martes 31 de marzo de 2009

A chuvia e o sol

- Jo, Z, eu quería que fixese sol.
- Xa, pero está chovendo.
- Si, pero eu non quería que chovese, eu quería que saíra o sol!
- Xa, pero agora non pode sair porque... se sae móllase, sabes? Cando para de chover xa sae, vale?

:)

viernes 27 de marzo de 2009

Imaxes de marzo

A Z. traballou moito:

Separando botóns por cores...
separando botóns por cores

...inventou un sistema para non perdelos :D
Botoando

Co barro
co barro

Pintando
chegou a primavera

co xiz

coa pintura de dedos

Fregando
fregando

estilazo fregando

canta escuma!

Facendo "toquetas":
Batendo o ovo...
toquetas

...primeiro pan raiado...
toquetas - pan raiado

...despois ovo...
toquetas - ovo

... e máis pan raiado. Quedáronlle de vicio!!
toquetas - pan raiado


E tamén enredou:

co tren
co tren

no parque
bambán

coas flores
flores da miña campesina

cos cisnes
cos cisnes

coas cabras
o chivo

e os añiños!!!
un añiño!

e con este agasallo (non funcional)
agasallo estilo harry potter :D

e desembalando outros agasallos
a caixa

e máis parque, claro :)
randeira



Houbo tanta tanta tanta actividade que acabou:

rendida
moi rendida

moi rendida
rendida, outra vez

E a familia así de ben:

A L. atopou o polgar
atopou o polgar

Os demáis atopamos os seus peíños espidos, mmmmmm :)
mmmmm... :)

Saímos moito a gozar do sol
e máis flores de paseo ó sol

Tamén gozamos na casa
irmás

muas!


E o mes aínda non rematou, eh?

Por certo, a quen se vos parece esta meniña? :D
semellanzas?


viernes 20 de marzo de 2009

Menuda sorpresa de caixa!!!

Non vos dixera nada, pero hai un par de semanas descubrín este novo blogue de punto, chámase Barcelona y punto e como inauguración sorteaban 3 caixas sorpresa. Eu apunteime o último día no último momento antes de saír de fin de semana lonxe da internet, e cando voltei... tachán!!

Non o podía crer, a min!!! Tocárame a min unha desas caixas, o seu contido era unha sorpresa, e ata o día 16 non as enviaban... que nervos, que intriga... que habería nesa caixiña?

E chegou, o mércores, xusto antes de comezar a ponte a carteira pilloume fora e vina cun paquete enorme para min no brazo, que ilusión!!!

A Z. axudoume en todo o proceso, así que vos podedes imaxinar como quedou de papeis a habitación onde a abrimos.

Que podo dicir, pois que ademáis de seren uns agasallos incribles, pero moi moi incribles, estaban moi currados, a caixa podía ser de cartón sen máis e estaba decorada, había unha cousiña para cada unha das nenas (á Z. ademáis encantoulle o xabrón, ó que foi imposible facerlle a foto :) )

Xa, xa sei, que queredes saber que había na caixa... pois había isto

na caixa había...

Mellor póñovos unhas fotiños para que vos fagades á idea...

a caixa recén aberta
o antesaxudanta desembalando

E agora o interesante:

todiño (agás o xabrón)

handpainted yarn

kauni

kauni

drops kid silk

Aiiiiiii! Que me encantan, que nunca tal cousa vira nin sei se volverei ver, acertaron de pleno co verde e rosa, cores do meu pelo nalgunha época e agora conservada a combinación no meu plumífero de inverno. A verdade é que a handpainted non se parece a nada do que vira, é tan suave...
E a Kauni é unha explosión de cores impresionante.
A única que de momento ten medio proxecto adxudicado é a kid-silk de Drops, seguramente un ice-queen para a avoa Olga, aínda que ela sexa todo o contrario... ben merece un fío tan fino e agradable... é que eu non sabía nin que existían estas cousas, bueno, saber sabía, pero non podía imaxinar a textura e suavidade que teñen.

O máis complicado vai ser usalas, coido que vou quedar moito tempo admirándoas antes de decidir que proxecto as merece. Se cadra algún do Knitters almanac da Elisabeth Zimmermann que tamén viña no interior, aixxxx :_) Acéptanse todo tipo de suxerencias.

Faltan as fotos dos contavoltas, dos botóns, os marcapuntos,... pero non tiven tempo para as fotos de cousas pequenas coa Z. preto (co que lle gustan a ela os botóns, se os pilla...). E que me encantan as caixiñas case tanto como o demáis (é que teño ese vicio ;-) ).

Teño que agradecer ó rapaz e rapazas que se curraron a caixa todo o que habia no interior, e todo o traballiño que pasaron en facer as cousiñas (so os envoltorios xa... :) )

Moitas moitas moitas moitas grazas.

Venres dos cinco sentidos: olfato · Five senses Friday: smelling

- O purín, si señores, é que a primavera por estes lares tamén ole a purín, e sempre me esquezo ata que chega o cheiriño ó meu nariz. :D Non é de todo malo, porque é primavera e son posiblemente os primeiros días de sol e calor, mmmmm.
- A caca de bebé, co seu cheiro a manteiga, sei que non soa agradable, pero de verdade que arrecende, polo menos no meu cerebro de nai puérpera, é un cheiro nada menos que delicioso.
- O pan da casiña recén feito.
- O bechamel que fai o Moucho un domingo.
- O cheiro do andar de enriba quentado todo o día pola calor do sol.
- Como ole o baño pola mañá cando me ergo despois de terse duchado o Moucho.
- A cabeciña da Z. recén lavada, e a caluga da L. sen lavar :)

miércoles 18 de marzo de 2009

Tod@s queren ter un bebé no colo

... e non saben que facer para obtelo.

Téñoo máis que comprobado, a maioría, agás os que nos coñecen ben, disfrázano de axuda en momentos nos que flaqueamos e róubannolo diretamente dos brazos.

"Cóllocha eu, atende á Z. que chora"
"Dama que así podes columpiala"
"Así podes comer a gusto"
...

Hai mil e unha frases similares que serven para que a L. sexa arrebatada dos nosos brazos en situacións límite. E canto máis pasa, máis molesta.

Porque a miña filla non me impide facer todas esas cousas que a xente pretende, porque crean barreiras entre as irmás: fanlle pensar á Z. que a súa irmá pode ser un estorbo, e xa será abondo duro para ela para que os demáis alimenten as diferenzas. Hai aloumiños para a Z. cando estou coa L. e cando non está nos meus brazos tamén, non necesito que a separen de min, e non é realista, na casa, no día a día ninguén me vai coller á pequena cando a Z. chore por algo non tan importante e doeme que ela o vexa como a norma porque "todos" lle dan a razón.

Tan difícil é pedirnos que llela deixemos coller un minutiño e non roubala con excusas?
É certo que a resposta pode ser que si ou que non, pero querer coller un bebé no colo sen ningunha "razón" non ten nada de malo, NADA.

lunes 16 de marzo de 2009

O colexio: volta ós pesadelos

Pensei que, despois das miñas desventuras no comezo de curso visitando o cole, este ano libraba dos agobios das inscricións e demáis... pero xurdiu un imprevisto... e é que os nenos son así.

O luns pasado fomos a preescolar na casa, coma cada luns. As reunións son nas instalacións do colexio, en horario escolar, así que vemos e escoitamos sempre ós nenos cando entramos, cando saímos, no recreo... Esta vez houbo algo diferente. A Z. mirou pola fiestra e viu a un amigo e veciño co que se leva moi ben, estaba nun dos recreos, así que quixo saír ó patio onda el. Alá fomos as 3, achegámonos ó amiguiño e nin el nin a Z. dixeron nada. Unha das mestras, que non nos coñecía chamou ós nenos canda ela, coiso que para que se arredaran de nós. E ó pouco chamáronos para que se puxeran en ringleira para subir á aula. A Z. tirou de min sen me soltar a man cara onde estaban as mestras, facendo igual que os demáis pequenos. ö chegar alí díxoo: "Eu tamén quero ir"

Pero Z. eles agora van ó cole, e van soíños, neste cole non poden ir os papás nin as mamás, van os nenos soíños.
"Vale, pois vou eu soíña, pero ti queda aquí e non vaias para casa, vale?"

Pilloume por sorpresa, non agardaba iso, non quería iso. Non me importa que queira ir ó cole se é un cole que me gusta, encántame que a compaña doutros nenos lle resulte agradable (aínda que non vou negar que tamén me asusta, por exemplo escoitar frases como a que repite as últimas semanas: "pero é que todos queren/o fan/comen/van/..."), pero isto, isto...
E o peor foi o non estar preparada, pensei que tiña dous anos de prazo apra decidir que ía facer, ver como avanzaban as cousas, e despois decidir, pero agora pode haber un cambio importante e trastocou os meus pensamentos.
O primeiro foi darlle unha saída ó momento: "Hoxe non podemos ir, pero preguntámoslle á profe se podes ir outro día, vale?" A media hora que quedaba de preescolar pasouna preguntando cando iamos ver a profe e cando lle iamos preguntar, e cando podía ir... e saímos da reunión á mesma hora que os pequenos saen en ringleira de cara ó comedor, e alí estaba a profe, e preguntámoslle e ela dixo: "Cando queiras!! Calquera día a traes, so teño que buscarlle unha silla, total van ser os seus compañeiros o ano que ven!!". Entrei en pánico: o ano que ven?

E agora o seguinte día que vaiamos ó preescolar é posible que queira volver subir a clase cos nenos, e a min me disgusta tanto... simplemente pensar que van favorecer a competitividade: o ser mellor que, máis rápido que, facelo mellor que,... ; en troques de favorecer a superación persoal: cada día o fago mellor e me gusta. Simplemente iso, non podo sacalo da cabeza... e outras cousas peores que sei que hai, pois tampouco: cadeiras de pensar, nenos sentados horas e horas facendo fichas, berros, agarróns das propias mestras ós brazos dos nenos, ir ó baño todos xuntos, buffff.
E que podo facer? Hai un par de alternativas que para min tampouco serían o ideal, teñen unha pedagoxía máis afín, pero teñen os seus inconvintes tamén, e ademáis non son asequibles (e para dúas, ou máis xa vos imaxinades...), tampouco me gustaría restarlle posibilidades nun futuro: e posible e non teño inconvinte en que non queiran estudiar carreira, pero e se quixeran facelo e non tivesen oportunidade?
A verdade é que o día que queira subir a esa clase deixareina ir, e poden pasar dúas cousas: que lle guste e que eu me volva tola; ou que non lle guste, para o meu alivio momentáneo, porque a realidade é que eu non me sinto preparada para afrontar unha non escolarización: son un desastre, se cadra podería atreverme cos primeiros anos, pero despois... bufff, os colexios que me gustarían aquí non existen, as únicas opcións coas que podería contar aquí so poderían existir se todos os astros se alineasen e no mellor dos casos un par de anos, e despois que? Lévoa dese ambiente e dos seus amigos a outro diferente con outros nenos? E sería seguramente este ó que non lle gustou ir (e que a min tampouco me gusta). E se daquelas, con 6 anos, tampouco lle gusta? Dígolle que antes podía non ir, pero agora é unha obriga? Cando eu non estou nin de lonxe convencida aínda por riba.

Se cadra a estas horas, mentres se publica esta entrada escrita días atrás eu estou vivindo a primeira fase da elección sen escapatoria, e se cadra non.

Síntome atrapada e non sei como sairei desta, pero sei que non hai as opcións que me gustaría e que a que tome non será con seguridade, así que sempre me pesará :(

E aquí temos de novo o pesadelo da escolarización...

viernes 13 de marzo de 2009

Venres dos cinco sentidos: vista · Five senses Friday: seeing

Pasando de blog en blog, non sei moi ben dende onde cara onde cheguei a are so happy, cunha mamá a piques de ver ó seu novo bebé e cunhas fotos preciosas cunha cor especial. Ela fai a proposta de que nas, se cadra, 5 semanas que faltan para ver ó seu bebé adiquemos os venres ós 5 sentidos e ó que nos gustaría lembrar, pequenos detalles que vemos todos os días e ós que non prestamos atención ou que esquecemos axiña. Non sei se serei quen de escribir os 5 venres, pero so facer o exercicio xa merece a pena.

- A Z. randeando todas as tardes sen parar, e gozando por fin da compaña doutros pequenos.
- As miradas únicas da L. á súa irmá, e como a Z. sabe facela rir cando está inqueda.
- O sorriso que vexo na faciana da L. ó espertar cada mañá.
- A man da L. tratando de acadar a miña camiseta.
- O ceo azul, so azul.
- As cores que brillan coa chegada do sol... e con eles a chegada tamén das sombras.
- Os abrochos nas árbores, e os primeiros frutais cargados de flores.
- Bolboretas amareliñas voando xuntas de dúas en dúas como empurradas por unha brisa únicamente para elas.
- As flores grandes e pequenas que aparecen no noso xardín a pesar dos meus "des-coidados".
- A herba alta.
- A roupa tendida fora ó sol.

Si, a miña semana estivo chea de nenas e primavera, e teño que gardalas porque sei que aínda quedan días escuros, pero... xa son os menos :)

five senses friday: seeing

1. romero, 2. narciso branco, 3. prímulas, 4. abrochos 1, 5. bolboretas nun ceo azul, 6. abrochos 2, 7. roupa ó sol, 8. sol e sombras, 9. randeira

Penso tantas veces en ter unha cámara incorporada nos meus ollos... ou ter memoria para lembrar para sempre estes instantes... se cadra isto axuda un pouco.

E agora perdoade polo intento de tradución, pero tiña que intentalo :)



Going from blog to blog, I don't know very well from where to where, I arrived at are so happy, with a mom about to see her new baby and with beautiful photos with special colour. She proposes that in the, maybe, 5 weeks she had to wait to see her baby we devote fridays to teh 5 senses and to what we want to remeber, little details we see everyday and we don't pay attention at, or forget quickly. I don't know if I could write the 5 fridays, but it worths only doing the exercise.

- Z. swinging every afternoon without stopping, and enjoying at last with others company.
- The unique looks from L. to her sister, and how Z. knows how to make her laugh when she's disturbed.
- The smile at the L. face at wake up every morning.
- L's hand trying to reach my shirt.
- The blue, only blue sky.
- Bright colours with the arrival of the sun... and arrival of shadows with them too.
- Sprouts in the trees, and first fruit trees full of flowers.
- Yellowish butterflies flying together in pairs, as pushed by a freeze for them only.
- Big and small flowers that appear in our garden despite my "non-care".
- Tall grass.
- Clothes hang out at the sun.

Yes, my week was full os girls and spring, and I have to keep them because I know that there are still dark days... but are the less :)

I think so many times about having eyes camera-incorporated... or having memory to remember this moments forever... may be this helps a little.

Sorry for the attempt of translation, but I had to try :)

miércoles 11 de marzo de 2009

En Vieiros hoxe

Acábanmo de soplar: hoxe os Tartarouchos saímos en Vieiros, mirade, mirade:

tartarouchos en vieiros

martes 10 de marzo de 2009

Calceta de inverno

Xa sei, xa sei que non lle queda nada para marchar, que xa temos aquí as flores, as néboas da mañá e o sol que quenta ó mediodía e á tardiña nos deixa fríos... que xa temos á primavera aquí!!! (a falta de data oficial)

Pero é que eu entre o galvana que son, as cousas que quero facer, as poucas mans que teño... que non me chega o tempo a nada, aínda hoxe fixen as fotiños dos últimos tecidos deste inverno a piques de rematar, así que vou comezar polos máis vellos.

O meu Felicity, de Knitology, en cor gris e morado, para cambiar un pouco a miña tendencia ós verdes e marróns, obligueime a mercar a la noutra cor, e aínda agora pensei e facer outro nas miñas cores de sempre, pero quedará para outro gorro, para outro ano. A verdade é que este quedou un pouco apretado para o meu gusto, pero é consecuencia de facer a mostra (das poucas veces que a fago) e considerar que 21 puntos por 10 centímetros e 20 puntos nos mesmos centímetros (que eran a miña mostra) eran a mesma cousa. O resultado é que nunha cabeza de 50 cm significan uns 2 centímetros menos de perímetro que ben os agradecía o gorro para o meu gusto.
Aínda así gústame e este ano non o porei moito máis xa, pero para o que ven dareille uso con moito gusto.

o meu felicity

o meu felicity

E agora un proxecto fallido. O cobertor :-( Tiña moitas ganas de poder usar os cobertores feitos por min, pero despois de tres probas cos cueiros de tea e coa L. enchoupada á media hora no cú e no body e no resto da roupa decidín que non o ía intentar máis. A verdade é que a la é tan suave, e o cobertor semella tan cómodo comparado cos outros... pero non puido ser, non sei que fixen mal, pero non conseguín que fose funcional, tiña outro a medio facer e decidín aproveitar a la para facer outra cousa. Este queda de momento de recordo, se cadra algún día alguén lle da uso... ou non, pero dame mágoa despedirme del. Mirade que monada.

cobertor

cobertor

E alí ó fondo podedes ver o último proxecto, rematado onte pola noite e estreado hoxe. Encántame!!

Parte da la que ía utilizar para o segundo cobertor rematou convertida nesta preciosa chaquetiña cor mostaza de katia merino 100%. O patrón é un chaleco, pero engadinlle as mangas en punto liso co puño igual que o borde inferior da chaqueta, 9 liñas de punto bobo ou garter stitch.
Gústame moito a combinación co pantalonciño que lle fixera ó meu bebé antes de nacer e que lle queda tan ben á L.

chaquetiña mostaza para a L

chaquetiña mostaza para a L

chaquetiña mostaza para a L

Picando nas fotos tendes máis detalles do proxecto na descrición da foto.

Agora a seguir coas agullas... con algún proxecto secreto para facer un pequeno agasallo a alguén... quen será? que será?

miércoles 4 de marzo de 2009

Xornadas de reflexión

Para algúns de nós ás xornadas de reflexión veñen inevitablemente agora, no despois e non no antes.

Eu non podo evitar sentirme de novo máis fora de lugar se cabe, sinto que o meu mundo aínda non existe e eu estou neste non sei por que erro.

Por que teño que dar explicacións de...
Por que agora falo galego se me criei coma castelán-falante.
Por que considero que ser bilingüe (ou trilingüe, ou cuatrilingüe, ou infinitilingüe) é unha sorte e non unha pesada carga.
Por que separo o lixo e me sinto mal cando non podo facelo.
Por que uso cueiros de tea "co doado que o temos agora cos desbotables".
Por que non uso suavizantes e busco alternativas ós deterxentes convencionais á procura de xabróns naturais e produtos biodegradables.
Por que me gustaría poder usar o autobús "co cómodo que é o coche".
Por que parín na miña casa, "co medo que da so pensalo, sorte que tiven que todo saiu ben".
Por que teño ás miñas pequenas no colo todo o que quero e podo, e deixo que se "mal acostumbren".
Por que me gusta durmir con elas, "so pola miña comodidade sen importarme o que as estou perxudicando".
Por que toman teta, á súa idade a Z. "non lle dará vergoña, se xa é unha nena grande".
Por que a grande non vai ó cole "co ben que lles fai para relacionarse con outros nenos e ser independentes" (e o mesmo unha e outra vez levo escoitando dende que fixo so 6 mesiños).
Por que non a castigo "para que aprenda".
Por que non traballo e "me infravaloro quedando na casa e coidando fillos".
Por que non merco determinadas marcas e me preocupa que non podamos librarnos dos trasxénicos nin querendo, e o mesmo para toda a porcallada que nos metemos pola boca, pola pel, polo aire...

Eu pregúntome a min mesma...
Como pode ser que o que a min me parece tan de caixón o vexa a maioría coma unha aberración?
Hai algún xeito de escapar das preguntas diarias: dos veciños, os familiares, os coñecidos, os descoñecidos...?
Hai algún lugar físico onde non sexamos bichos raros?
Cambiará todo isto realmente algún día?
Por que a maioría da xente non se cuestiona nada?
Por que non nos importa nada?
Por que nos queremos tan pouco os galegos,... os humanos?

martes 3 de marzo de 2009

E dobrou a risa

Tal día coma hoxe a nosa L. dobrou a risa, e non podía ser doutra maneira que mirando á súa irmá.
Eu só conseguin reproducilo despois de moito esforzo, carantoñas e... cóxegas. O meu non ten mérito, o delas dúas si.