viernes, 8 de enero de 2010

Neve!!!

Onte houbo neve, unha neve extraña que apareceu polo día en troques de pola noite.
Pasou o día todo a nevar e a Z. berraba emocionada dende dentro vendo caer as folerpas, pero non quixo sair da casa ata que escampou. Entón sacamos ós animais a pasear, enchoupámonos e tirámonos bolocos ata que comezou de novo.

mira!!

os animais

Vai

Os rumiantes que sacamos, unha vaca e máis un touro deberon quedar a pastar baixo a neve e aínda non os recuperamos porque hoxe a nevarada é moito máis branca ca onte, e mailo caos que está causando a nós dános mágoa pensar que só vai durar unhas horiñas: temos ó papá na casa, dá gusto mirar para fora, e axiña hemos sair a xogar outro pouco, que isto non se ve a cotío.

está fríaaa

Se tedes neve gozádea! E se non a tedes, eu déixovos unha pouquiña aquí.

no valado

neve

3 comentarios:

  1. Como gozades coa neve, nos tamén o estamos facendo, primeiro na nosa terraza e agora xa nos prados que temos cerca.
    biquiños e a seguir disfrutando.
    Mary

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir