Probrando uns zapatos:
- Z. onde tes a deda?
- A deda... marchouse.
sábado 28 de febrero de 2009
viernes 27 de febrero de 2009
Moi marrón
Esta vez tocounos votar por correo, así que pasámonos o outro día a familia ó completo pola oficina de correos. Nela hai un locutorio no que case sempre hai inmigrantes chamando ós seus familiares na distancia.
O outro día, mentres o Moucho e máis eu enchiamos os ocos dos papeis coa nosa letra, a Z. preguntou:
- E ese señor que é moi marrón xa acabou de falar?
E ten razón, non sei por que dicimos que teñen a pel de cor negra se realamente é marrón, :), agora falta saber de que cor a temos nós, porque branca, branca... non é.
lunes 23 de febrero de 2009
Algunhas imaxes de febreiro

Tiven que fotografar un intre coma este coas miñas belas durmintes a un tempo, porque so pasa un par de veces na vida ;-)
Parabéns para min!! Un día moi feliz rodeada dos e das que máis quero (non, non me caeron so dous aniños...)

Aloumiños da Z. á súa irmá. As miradas que lle bota a L. non teñen igual, canto se gaña tendo irmáns, verdade?
Na bandoleira, pretiño de mamá, á volta dun paseo fugaz polo sol e o vento xeado.
Inquilina rubia por unha noite.
Outro día máis.
domingo 22 de febrero de 2009
Enfariñada
O outro día derramouse un pouco de café moído no chan... e xordiu a inspiración en forma de fariña

Unha observación, por moi pouco que usedes a maizena e a queirades aproveitar para momentos de inspiración coma estes... non o fagades, crédeme, moito mellor a fariña de trigo normal de toda a vida
sábado 21 de febrero de 2009
da Z
Xogando coa avoa cabeza abaixo:
- Mamáaaaaaa, axudaaaaaaaaaa, que estou do revés e así non podo pensar!!!
viernes 20 de febrero de 2009
Manioloxía 3
Sempre que bote algún tipo de po a un líquido (azucre ó café, cacao ó leite,...) para seren inxeridos, a cantidade será, invariablemente, o necesario... e un pouquichiño máis coa ponta da culler.
martes 17 de febrero de 2009
Foxi xa está aquí
Chegou a nosa raposiña, ou raposa en toda regra porque teriades que ver o seu tamaño.
Cóntovos que o paquetiño cehgounos onte á maña, entregado en man pola nosa carteira.
Gústame fotografar o paso a paso das cousas porque obriga a pararte en cada pasiño, e neste caso a gozar de cada etapa.
Mirade cantas cousiñas e cos seus envoltorios e detalles...
Este é o agasallo "grande", feito con traballiño polas mans chuculetas, cunha cantidade incrible de cores (encántame a variedade que ten coa mestura dos fíos). Como xa vistes a marabilla da raposa no seu blogue eu vouvos amosar algúns detalles "de fora". Encantáronme as dúas etiquetas, a de madeira a modo de colar que traía ó pescozo...
... e a do cú, de sinxelo algodón e feita por Olivia, encántame.

A cola foi todo un acerto, a verdade, realmente lle da carácter á raposiña e ademáis é que está perfeta.
Pero xa vistes que non era o único que había no noso paquetiño que viña cheo de cousas:
Un xerador de arcos da vella, un pouquiño do fío de Foxi (estou pensando se gardalo para algún posible futuro remendo ou usalo como parte de outro proxecto...), dúas postais chulísimas semellantes ás que ten na súa tenda de etsy e outra na que nos escribiu unha mensaxe.
O único "problema" é como explicarlle á Z. que Foxi era nun principio para súa irmá... nada, terei que animarme a facer ó sñor raposo para completar unha parella simpática para esta parella de irmás :)
Moitas grazas por todo Olivia, moitas, moitas grazas pola túa xenerosidade, todo un detallazo, artista
:*
jueves 12 de febrero de 2009
Manioloxía 2
Os botes de xeles, xampús e demáis produtos para a ducha teñen que estar PERFETAMENTE pechados.
miércoles 11 de febrero de 2009
Lume
Boto taaannnnto de menos ter unha cheminea... será moi descabellado incluíla agora na casa? Se non volo parece podedes pedir presupostos e pagárnola cando queirades :P :(
domingo 8 de febrero de 2009
Colcha colectiva

Atopei no blog de Mizu-Laura esta proposta solidaria: trátase de facer unha colcha de cadrados de ganchillo ou calceta entre todas as persoas que queiran colaborar, rifala despois e destinar os cartos a algunha ONG que se decidirá entre as participantes na súa elaboración.
Animádevos!
Proxecto colcha colectiva
O que son bocadillos en pan de molde
Z: mamá, fasme un angüi, dous angüis non, un angüi, vale?
sábado 7 de febrero de 2009
Horas extra
Como non teño moito tempo para escribir, e o que teño ando a repartilo entre cousas varias, cóllolle emprestada esta entrada a Meninheira co seu permiso. Na súa entrada atoparedes ademáis algúns enlaces relacionados co tema.
Déixovos logo lendo e pensando.
------------------------------------------------------------------------------
Teño un traballo bastante bo, apenas 5 horas pola mañá cun descanso de media hora fixado por convenio, aínda que algúns días teño que quedar a comer ou mesmo almorzar alí. Se ben é certo que tiven moita sorte cos meus compañeiros, a verdade é que nesta etapa da miña vida prefiro pasar o maior tempo posível coa miña familia pero procuro tomarmo con resignación porque cando non hai opción pois máis vale aceptalo.
Cada día asígnanme unha tarefa e esfórzome en realizala o mellor posível, arquivala, etc. aínda que como nos pasa a todos hai días que unha acomete o traballo con máis ganas. O problema é que o meu superior, unha persoa moi riquiña por certo, empéñase en que leve traballo extra para realizar na casa. Intentei sen éxito facerlle entender que se realizara o traballo diario á perfección non vía xusto ter que realizar horas extras no tempo que teño para gozar da miña familia, facer as miñas cousas persoais, etc. Tamén intentei que o enlace entre el e os meus compañeiros o fixese entrar en razón pero desgraciadamente púxose de parte da "patronal". Os absurdos razoamentos que esgrimen pasan por: traballar para que non me aburra durante "tantas horas libres", rematar na casa aqueles documentos que por diversas cuestións quedaron a medio facer, ou afianzar na miña cabeza os datos nos que estiven a traballar esa mañá. Non sei se o noso superior cre que somos uns ineptos ou é el quen non é capaz de organizar o equipo para que sexa máis eficiente.
Non, non falo das horas extras dos adultos se non das horas extras dos nenos que as deron en chamar deberes quizais para demostrar a superioridade de quen os manda, unha sutil forma de humillar ao "obreiro" a quen se castiga pola falta de pericia do xefe, quen tras horas de traballo necesita que outros veñan a seguir afianzando os seus muros porque quizais a construción é demasiado feble.
Prodúcenme unha tristura tremenda eses nenos que tras horas traballando no cole teñen que seguir traballando na súa casa, ben por mandato dos seus profesores ben pola competitividade dos seus pais. Se un adulto necesita desconectar da xornada laboral e ter tempo de ocio de calidade, canto máis o necesitará un neno!! os únicos únicos deberes que deberían ter serían xogar, divertirse, gozar da vida...
Segundo teño entendido na Galiza non están permitidos por lei os deberes ata o segundo ciclo de primaria aínda que a realidade é ben distinta e vin nenos con 3 e 4 anos con traballo para casa e o normal ademais é que ese traballo lles ocupe horas!!
Invítovos a reflexionar sobre este tema.
Déixovos coas palabras de Antonio Fraguas (Forges) que nos van acompañar toda a semana: "El Paraíso será un sitio donde los niños lleguen del colegio con derechos en lugar de con deberes"
------------------------------------------------------------------------------
Castelán:
Tengo un trabajo bastante bueno, apenas 5 horas por la mañana con un descanso de media hora fijado por convenio, aunque algunos días tengo que quedarme a comer o incluso desayunar allí. Si bien es cierto que he tenido mucha suerte con mis compañeros, la verdad es que en esta etapa de mi vida prefiero pasar el mayor tiempo posible con mi familia pero bueno, procuro tomármelo con resignación porque cuando no hay opción pues más vale aceptarlo.
Cada día me asignan una tarea y me esfuerzo en realizarla lo mejor posible, archivarla, etc. aunque como nos pasa a todos hay días que una acomete el trabajo con más ganas. El problema es que mi superior, una persona muy maja por cierto, se empeña en que lleve trabajo extra para realizar en casa. He intentado sin éxito hacerle entender que si había realizado el trabajo diario a la perfección no veía justo tener que realizar horas extras en el tiempo que tengo para disfrutar de mi familia, hacer mis cosas personales, etc. También he intentado que el enlace entre él y mis compañeros le hiciera entrar en razón pero desgraciadamente se ha puesto de parte de "la patronal". Los absurdos razonamientos que esgrimen pasan por: trabajar para que no me aburra durante "tantas horas libres", terminar en casa aquellos documentos que por diversas cuestiones han quedado a medio hacer, o afianzar en mi cabeza los datos en los que he estado trabajando esa mañana. No sé si nuestro superiore nos cree unos ineptos o es él quien no es capaz de organizar el equipo para que sea más eficiente.
No, no hablo de las horas extras de los adultos si no de las horas extras de los niños que las han dado en llamar deberes quizás para demostrar la superioridad de quien los manda, una sutil forma de humillar al "obrero" a quien se castiga por la falta de pericia del jefe, quien tras horas de trabajo necesita que otros vengan a seguir afianzando sus muros porque quizá la construcción es demasiado endeble.
Me producen una tristeza tremenda esos niños que tras horas trabajando en el cole tienen que seguir trabajando en su casa, bien por mandato de sus profesores bien por la competitividad de sus padres. Si un adulto necesita desconectar de la jornada laboral y tener tiempo de ocio de calidad, ¡¡cuánto más lo necesitará un niño!! cuyos únicos únicos deberes tendrían que ser jugar, divertirse, disfrutar de la vida...
Según tengo entendido en Galicia no están permitidos por ley los deberes hasta el segundo ciclo de primaria aunque la realidad es bien distinta y he visto niños con 3 y 4 años con trabajo para casa y lo normal además es que ese trabajo les ocupe horas!!
Os invito a reflexionar sobre este tema.
viernes 6 de febrero de 2009
Swapetines 2009
E volve o swapetines!!!
Eu este ano non vou participar porque non me sobra o tempo para participar en intercambios deste tipo, pero dicirvos que o pasei xenial seguindo a todas as participantes intentando averiguar cal era a miña sorprendedora, e por suposto tecendo os calcetíns da miña sorprendida.
Aínda queda unha semana para vos apuntar!!
Escatoloxía de cores
Z: Mamá, de que cor é o meu pis?
Tartaruga: Amarelo, ou transparente.
Z: e o teu?
T: Tamén, amarelo.
Z: e o de papá?
T: Igual
Z: e o de L.?
T: Pois tamén, transparente ou amareliño.
Z: ...e a miña caca de que cor é?
T: marrón
Z: e a de papá?
T: marrón
Z: e a túa tamén é marrón?
T: tamén, si.
Z: (con cara de pilla) e de L?
T: amarela
Z: SIIIIII, JAJAJA, TEN A CACA AMAREEEEEELA :D
domingo 1 de febrero de 2009
2 meses xa
E pasaron tan axiña... coa Zeltia o tempo corría moito máis despacio, supoño que a percepción cambia ó repartilo entre dúas irmás e outras moitas cousas...
Desta vez ademáis foi todo tan... normal. Non existiu a corentena, parir na casa marca unha grande diferenza ó meu parecer. Sempre estivemos aquí, todos xuntiños e a min fíxoseme ata estrano que non existise esa treboada que eu cría hormonal e que coa Z. me tivo 15 días entre bágoas. Vivín dous meses xa agardando por un sinal de posparto que non chegou, pero sei que me queda todo un puerperio por diante.
Así o estou a vivir eu, pero nesta casa somos máis.
O Papá Moucho é un tesouro que me coida coma se non houbese outra igual, segue facendo el todo o da casa e cada vez máis e eu non me lembro de agradecerllo, pero el tampouco mo pide e segue día tras día co sorriso na faciana (incluso sen cafeína :) ). Sei que coma el, e para min, si que non hai outro igual. É o meu compañeiro, e non pode haber nada mellor.
Pero ademáis é a quen a Z agarda desexosa cada mediodía e cada noite, a primeira persoa pola que pregunta ó erguerse e a quen lle pide que reparta bicos porque seguro que son os que ela máis aprecia. É quen enche o tempo da Z. con xogos e con contos. E deixa que teña tempo para mirar a pequena L. e para que sexa todo o miña que queira, pero tamén a pasea nos seus brazos mentres eu como os meus cereais cada noite. É, ademáis, o mellor pai.

A Z. é un amor, demostra ser a máis empática con diferencia, e sobreponse a este tremendo cambio, que o foi, cunha entereza pasmosa. A ela síntoa tan forte, cando é un bebé e se mete na hamaquiña que nos emprestou a veciña, cando chupa o puño coma súa irmá, cando deixa un pouco de leite na boca despois de tomar teta porque ela tamén bota leite... e o único que di é que Pluto está triste porque lle dixen que non podía estar con él agora, está moi triste Pluto,... :(
Pero a miña pequemna medrou tanto en dous meses... L. é súa, non podemos deixala abaixo cando imos durmir, hoxe dixo que non quería que os avós marchasen coa L., temos que bañala e collela cando esperta para que non chore, lelle contos cando a ve tranquila e esperta, non lle gusta que non poida atendela (Pluto está triste) pero non se enfada, e fai o que sexa por non verme mala cara. Ademáis noto algo na súa forma de expresarse que di o moito que medrou, é quen de extrapolar situacións e sentimentos,... é a miña pequena grande.


A L. está pegadiña á Mama Tataruga todo o día, apenas nos separamos e é difícil que non esteamos na mesma habitación nalgún momento... pero ás veces sinto coma se levase un vulto baixo o brazo, lembro as horas que pasaba mirando como durmía a Z. e agora aínda estando esperta nin sequera podo mirala ós ollos, sorpréndome a min mesma facendo miles de cousas cunha bebé nos brazos que apenas sabía que estaba aí, e ela... sempre tan agradecida de vernos, a min e á Z. todo o día ó seu redor, agasallándonos con sorrisos a cada mirada, falándonos ó papá e a min cos seus recentes Aaaaaa-aaaaah, escollendo as nosas caras entre as dos demáis para mirar e sorrir,... Sei que perde moitas cousas que tivo a Z., pero tamén gaña outras coa compaña constante dunha irmá máis vella que a fai sorrir así.


Son so dous meses, tan normais e tan intensos... e o que nos queda por descubrir, a todos xuntos, como nos gusta.



