sábado, 9 de enero de 2010

E segue a nevar

Aínda que aquí neva cada ano nunca viramos unha nevarada igual ó pé da casa.

Onte saímos a pasalo ben coa paisaxe, con katiuscas (as botas de goma chámanse así na miña casa) e calcetíns nas mans (si, a pesares de ter 4 pares de luvas no momento de saír non apareceu ningún, así que a Z. improvisou unha solución moi eficaz de manoplas sen dedo ningún :D).

neva

Polo camiño atopamos a uns veciños que planeaban ir á neve ás montañas esta fin de semana e mercaran o equipo ó completo, así que pasamos a mañá cos pequenos arriba e abaixo polas pendentes facendo pistas mentres se deslizaban nas zorras.

zorras

Para a Z., afeita a ver a neve cada ano, non parece haber nada fora da normalidade, eu e o resto dos maiores non queremos deixar pasar un minuto dunha situación tan inusual: en zorra o pé da casa! (Eu non deixo de pensar no que nos agarda, ou lles agarda) en anos vindeiros de cambio climático coa desaparición da corrente do Golfo). Hoxe o día pinta igual, así que aproveitaremos para pasar o día de novo brincando no campo branco.

paisaxe

árbore

cacto

A ver como locen os cactos na primavera.

4 comentarios:

  1. A neve é bonita para xogar e facer fotos.
    Aquí,no sur, non temos neve nin por un par de horas.

    ResponderEliminar
  2. Nós tivémonos que desplazar algo para vela, pero pagou a pena. A pena foi non ter tampouco luvas apropiadas para facer un boneco por nós mesmos, así que aproveitamos un que xa estaba feito e puxémoslle de nariz a cenoria e de ollos os botóns que colléramos na casa.

    Merchi

    ResponderEliminar
  3. Na miña casa tamén se chaman Katiuscas, e tamén temos ringos e piter panes :O)
    De todas maneiras son os meus recordos ou en Lugo nevaba moitísimo máis antes, o destes días pareceuseme un pouquiño a cando eramos pequenos...
    que fotos tan bonitas e que boa idea o dos calecetíns!!!
    rosana

    ResponderEliminar
  4. Paideleo, xa vin que vos chegou a neve e a gozastes, mágoa que non me lembrara eu do reconfortante do chocolate quente despois dunha sesión de neve! Para a vindeira non se me esquece :)

    Merchi, na neve vale todo para pasalo ben, a que o pasastes benigual decorando o boneco? Pois iso :)
    E grazas por te pasar a contárnolo.

    Os ringos descubrinos hai dous anos, pero as katiuskas e os peter panes tamén son de toda a vida. Na miña terra coido que vin callar a neve dúas veces en toda a miña vida. A idea dos calcetíns foi tan boa que lla copiamos para a pequecha :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir