jueves, 21 de enero de 2010

O monstro

Na nosa casa vive un monstro.
Non o viu ninguén, pero eu sei que existe.
Vive preto da lavadora onde se alimenta.
Prefire bocados pequenos, pero de cando en vez tamén un dos grandes.
Ten que haber un monstro, se non, como se explica isto?

o rastro do monstro

En serio, como é posible que semellante cantidade de calcetíns queden orfos de compañeiro sen deixar rastro? Onde van parar as vítimas? Non están nos cestos da roupa suxa, nin na lavadora, nin nos arredores, nin debaixo das camas, nin perdidos nun caixón, simplemente DESAPARECIDOS.

Así que ten que haber un monstro comecarpíns... ou dous

o outro monstro

Este outro encárgase de que teñas exactamente dous segundos para facer unha foto deles en condicións :)

11 comentarios:

  1. jajajaj pois debe haber un clube, porque na miña cesta da plancha tamén se acumulan os que están orfos jajaj encantadora entrada :)

    ResponderEliminar
  2. Que gusto saber que hai máis monstros polas casas! :)

    ResponderEliminar
  3. Dende que vimos "Nocturna" na nosa casa estamos convencidos de que son eles....os seres de Nocturna os que nos rouban os calcetíns.....
    rosana

    ResponderEliminar
  4. igual que as meigas, habelos hainos... e na miña casa tamén...

    ResponderEliminar
  5. Ji

    jijiji

    Dame tenrura e todo ¡once calcetiniños! Que moooooonos. Cun sorriso nos beizos acabo de subir a contar os meus. 37.

    Bicos desemparellados

    Cris

    ResponderEliminar
  6. Na nosa casa temos un estante da roupa que se chama O Orfanato De Calcetís. De cando en vez hai emocionantes rencontros de irmáns.

    Unha amiga que estivo en NY trouxome un trío (non par) de calcetíns dunha tenda de alguén que vio nisto un negocio: http://www.littlemissmatched.com/site/socks_dont_match.html

    ResponderEliminar
  7. Pois é unha especie en expansión que na nosa casa tamén actúa.
    Hai anos lin que había na interrede unha especie de sociedade que buscaba a explicación da desaparición dos calcetíns na lavadora.

    ResponderEliminar
  8. Quien sabe, quizás de esto pueda salir otro monstro, aquí va una idea:
    http://www.rayuela.org/juego/deremanual.htm

    Cigi

    ResponderEliminar
  9. Aquí se ve mejor:
    http://www.kireei.com/index.php?p=1&id=591

    Cigi

    ResponderEliminar
  10. Rosana, eses aliméntanse nos cuartos, o noso monstro debe ser un curmán doutra rama porque eu penso que dos cuartos saen case sempre xuntos.

    Cris, xa sei onde están os meus calcetíns! Están na túa casa! :D

    Que ben saber que non somos os únicos!

    Anisor! Que boa idea! Que visión de negocio! :)

    Paideleo, será unha conspiración? :)

    Cigi, gracias por el enlace, al serpiente lleva en proyectos pendientes más de un año, con dos pares de leotardos rotos, los calcetines podrían ser el hijito que tanto le gusta a Z. :)

    ResponderEliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir