domingo 25 de enero de 2009

Manioloxía

Hai tempo que veño observando que cos anos cadaquén colle as súas manías, normalmente o número e intensidade é diretamente proporcional ó número de anos. No meu caso, tiven unha época un tempo atrás, coa vida moito máis organizada na que os costumes se volveron manías, pero niso tamén me axudaron as pequenas e foron quedando poucas (que volven aumentar co seu ritmo normal :) )

Na casa chamámolas cariñosamente TOC-TOC (por aquilo do Trastorno Obsesivo Compulsivo) e aquí tendes unha das miñas como presentación:

O nivel de café/leite/infusión (non de auga ou outra bebida para saciar a sede) debe estar a aproximadamente 1 centímetro do borde da taza, NUNCA menos (as cousas non saben igual :P), e preferiblemente non máis.

Manioloxía: o nivel axeitado

sábado 24 de enero de 2009

13 horas sen luz

sen luz: proximidade

Para pensar, para pensar moito en cousas que nos pasan totalmente desapercibidas cada día: que vida máis doada levamos e que pouco aprecio lle damos.
Non puidemos facer o pan que pensabamos (antes cocían nun forno de leña); nin poñer a lavadora (antes lavaban a man no río ou no pilón, con auga fría, friísima); cunhas cantas candeas apenas viamos incluso estando pegadiños a elas e as actividades que facer á luz das candeas redúcense case por completo (que facían antes a partires das 6 da tarde no inverno? durmir ata as 7 da mañá?); por suposto non tiñamos ordenador con internet, e o noso único teléfono é inalambrico, así que tampouco funciona se non hai electricidade; deixaron de funcionar os conxeladores e o frigorífico, que pasan desapercibidos e están a funcionar permanentemente, tememos polos alimentos alí gardados, que por sorte non se desconxelaron polos pelos (a conservación dos alimentos...); non puidemos nin sequera quentar un pouco de leite no microondas, nin na cociña, xa que tamén é eléctrica, así que tampouco puidemos cociñar nada (cociña de gas... antes de leña...); nin sequera tiñamos cómo darnos unha ducha porque a caldeira, aínda que de gasoil, leva un encendido eléctrico, e non tivemos calefacción; as nenas durmindo dende as 10 da noite, cousa rara, moooooi rara, será que alteramos o ciclo de sono con tanta luz?. O importante de todo isto é que hai moi pouco tempo que a rede eléctrica chega ata as nosas casas, e a humanidade leva moitos séculos sobrevivindo sen ela... pero sería tan difícil hoxe para nós. Unha soa cousa foi a que faltou e quedamos case sen recursos... que vida tan artificial levamos, verdade?

O curioso foi que o Moucho e máis eu pensabamos as mesmas cousas, e imaxino que non fomos os únicos: mirar para fora e ver escuridade fíxonos pensar nos veciños: que estarán a facer? Terán candeas coma nós ou dispositivos máis sofisticados estilo camping-gaz? Se cadra algún ata pode facer unha cea normal... e lembrámonos daqueles que tiñan unha cociña de butano no garaxe. E outros estarán quentiños e con luz a carón da cheminea que nós non temos. Pero é que cos veciños pasou igual que coa neveira: sempre están aí, pero nunca pensamos que estarán a facer, e nembargantes esta noite os dous nos lembramos deles, e eles de nós posiblemente, mira o que nos resta tamén a electricidade.
E outro pensamento común foi: menos mal que a auga non nos chega grazas a un motor, porque senón tampouco poderiamos tirar da cisterna, e foron so 13 horas, porque antes... e lembramos as casas das nosas aldeas, coas cortes embaixo para ter a calor dos animais, e eses buratiños no piso por onde todo ía parar ó esterco, ou os casetos fora da casa, ou aqueles de fosa que había nos bares que apestaban, incluso falamos dalgún en altura diretamente sobre un río... curiosidades. E nas aldeas aínda bueno, pero nas cidades? Antes de haber alcantarillado... canto mellorou a hixiene e a sanidade, verdade? As cidades si que debían ser lugares nauseabundos.

Pero xa vedes que algunhas cousas si se poden facer so cunhas candeas: gozar da tranquilidade e o silencio,

sen luz: ganchillo
ganchillar un chisco do novo proxecto interminable e perfeto para as que temos pouco tempo para adicarlle,

sen luz: cea
unha cea "romántica", sentármonos xuntiños, e falar...

E grazas por isto ó temporal. Gozade do voso tempo e da vosa vida.

martes 13 de enero de 2009

6 de xaneiro

De cómo os Reis Magos tamén deben cumplir anos ou o xogo que da unha candea inapagable

Reis

1. Roscón de Reis 1, 2. Roscón de reis 2, 3. Roscón de Reis 3, 4. Roscón de reis 4, 5. Roscón de Reis 5, 6. Roscón de reis 6

Encántame a luz do sol de inverno, a vós non?

Os avós coa L...

Coa avoa

co avó

... e coa Z...

onde está a Z?

martes 6 de enero de 2009

Gústanme as raias... e as bolas

gústanme as raias 1

gústanme as raias e as bolas

lunes 5 de enero de 2009

A coroa e a fada

Como a Meninheira me preguntou pola coroa, aproveito para contarvos un pouco como a fixen, non hai fotos do proceso porque foi in extremis, pero é moi sinxeliña de facer, se ata a fago eu, que non teño nin idea de coser...

Fixen a plantilla nun xornal vello ata atopar a forma que quería, como pensei quen facela a dúas cores fixen outra plantilla para os anacos que ía cortar (o do centro e o dos extremos). Marquei no feltro que tiña na casa e recortei sobre 1 cm máis para deixar marxe para igualar se ó coser non quedaban iguais, como así foi :)

Unín as partes de diante xuntas e as de atrás, á cara A, a da Z, pegueille unha entretea para que quedase máis tesa. Se tivese posto entretea nas dúas penso que sería aínda máis doado coser unha cara coa outra porque non se moverían, así que apuntádeo, eu quixen apurar ó escoitar á L esperta e cosín sen hilvanar por aforrar tempo, así que vos podedes imaxinar a desfeita, total, que me deu o dobre de traballo porque tiven que coser, descoser, hilvanar e coser de novo.

Antes de unir as dúas caras bordei os motivos sinxeliños, despois cosín as cintas de flores e por fin unín as dúas caras deixando sen coser a parte de atrás, onde metín unha goma para axeitala á cabeza da Z. Como era de agardar non cadraban a parte de diante e a de atrás así que collín as tesoiras e fixen que cadraran facendo uso do marxe que deixei con moita previsión :)

coroa cara a

coroa cara B

E aquí agora unhas fotiños da nosa fada Sally

Fada sentada

Fada coa L

Fada coa Z

A fada das orquídeas

viernes 2 de enero de 2009

Moitas cousas, pouco tempo

Así se resume básicamente o que fixemos últimamente, temos moito que contar, pero a Tartaruga non ten tempo de sentarse a escribir unha entradea en condicións e sen perder o fío, así que vai quedando, vai quedando...

Fomos visitar ós avos, a todos, e veu Papá Noel e trouxo moitos agasallos, tantos que a Z non quixo nin abrilos :-(, a pesar de dicir que so queriamos que houbese un agasallo por casa para evitar isto que xa ocorrera o ano pasado... non houbo maneira, e da moita mágoa que non teña ilusión e que nin sequera lle fagan ilusión os agasallos. Aínda que é certo que a algún lle deu mooooooito uso sen contar nós con iso, por exemplo ó libro "interactivo" de Winnie The Pooh. E mira que sempre odiei os contacontos eléctricos eses (que pasa, que os pais xa non poden contar contos?) pero a ela gustoulle e pasou dous días enteiriños a escoitar preguntas e premer botóns. Tamén lle tocou un dvd portátil para as viaxes en coche, outra cousa que eu non tería mercado, pero que recoñezo que é útil cando estás atado nunha cadeira con cintos durante horas sen te poder mover... se cadra onde non debería haber dvd é na casa... E as acuarelas, todo un acerto agasallo da madriña.

Z e as acuarelas

3 xeracións de mulleres

Os bisavós e a L

Connosco Papá Noel tamén se portou moi ben... agora temos a cámara de fotos soñada, aínda que nos falten tempo e mans para usala... quixen facerlle unha foto para o blog, pero... bueno, xa sabedes.

A Z. cumpliu anos, o 30, pero ela non se decatou ata onte que o celebramos cos avós todos, pero esta vez na nosa casiña, esta vez si abriu os agasallos, e foron contos case todos, máis a película de "Rudolf o reno do nariz encarnado", en galego e o último cd de Mamá Cabra.
Eu tíñalle preparado un agasallo especial que levaba un par de meses facendo ás agachadas cando ela durmía ou estaba entretida co papá noutro cuarto, escríboo porque así desafogo un pouco porque a avoa Carme abriu a miña bolsa das labores para ver que estaba a facer e o ver a boneca amosoulla á Z., aínda sen rematar, sen pelo e sen cara e unha semana antes do debido, co cal xa non foi sorpresa nin agasallo de aniversario. Teño pendente tamén facerle unha foto con luz natural, que sempre que saco un intre é a estas horas e non queda moi locida. Cando a consiga intentarei contarvos máis detalles.
E como agasallo de celebración e de última hora, o martes, para celebrar o aninovo, deitámonos todos ás dúas da mañá para rematar a coroa da que estou orgullosísima e que a Z. loce apagando as candeas. Por un lado ten a súa Z. e polo outro un coelliño bordado en verde "so con cabeza, fáltanlle as patas e o corpo" segundo a Z, así que terá que haber unha segunda versión do coelliño completo nalgures.

moita felicidade, moitos anos de vida, bennnnnnnn



Seguimos gozando da L tamén, dos seus cambios, dos seus cheiros, das súas miradas, da súa calor...

L


1. ..., 2. L máis eu, 3. Un baño, 4. IMG_0106, 5. IMG_0077, 6. ..., 7. meu amor, 8. manciña, 9. IOla

Hoxe o papá Moucho comezou traballar de novo, botámolo todas moito de menos :-(, pero semella que nos apañamos ben soas o primeiro día, a ver que tal nos vai de agora en diante...

Que teñades un boísimo 2009!!!

L