lunes, 30 de noviembre de 2009

Neve

A fin de semana estivemos na montaña, nunha illa e rodeados de xente rara coma nós que case nos fai sentir normais. E se a paisaxe xa era bonita o sábado cando chegamos... o do domingo non ten palabras. Eu soño cunha parede de cristal coma esta no meu salón, non pola parede, claro, senón polas vistas... algún día igual vivimos no monte, ou igual non.

moucho na neve

Da xente e do lugar podemos falar outro día, pero hoxe quérovos falar da neve... porque onte era domingo, e había neve, e lembro que o ano pasado o domingo antes de comezar decembro tamén había neve preto... e mentres eu estaba quentiña na casa, con música e con Aivou pintándome a barriga...
Onte houbo neve en domingo, e hoxe, hoxe sentín todo o día ese vértigo que produce a sensación dun novo aniversario (sobre todo do primeiro) no que para o resto do mundo, incluída ela mesma, será o seu cumpreanos e para min ademáis será unha lembranza do meu parto. Pola noite deitámonos os tres na cama e pola mañá amencemos os catro na mesma cama. Deiteime coa barriga chea e erguinme coa vida máis chea.

E dentro de tres horiñas hai un ano que estaba nacendo a nosa pequena, a mesma que onte, domingo de neve, daba os seus primeiros catro pasiños,



que di ola, que se fai entender, que xoga coa irmá...

IMG_4294 copia

e de bebé-bebé queda cando está a durmir.

IMG_4168

IMG_4228

Mañá pola mañá, hai un ano, cando nos erguemos coa nosa bebé no colo, fóra todo estaba branco, a primeira nevarada do ano, e a primeira opción que xurdiu para o seu nome: neve.

A nosa L, a nosa nena da neve, cumple o seu primeiro aniño e a min éncheseme a cara cun sorriso enorme.

Parabéns pequena L.

15 comentarios:

  1. Que bonito post tartarouchiña, emocionáchesme e todo :) Por certo e aivou vai ben? agardo que si, hai moito que non a lexo.

    Un biquiño, que teñades un día precioso, meus parabéns aos catro :*

    ResponderEliminar
  2. Antes de nada, parabéns, pequeniña, hoxe é o teu primeiro aniversario (onte, luns,creo). Parabéns para toda a familia, que sodes harmonía, dozura, beleza, ... Oxalá a felicidade que sentides se contaxiase polo mundo, así todos seriamos un pouco mellores. Moita sorte e un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Podería seguir chorando desde hai un ano, lembro que non daba parado... parabéns, preciosas.
    Un biquiño, meninheira... eu... vou indo :*

    ResponderEliminar
  4. deus!que ghrande está!que ganas teño de velas!felicidades a L e bicos a Z.

    ResponderEliminar
  5. Esta preciosa L, xa me parecía a min que non iba tardar moito en dar os seus primeiros pasiños sen axuda.
    Fai un ano espertei con esta nova, era un día frío pero especial.
    moitos biquiños
    Mary

    ResponderEliminar
  6. Cantas emocións, e que ben que as gardes e as poidas volver a sentir de novo. Parabéns para os catro. (Encántanme os fotogramas da L. e os seus primeiros pasos, sempre penso ó ver os nenos camiñar con cueiros que menos mal que os levan para amortiguar as cuadas)
    Bicos!

    ResponderEliminar
  7. Aivou! alédome de lerte :)
    O de que "vaias indo" xa non me soa tan ben, dende aquí mándoche um empurronciño cheo de bicos :*

    ResponderEliminar
  8. Que gusto ler de novo o que tan ben escribes Tartaroucha, é incrible a capacidade que tes para transmitir sensacións e sentimentos. Grazas por facernos partícipes de momentos tan chulos como inesquecibles. Noraboa ós catro!!!!

    ResponderEliminar
  9. Parabéms para L.polo seu aniversario e o seu camiñar decidido.
    Hai que ver como voa o tempo !.

    ResponderEliminar
  10. únome a palabriñas de Sabela, grazas e un biquiño grandote grandote

    ResponderEliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  12. Muchas felicidades por ese cumple, familia!!!
    Ver la nieve me da una envidia tremenda. Hoy nos hemos ido en busca del frio y hemos tenido que recorrer media isla... ;))

    ResponderEliminar
  13. Graciñas a todas e a todos polos parabéns!!
    E grazas por estar aí :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir