domingo, 13 de diciembre de 2009

Con febre

Así levamos xa máis dunha semana, e o certo é que, por sorte, non estamos afeitos, mirade se estamos pouco afeitos que ademáis dos métodos físicos tradicionais isto era o que tiñamos na casa.

antitérmicos

Levamos moitos días na casa, e malia febre e o malestar, houbo cousas que facer:

- Puxemos a decoración de Nadal, na árbore, facendo pompóns coa Z. que tivo que facer tamén un rosa (oh, deus, e eu que pensei que librabamos da época rosa... :) )

pompóns

A grilanda de estreliñas non a fixemos nós, pero encántame e é moi sinxela: flores de feltro brancas, un fío branco e contas de madeira.

E tamén nas fiestras, nas que a Z. as colocou este ano ela soa e toda fachendosa do grande que é.

na fiestra

- Fixemos moitas galletas das que quería a Z.

galletas

de chocolate, claro :)

de chocolate

- A Z. seguiu a gobernar o seu reino baixo a mesa

mesa

e á L. atopámoslle un bicho na camiseta :)

un bicho!

- O papá Moucho fixo xabrón mentres as mulleres da casa nos dabamos colos e mimiños.

xabrón

- E vimos o sol entrar na casa xa que ás pequenas non lles apetecía sair velo fora.

sol

(Cando teñamos unha casa no monte teremos unha fiestra grande grande grande para que o sol nos entre no salón no inverno, xa o sabiades, non?)


Contabamos estar esta fin de semana de festa, e pouco tivo que ver, pero todo chegará.

E aquí seguimos, agardando que marchen a febre e as toses profundas, con pouco tempo para sentarme a escribir as cousiñas que penso e moito tempo para pensar mentres se toma teta e colo, como agora mesmo. Así que xa vos contarei...

6 comentarios:

  1. Vaia! polo menos resultou unha semana produtiva!!!
    Que pase axina!
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Esta semana también hemos estado malitos por estos lares. La cosa va mejorando.
    Me gusta tu colcha de colorines. Resulta perfecta para las tarde de invierno...

    ResponderEliminar
  3. Fixestedes moitas cousas a pesar das toses e febres, oxala se poñan boiñas rápido.
    Benvida o mundo rosa ji,ji.
    biquiños
    Mary

    ResponderEliminar
  4. Una vez que todos mis hermanos mayores pillaron sarampión (eran muchos), mi ama decoró toda la habitación de color rojo. El bobo del médico no le hizo el menor aprecio. Que pena de foto perdí!

    Para no tener mi correo te has movido como un auténtico rapaz nocturno :D ¡Qué sorpresa tan bonita!
    (Mi correo no tiene mucho misterio -> kbi@euskalnet.net)(koldo+bego+iñaki)¿Mejor así, ave? :D)

    ResponderEliminar
  5. Grazas Proida, a ver se damos saído dela.

    Adijirja, espero que vosotros estéis mejor ya, aquí vamos cayendo con cuentagotas. Y esa manta aquí se agradece incluso en las tardes de verano ;)

    Ai, Mary, o mundo rosa... :)

    Los médicos tienden a no darle importancia a los logros de los simples mortales, pero tampoco los necesitamos, ellos que nos curen que ya nos damos mimitos nosotros (aunque era de agradecer ;) )
    Me apunto tu correo sin misterio, gracias guapa :)

    ResponderEliminar
  6. Teño catro tarros de aceite usado que precisan rápidamente ser convertidos en xabón!!!! unhas clases non virían nada mal!!!! ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir