nos entendamos ;)

No tenéis por qué participar todos los meses, o podéis hacerlo y no decir nada aquí, en cualquier caso es un proyecto interesante para hacer en familia, e implicar a los peques en el cuidado de la Tierra.
Pensé mucho si escribir esta entrada o no, pero imagino que me perdonaréis si no fuese capaz de actualizar el blog a tiempo, no?


Os apuntáis entonces?

Un pequeno cambio en febreiro

NOTA: Podéis coger la imagen para poner en vuestro blog, y también enlazar el proyecto si queréis, en el blog, en correos, en redes sociales,... donde os apetezca :)

23 comentarios:

  1. Comentareino cos da casa a ver que din, creo que nos iria perfeto o do stand-by.
    Tereite informada.
    Mary

    ResponderEliminar
  2. ben, gustame este proxecto. chegou a hora de porse as pilas con estes temas; xa non poño mais escusas... Xa teño 4 cambios pensados(nos partimos de cero "asinque" temos moito onde escoller). Falarei co A. para ver cal escollemos primeiro. xa vos contarei

    ResponderEliminar
  3. Encantame a idea! podo participar?? eu podo axudar dando algunha idea e poñendo en marcha outras. Que ben,un xeito moi chulo de poñerse en marcha dunha vez. Parabens pola iniciativa tartarouchos!!

    ResponderEliminar
  4. Moi boa idea. Eu sempre me fago propósitos, algúns os consigo e outros caen no olvido ou na comodidade... Eso sí, o de pechar a billa mentres me enxabono na ducha o deixo para o final dos meus propósitos! Reconfórtame pensar que na casa son a única que continua coa auga aberta durante tooodo tempo que dura a ducha. Polo menos,(penso eu), eles aforran por min!

    Merchi.

    ResponderEliminar
  5. Mary, Merchi, que ben que vos animedes!

    TiaLu!!! Que grata sorpresa! :) xa me dou por satisfeita :)

    mariaD, claro que podes participar! Ti e quen queira! E seguro que todos e todas pillamos ideas uns doutros (é o que mola destas cousas)

    ResponderEliminar
  6. boa idea, en principio xa hai tempo que me propoño cousas, se teño algunha boa ocurrencia contocha, estarei atenta

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  8. Pensa, pensa Olivia, hai moitas cousiñas que podemos facer :)

    ResponderEliminar
  9. A los madrorritos...les falta...mmm en febrero... el stand by y apagar los móviles por la noche...

    ResponderEliminar
  10. Gracias pola visita amiguiñ@s, eu tamén vos sigo con asiduidade... é máis a semana pasada comentámosvos e lémosvos diante dun café cunha prima e un primo que será mamá e papá novatos, por iso lles pasamos a vosa "receita" de cueiros feitos de camisetas... deberíades colgar un tutorial, é boísimo :)

    ResponderEliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  12. Me parece una idea genial, nosotros en casa somos un poco desastres pero es una manera de ponernos al dia. Y ademas los pequeños cambios son poderosos...
    Eva

    ResponderEliminar
  13. madrorritos, falta pouco! Tendes onde enchufar/desenchufar aparellos? ;)

    Fasedoira, se tivese máis de 15 minutos para cada vez que me poño a intentar algo de coser, ou máis de 2 segundos antes de que me boicoteen unha foto :D faría o titorial sen dubidalo :) Alédome de que sexa útil de todos os xeitos, e eu son unha novata da costura, seguro que hai vintemil xeitos de facelo mellor.

    Eva, como me alegro! el día 1 os espero y te añado ;) Muchas gracias por tu entrada.

    ResponderEliminar
  14. Bueno decidido contade con nós, onte no coche de volta de Marín quedou decidido!! foi bonito ver a ilusión que lle fai a Antón.
    E pensamos que nós imos empezar sustituíndo as servilletas de papel por servilletas de tea.
    Xa este véran cando pasamos un día no Rincón de Babia gustounos moito que antes de comer tiñas que recoller o teu pano dun casilleiro de madeira co nome da túa habitación...así que onte eleximos cada un a súa servilleta...esto tamén implicará usar un trapiño para limpar a Uxía que como é tan autónoma comendo é a máis cochinota da casa... xa vos iremos contando, noraboa pola iniciativa Raquel
    bicos
    rosana

    ResponderEliminar
  15. Que ben, Rosana! Se non o fas ti xa copio eu o teu comentario na entrada de febreiro.

    ResponderEliminar
  16. Hola, llegué aqui por cuatro en la cama y me ha encantado la idea.
    Nosotros (cinco en casita que somos) ya hace unos añitos que procuramos tener en cuenta nuestro entorno y lugar de vida.
    Reciclando basuras, reciclando dando nuevos usos, caminando cuando se puede, cambiando luces, reduciendo consumo en luz y agua... pero creo que hay muchas cosas aún que podemos hacer. Nos unimos a la corta meta y espero que más a largo plazo.

    Saludos

    ResponderEliminar
  17. Pues bienvenidos Magda! Cuando tengáis vuestra corta meta dejadme el enlace en la entrada de febrero.
    Un saludito!

    ResponderEliminar
  18. Hola. He visto este enlace en Hip Mountain Mama y me ha encantado la idea. Nos apuntamos.
    1beso.

    ResponderEliminar
  19. Otra familia dispuesta a hacer cambios... en nuestro caso tenemos taaanto que cambiar!

    un abrazo

    ResponderEliminar
  20. Llego a vosotros a través de María (Las cerezas de Pipa) y me uno a vuestra iniciativa.
    Buen fin de semana.

    ResponderEliminar
  21. Hola, llegué también por cuatro en la cama, y nos unimos también al pequeño cambio =)

    ResponderEliminar
  22. Hola!Aunque ya es marzo, me uno con mucho gusto a esta iniciativa, aunque hace ya tiempo que soy conciente de construir grandes cambios a partir de pequeños pero significativos cambios desde nuestro entorno, nuestra casa, nuestro nido.
    Muchos saludos desde México y los invito a conocer "El Nido de Octavio"

    ResponderEliminar
  23. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir