viernes, 29 de enero de 2010

Duérmete niño...

Houbo uns días aí atrás que xunto co medo á morte apareceron os medos ás pantasmas, ás bruxas, a petición dunha luz acesa... eu expliqueille á Z que as bruxas e as pantasmas non existen, que só existen nalgúns contos e nas nosas cabeciñas, que nós durmimos todos xuntiños e que sabemos que alí non hai bruxa ningunha, e que se prendemos a luz a L. esperta, pero que en troques eu lle dou unha aperta moi forte para que estea tranquila. Abondou con iso (polo menos de momento) para que durmise ó pouco.

Na cama, ás escuras, a L. xa durmida, a Z. co seu bebé, e máis eu agardando a que caian (si, os dous) rendidos.

- Duérmete niño, duérmete ya, que viene el coco y te comerá... duérmete niño, duérmete ya, que viene el coco y te comerá... mamá, xa tomou teta, xa lle rasquei a barriga e eu cántolle pero non quere durmir.
- Claro, Z, como vai durmir, se lle dis que cando quede durmido vai vir o coco e o vai comer... ten medo e non se durme.
- Que?
- Que lles estás a cantar unha canción que o asusta, porque pensa que se queda durmido vai vir o coco a comelo.
- ...
Duérmete niño...
Duérmete niño...
Duérmete niño...
Duérmte niño, duérmete ya...
Duérmete niño, duérmete ya...
...
Mira, bebé, eu cántoche unha canción de que vén o coco, e te vai comer, pero non é de verdade, é só unha canción, aquí non hai coco ningún, sabes? Os cocos non existen.
Duérmete niño, duérmete ya, que viene el coco y te comerá...

E debeu quedar tranquilo, que durmiron os dous :)

3 comentarios:

  1. Vaia panorama, nós non pasamos por isto aínda e dígoche que é un tema que me ten en alerta pois eu recordo a miña obsesión coa morte cando era pequena, mas polo de agora o toman cunha naturalidade que non teño eu con este tema. E o das bruxas e demáis, pois é que os meus pensan que os malos non existen, que son dos contos ou dos debuxos, coitados.

    O meu home dí que o que quere a Z. son mimiños :D e igual é unha reacción tardía ó nascemento da L., quen sabe?

    Biquiñossssss

    ResponderEliminar
  2. POis non sei o que ser4á, eu creo que o acusa máis co cansancio, pero dende logo é porque descubriu o que significa morrer.

    Sexa como sexa, agardo que lle pase axiña o desacougo.

    Un bico

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir