domingo, 31 de enero de 2010

Para o campo (ou para a casa)

Hai tempo que vira no blogue de Soulemama as mantas para levar a todos lados (beach blanket to-go), enrolladiñas para ir no coche e feitas de sabas vellas.

Eu non teño moita idea, e tampouco teño o libro, pero si que tiña sabas vellas, e tamén o resto dunha tea que trouxera a avoa Olga hai anos para cubrir unha vella mecedora. Así que lle poño ganas e así as cousas pouco a pouco van saíndo, e de paso vou aprendendo.

Cando a miña avoa marilde me dera as clases de costura aquela tarde e me advertiu de que unha tea de raias non podía poñela no outro sentido que o outro panel se non quería un efecto raro, contoume a anédota de cando era máis nova e facía traballiños de modista. Encargáranlle un abrigo de pelo, puxéranse moi de moda e leváranlle a tea para facela, e ela que era tan aforradeira aproveitou ata o último retallo para facer o abrigo, e cando estivo rematado e lle deu a volta case lle dá un mal: o pelo da tea ía nunha dirección e ela puxera os retallos como lle cadraban para aproveitalos mellor, así que cada parte do abrigo levaba o pelo nunha dirección.
Coido que non gañou nada con aquel abrigo, pois tivo que volver mercar a tea e sen poder aproveitar os recortes, pero nunca máis se lle esqueceu a lección.

Fixen a fita bies cun retallo de saba vella, a mesma que usei no cadro central, e para colocalo pensei que aforraría moito tempo se en lugar de coselo primeiro dun lado e pasalo polo borde dobrándoo e coselo do outro lado, o cosía directamente cun zigzag. Igual non quedaba moi curioso, pero era unha manta para o campo. Tiven que hilvanar todo e aínda así polo revés a fita quedou solta nalgún anaco, así que se cadra non aforrei moito tempo, porque coselo a máquina faise nun plis, e hilvanalo levoume tres días porque a manta ten maxia.

Si, en canto a pousas no chan sáltanche as pequenas enriba, pegan botes, fan un gurruño, pisan os rectángulos da mesma tea, despois só dentro dos rectángulos, despois só pisando os bordes, despois métense debaixo, e se poñemos os Contos en cantos que nos regalaron polo cumpreanos xa é un non parar... Pensei que non a ían usar ata o verán, pero coido que lle imos dar moito uso ata aló.

IMG_5273

Ata a Olivia lle gusta, qeu sempre que tiña un miñutiño para adicarlle a manta a atopaba a ela durmindo enriba feita unha boliña.

IMG_5276

Así loce case rematada e con toda a súa máxia.

máis máxia

case rematada

Volvín usar o ferro para pasarlle ás costuras das pezas, abríndoas ó medio, pero non sei se me trabuquei ó facelo deste xeito, acabo de rematala pola mañá pasándolle unha costura ás tres capas en cada unha das unións entre as pezas. Dábame medo facelo porque da última só collería os fíos (se as miñas costuras fosen perfetas, claro, como non é así non hai problema) pero alguén que saiba máis sabe dicirme se é a maneira axeitada de facelo?

rematada

esquina, rematada

Estaba moi animada a facer algún quilt sinxelo, pero despois desta última costura dáme máis medo. Non sei se porque son novata coa máquina e porque non teño quen me aconselle aquí na casa, pero me pareceu bastante complicado: a tea non avanzaba con tanto recheo, apenas quedaba espacio no brazo da máquina para meter toooooda a tea e recheo,... algún truco?

E como aínda temos moitas sabas e ademáis xa vexo que dá moito xogo, teño pensado facer algunha máis para levar no coche, esta vez sen recheo para que non ocupe o maleteiro todo (disto tamén se aprende :) ). Se sae algo xa volo amosarei.

Nota: Mañá comezamos co proxecto, estades preparadas? (que afeitas estamos a escoitar todo en masculino, verdade?) E preparados? ;)

10 comentarios:

  1. Ola, quedoute chula...
    Eu non podo axudar moito, porque entusiasmo teño a mares, pero técnica, pouca...
    Eu fixera un quilt unha vez con camisetas vellas dos nenos e a unión das capas fíxena a man,creo, pero é que era unha manta ben pequeniña...

    ResponderEliminar
  2. Qué chulada! e que lle puxeches de recheo? Eu embarqueime nun "miniquilt" co mapa da Dora a exploradora e por dentro metinlle unha toalla vella :D

    Vaia, que aquí outra que de "tésnica" ná hahahaha

    ResponderEliminar
  3. Pois estás feita un experta por moi novata qe sexas, eu tamén son novata de todo, pero o das costuras en "Centón" (o que lle chaman Patchwork) chámase acolchar, hai que coller as tres telas e acolchar, é dicir, facer os pespuntes dende o dentro da colcha ata as esquinas, eu fágoos a man, porque a máquina ainda non sei e porque creo que para colchar á máquina hai que ter unha peza especial... por certo, isto que fixeches é un quilt en toda regla... eu xa che digo que son novata e rematei este ano o meu primeiro quilt, todas esas cousas que preguntas seguro que as atopas nos enlaces do meu blog, adicado ás manualidades e como non ó centón... espero ter axudado... encantádesme

    ResponderEliminar
  4. esther, Meni, xa somos 3 técnicas do carallo :D
    O recheo é un recheo sintético para edredóns, que era moi gordo e o separamos á metade entre o Moucho e máis eu (outra chapuza máis :D)

    Cris! Grazas! E non sabía que existise unha palabra en galego... centón, usareina entón :)
    Xa me descubriches algo novo, así que o acolchado se fai dende o centro cara os bordes mira ti... :D
    Mirarei nos enlaces do teu blogue, pero hai un mundo deles! Grazas :)

    Grazas Cigi :)

    ResponderEliminar
  5. encantame, é chulisima e ten pinta de moi amorosiña; é que non hai nada mais suave que as sabas gastadas de moito uso...

    ResponderEliminar
  6. Me parece que para ser novata te ha quedado muy chula la colcha. Me gustaría ayudarte, no es que sepa mucho de patchwork, pero algo me defiendo (antes de quedarme embarazada hice un curso y hace poco mi madre me ha regalado una máquina de coser), pero no entiendo bien cuál es el problema que has tenido. Ya sabes que esto de traducir de un idioma que no conoces tiene sus inconvenientes... Lo único que me queda claro es que has tenido dificultad para coser las tres capas, creo que eso es normal, porque, a pesar de que (digan lo que digan) se puede acolchar con cualquier tipo de máquina, lo adecuado sería hacerlo con una especial para patch, que tiene lo que se llama un prensatelas de doble arrastre; esto te facilita mucho la tarea...

    ResponderEliminar
  7. Adijirja, precisamente ése fue uno de los problemas, que me pareció complicadísimo coser las tres capas juntas, no sé si hay algún truco para hacerlo con una máquina normal. He leído hoy en otro blog que hay pies de doble arrastre para comprar y poner en las máquinas que no son de quilting, que van bien para coser punto, tú sabes algo de esto?
    Y otra duda que tenía es que cuando planché las costuras las separé a la mitad, entonces para acolchar después tenía miedo de que se me rompiesen las costuras porque cosería por encima del hilo sólo y no de la tela, pero al final no hay problema, porque van tan torcidas que hay tela de sobra :), Supongo que las costuras se deben planchar hacia un lado, no?

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir