martes, 22 de diciembre de 2009

Festexos

Por fin houbo grandes festexos na casa dos Tartarouchos, malia que a febre atacou desta vez á mamá Tartaruga non puidemos deixar de celebrar os aniversarios como se merecen.

É o primeiro ano que facemos festa, a Z. cumpre anos o 30 de decembro e cadra mal para todo o mundo, pero este ano tiña tantas ganas de convidar ós seus amiguiños e amiguiñas despois de asistir ás súas festas de aniversario que decidimos que as dúas Tartarouchas o celebren xuntas de aquí en diante e mentres sexa posible e na metade do mes.

Tiña moitas ganas, pero quixo a mala fortuna que quedase durmida a mediodía e espertase da sesta coa chegada dos primeiros convidados... así que o mal humor lle durou unha hora e media máis, pero logo foise recuperando.

Soprou as candeas con espectáculo luminoso incluído

4+1

efectos luminosos

Foron todo un éxito os pauiños luminosos agasallo da moza do tío Hugo, entre os pequenos pero tamén entre os grandes.

Levantoulle o humor a piñata caseira feita con caixas de cereais, un anaco de papel gardado dalgún envoltorio e la e rechea de lambonadas, claro.

A imprescindible tarta de galleta e os "phoskitos" que fixemos como experimento foron un éxito.

tarta e phoskitos

E aínda que fracasamos na tarefa de conseguir que nonn se enchera a casa de agasallos, os nenos pasárono xenial e o certo é que aínda que demasiados, os agasallos foron moi acertados.

animais

Cando chegou o fin da festa quedaron as grilandas máis baleiras de globos (coido que son o único necesario para ter éxito nunha festa cos pequenos), pero tan alegres que seguen postas hoxe decorando o salón.

fin de festa

A a Z. quedou na casa pletórica despois de todo por ter a súa festa e repetindo ó día seguinte todo o que pasara no "seu cumpreanos".

Parabéns ás miñas pequenas por eses 4+1

4

1

5 comentarios:

  1. pois si que estivo ben- eu disfrutei como unha nena máis, paseino xenial!...parabens as nenas... e tamen á organizacion;-)bicos

    ResponderEliminar
  2. Moitos parabéns familia neste mes tan chulo que vivides e revivides cada ano. Grazas por compartir a festa con nós tamén. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades a las homenajeadas!!!!! Me gusta la pinta de la tarta. Tenía que estar de rechupete!!

    ResponderEliminar
  4. Un ano xa a pequenaaaa???!!! non o podo crer!!! como crecen os cachorros dos mouchos e das tartarugas, jajaja!! muitas felicidades, sodes unha familia preciosa!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir